27 de xaneiro
data
<< | Xaneiro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 | ||
2025 Todos os días |
O 27 de xaneiro é o 27º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 338 días para finalizar o ano, 339 nos anos bisestos.
Acontecementos
editar- 98 - Traxano sucede tras a súa morte ao seu pai adoptivo Nerva, predecesor seu como emperador do Imperio Romano, converténdose no primeiro emperador de orixe hispánica.
- 1822 - Créase a provincia do Vierzo, sendo a súa capital Vilafranca. Esta provincia durou ata o 30 de novembro de 1833.
- 1888 - Fúndase, nos Estados Unidos, a National Geographic Society
- 1926 - John Lodge Baird demostra o principio de funcionamento da televisión.
- 1938 - Fusilados en Ferrol os republicanos Amada García, Antonio Eytor Canizo, José María Montero Martínez, Ángel Roldos Gelpi, Juan José Teijeiro Leira, Jaime González Pérez, Ramón Rodríguez López e Germán López García.
- 1940 - As autoridades soviéticas ordenan executar a Isaak Babel, acusado de espionaxe, na prisión de Butyrka.
- 1945 - Segunda guerra mundial: o exército da URSS libera o campo de exterminio de Auschwitz.
- 1967 - Os astronautas Gus Grissom, Edward White e Roger Chaffee morren nun incendio no Apollo 1.
- 1973 - Co Acordo de Paz de París, termina a Guerra de Vietnam.
Nacementos
editar- 1585 - Hendrick Avercamp, pintor neerlandés (m. 1634).
- 1756 - Wolfgang Amadeus Mozart, compositor (m. 1791).
- 1775 - Friedrich Schelling, filósofo alemán (m. 1854).
- 1806 - Juan Crisóstomo Arriaga, compositor vasco (m. 1826).
- 1814 - Eugène Viollet-le-Duc, arquitecto, arqueólogo e escritor francés (m. 1879).
- 1832 - Lewis Carroll, escritor estadounidense (m. 1898).
- 1836 - Leopold von Sacher-Masoch, escritor austríaco (m. 1895).
- 1850 - Edward John Smith, capitán do Titanic (m. 1912).
- 1859 - Guillerme II, emperador de Alemaña (m. 1941).
- 1862 - Cesare De Titta, poeta italiano (m. 1933).
- 1883 - Gottfried Feder, político da Alemaña nazi (m. 1941).
- 1900 - Ángel Lázaro Machado, xornalista galego (m. 1985).
- 1910 - Félix Candela, arquitecto español (m. 1997).
- 1916 - Stjepan Filipović, partisano iugoslavo (m. 1942).
- 1926 - Ingrid Thulin, actriz sueca (m. 2004).
- 1939 - Alfonso Álvarez Gándara, avogado e político galego.
- 1944 - Braulio Rodríguez, arcebispo católico español.
- 1947 - Porfirio Lobo, presidente de Honduras.
- 1948 - Mikhail Baryshnikov, bailarín e coreógrafo estadounidense.
- 1949 - Montxo Armendáriz, director navarro de cinema.
- 1953 - Richard Bremmer, actor británico.
- 1954 - Olaia Fernández Davila, política galega.
- 1957 - Frank Miller, artista estadounidense de banda deseñada.
- 1958 - Habib Koité, cantante malí.
- 1963 - Jorge Algora, director de cine galego.
- 1972 - Keith Wood, ex xogador de rugby irlandés.
- 1980 - Marat Safin, tenista ruso.
Mortes
editar- 98 - Nerva, emperador romano.
- 1814 - Johann Gottlieb Fichte, filósofo alemán.
- 1823 - Charles Hutton, matemático inglés (n. 1737).
- 1860 - János Bolyai, matemático húngaro.
- 1901 - Giuseppe Verdi, compositor italiano.
- 1917 - José Castro González "Chané", músico galego.
- 1918 - Xosé María Cao Luaces, caricaturista galego (n. 1862).
- 1938 - Amada García Rodríguez, comunista galega (n. 1911).
- 1971 - Jacobo Arbenz Guzmán, presidente de Guatemala.
- 1981 - Rodolfo Ucha, arquitecto galego.
- 1991 - Jens Sigsgaard, psicólogo danés.
- 1994 - Claude Akins, actor estadounidense.
- 1999 - Gonzalo Torrente Ballester, novelista galego.
- 2006 - Johannes Rau, presidente de Alemaña.
- 2007 - Philippe Lacoue-Labarthe, filósofo francés (n. 1940).
- 2010 - J.D. Salinger, escritor estadounidense.
- 2011 - Tøger Seidenfaden, xornalista danés.
- 2012 - Xosé Novo Freire, alcalde de Lugo.
- 2012 - Xosé Manuel Seivane, artesán fabricante de gaitas galegas.
- 2014 - Pete Seeger, cantante folk norteamericano (n. 1919).
Festas e celebracións
editarOutros
editar- Santoral: Santa Ánxela Merici, San Mauro de Galia.
Notas
editar- ↑ "Hai 79 anos da liberación de Auschwitz", en La Voz de Galicia, sección La Voz de la Escuela, px. 8, 24.01.2024.
- ↑ "Día Internacional en Memoria de las Víctimas del Holocausto". UNESCO.org (en castelán). Consultado o 24.02.2024.