Pieter Bleeker
Pieter Bleeker, nado en Zaandam, Países Baixos o 10 de xullo de 1819 e finado na Haia o 24 de xaneiro de 1878, foi un naturalista, anatomista comparativo e ictiólogo holandés, experto no estudo comparado dos peixes —fundamente da ictioloxía— do leste asiático.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xullo de 1819 Zaandam, Países Baixos |
Morte | 24 de xaneiro de 1878 (58 anos) A Haia, Países Baixos |
Director Dokter Djawa School (en) | |
1851 – | |
Actividade | |
Ocupación | military officer of healthcare (en) (1841–1864), zoólogo, médico, ictiólogo, ilustrador científico |
Empregador | Real Academia de Artes e Ciencias dos Países Baixos |
Membro de | |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Bleeker |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Traxectoria
editarTraballos de campo
editarDesempeñou un traballo como oficial médico na Armada Holandesa das Indias Orientais entre 1842 e 1860, destinado en Indonesia durante a etapa deste país como colonia dos Países Baixos. Durante este tempo fixo a maior parte do seu traballo como ictiólogo polo que é recorecido como científico.
Moitos dos espécimes que catalogou obtívoos directamente dos pescadores indonesios, pero tamén estableceu unha extensa rede de contactos para recibir especies de peixes doutas zonas do leste de Asia baixo dominio doutros gobernos. Chegou a recolectar 12.000 exemplares, moitos dos cales consérvanse hoxe no Museo de Historia Natural de Leiden.
Publicacións
editarTras o seu regreso aos Países Baixos en 1860, publicou o seu Altlas Ichthyologique, unha recompilación detallada de todos os seus estudos en Indonesia, con cerca de 1.500 ilustracións. A obra foi publicada en 36 volumes entre 1862 e a súa morte, en 1878.
Bleeker publicou ademais máis de 500 traballos sobre ictioloxía, describindo neles 511 novos xéneros e 1.925 novas especies.[1][2]
Publicacións máis destacadas
editar- "Bijdrage tot de kennis der vischfauna van Nieuw-Guinea". Acta Soc. Sci. Indo-Neerl, 1859, vol. 6
- "Het partikulier landbezit op Java". in: De Gids, 1863
- Collected Fish Papers of Pieter Bleeker en W. H. Lamme (editor)
- Pieter Bleeker, M.Weber & L. F. de Beaufort. The fishes of the Indo-Australian Archipelago, Leiden, 1911-1922, 4 volumes
- Bijdragen tot de Ichtyologie van de Indonesische Archipel, Amsterdam, 1972 (reimpresión), 4 volumes
- Révision des espèces indo-archipélagiques de grouppe des Apogonini. Haarlem, Erven Loosjes, 1874. 105 páxinas.
- Mémoire sur les Chromides Marins ou Pomacentroïdes de l'Inde Archipélagique, Haarlem, Erven Loosjes, 1877, 166 páxines
- Description de quelques espèces de Cobitioïdes et de Cyprinoïdes de Ceylan, Haarlem, Loosjes, 1864, 99 páxines.
- Atlas Ichthyologique des Indes Orientales Néêrlandaises, con 420 cromolitografías de Speigler, Amsterdam, 1862-1878, 10 volumes
- Contribution à la faune ichthyologique de l'île Maurice, Amsterdam, Chez C. G. van der Post. 1878, 23 páxinas.
- Reis door de Minahassa en den Molukschen archipel, Batavia, Lange, 1856, 2 volumes
Abreviatura
editarA abreviatura Bleeker utilízase para indicar a Pieter Bleeker como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
editarVéxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Pieter Bleeker |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pieter Bleeker |
Bibliografía
editar- Bleeker P., M. J. P. van Oijen, G. M. P. Loots & F. J. G. van Limburg: A precursor of the fish of the Indian Archipelago. Part 1: Siluri. Zoologische Mededelingen, Vol. 83, 2009, p. 1–317 PDF
- Norman D. & P. J. P. Whitehead: The Bleeker/Günther letters and the sale of Bleeker specimens to the British Museum, Zoologische Mededelingen, Vol. 58, 1984, p. 295–312 PDF
- Whitehead P. J. P., M. Boeseman & A. C. Wheeler The types of Bleeker's Indo-Pacific Elopoid and Clupeoid Fishes, Zoologische Verhandelingen, Vol. 84 p. 1–152 PDF