Polimíxidos

(Redirección desde «Polymixiiformes»)
Polimixíidos
(Polymixiidae)
Barbudos

Barbudo (Polymixia nobilis)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Superorde: Polymixiomorpha
Orde: Polymixiiformes
Rosen & Patterson, 1969
Familia: Polymixiidae
T. N. Gill, 1862
Xénero: Polymixia
R. T. Lowe, 1838

A dos polimíxidos ou, respectando a prosodia latina, polimixíidos (Polymixiidae), é unha familia de peixes mariños teleósteos, a única da orde dos polimixiformes (Polymixiiformes) que, á súa vez, é a única da superorde dos polimixiomorfos (Polymixiomorpha) —agás un pequeno grupo incertae sedis—.

Polymixia berndti
Polymixia lowei

Distribúense por zonas tropicais e subtropicais dos océanos Atlántico, Índico e oeste do Pacífico, onde viven a profundidades entre os 180 e os 640 m.[1]

Teñen o corpo moderadamente longo e comprimido, cunha lonxitude máxima de 38 cm,[1] e cun par de barbas no hioide, moi característico, do que toman o seu nome común de barbudos.

A aleta dorsal esténdese de forma continua polo dorso, con 4-6 raios espiñosos e 26-38 raios brandos. A aleta anal curta.

Clasificación: xéneros e especies

editar

Existen na actualidade dez especies, todas elas do mesmo xénero, pois os outros catro xéneros están extinguidos:

  1. 1,0 1,1 Nelson, J. S. (1994): Fishes of the world. Third edition. New York: John Wiley & Sons Inc. 600 p.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Fiedler, Kurt (1991): Lehrbuch der Speziellen Zoologie. Band II, Teil 2: Fische. Jena: Gustav Fischer Verlag. ISBN 3-334-00339-6.
  • Nelson, J. S. (1994): Fishes of the World. Terceira edición. Nova York: John Wiley & Sons Inc. ISBN 0-471-54713-1.

Ligazóns externas

editar