Transparencia Internacional
Transparencia Internacional (TI) é unha organización internacional dedicada a combater a corrupción política, tendo como ferramenta principal a divulgación de información. Foi fundada en 1993 e ten a súa sede en Berlín, Alemaña.
Transparencia Internacional | |
---|---|
Acrónimo | TI |
Tipo | organización non gobernamental internacional e organización internacional |
Área de operación | mundial |
Data de fundación | 9 de febreiro de 1993 |
Fundador(es) | Peter Eigen, John Githongo, Jeremy Pope, Kamal Hossain, Obiageli Ezekwesili e Dolores Español |
Presidente/a | François Valérian (en) (-) |
Director/a | Patricia Moreira |
Eventos/Actividades | Russian foreign agent law |
Sede | Berlín |
País | Alemaña |
Na rede | |
https://www.transparency.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
TI está organizada como unha agrupación de máis de 80 capítulos nacionais cun secretariado central. Fundada orixinalmente como unha organización sen fins de lucro alemá, actualmente TI é unha organización non gobernamental e a súa estrutura organizativa está en proceso de democratizarse completamente.
Na América Latina e no Caribe formouse unha rede de asociacións afiliadas en catorce países, baixo as figuras de capítulos nacionais, capítulos nacionais en formación ou contactos nacionais.
Cuestiónase o valor dos seus informes sobre a corrupción posto que se basean en enquisas que miden a valoración subxectiva dos enquisados sobre o grao de corrupción dos países estudados e non en información obxectiva.
Outro problema é que o que se define ou percibe legalmente como corrupción varía dunha xurisdición a outra: unha contribución legal a un partido político pode ser ilegal noutro. Igualmente, o que nun país acéptase como unha propina noutro pode considerarse como un suborno.
Os principios fundamentais desta ONG son:
- Non investigar casos particulares
- Manterse independente da política partidaria
- Traballar en colaboración coa maior variedade de sectores posible.
Desde 2003, o presidente do Consello de Administración é Peter Eigen.
España
editarEn España a organización TI comezou a traballar no ano 2000, durante a presidencia de José María Aznar (PP). Na actualidade, o seu presidente é Jesús Lizcano Álvarez, quen é catedrático da Universidade Autónoma de Madrid.[1]
Notas
editar- ↑ La necesaria asunción de la transparencia. Compromisorse.com.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio oficial
- Internet center for corruption research[Ligazón morta] (iniciativa conxunta da Universidade de Passau e Transparency International)
- Sitio web en España[Ligazón morta].