Zambia
Zambia[1][2] é un país interior de África, limitado ao norte coa República Democrática do Congo e Tanzania; ao leste co Malaui; ao sur co Mozambique, Cimbabue, Namibia e Botswana; e ao oeste con Angola.
Republic of Zambia (en) | |||||
Himno | Stand and Sing of Zambia, Proud and Free (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «One Zambia, One Nation» «Една Замбия, една нация» «Una Zàmbia, una nació» «Un Sambia, Un Genedl» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Lusaca | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 19.610.769 (2022) (26,06 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 752.618 km² | ||||
Punto máis alto | Mafinga Central (pt) (2.339 m) | ||||
Punto máis baixo | Río Zambeze (329 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 24 de outubro de 1964 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | presidencialismo democracia representativa | ||||
• Presidente | Hakainde Hichilema (2021–) | ||||
Órgano executivo | Cabinet of Zambia (en) | ||||
• Presidente | Edgar Lungu | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Nacional da Zâmbia (pt) , (Escano: 166) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 22.147.649.569 $ (2021) | ||||
Moeda | Kwacha zambiano | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .zm | ||||
Prefixo telefónico | +260 | ||||
Teléfono de emerxencia | 999, 911, 112, 991, 992 (en) e 993 | ||||
Código de país | ZM | ||||
Sitio web | statehouse.gov.zm | ||||
Historia
editarVisitada polos portugueses no século XVIII, a actual Zambia foi explorada polo británico David Livingstone. A penetración colonial iniciouse no ano 1890, por medio da British South Africa Company.
Antigamente chamada Rodesia do Norte, en 1953 o Reino Unido intentou unila á Cimbabue e Malaui, pero os intereses dos colonos brancos de Cimbabue fixeron que en 1964 se separase, formando o novo estado de Zambia. O nome de Zambia débese ó río Zambeze.
Goberno e Política
editarZambia é unha república, na que o poder executivo reside no presidente -que é tamén o xefe de estado- e o primeiro ministro, elixido por un período de cinco anos por voto popular, xunto co vicepresidente xeral, designados ambos polo presidente. O goberno está composto por un gabinete elixido polo presidente entre os membros da Asemblea Nacional. O poder lexislativo é unicameral; o país non acepta a xurisdición da Corte Internacional de Xustiza. O poder xudicial reside na corte suprema, aínda que os xuíces son designados polo presidente.
Economía
editar- Artigo principal: Economía de Zambia.
A economía depende, en gran medida, do cobre, mineral do que Zambia é un dos primeiros produtores mundiais e que representa o 90% do valor das exportacións. Este país pertence ao chamado "cinto de cobre", prolongación dos xacementos de Katanga. O petróleo é importado e chega desde o porto de Dar es Salaam (Tanzania). Dentro do sector industrial destaca o tratamento de minerais (sobre todo o refino do cobre). Tamén é importante a produción de cemento e as industrias derivadas da agricultura: aceites vexetais, manufacturas do algodón, azucre, xabón etc.
A agricultura atópase pouco desenvolta, centrándose basicamente nos cultivos de subsistencia: batata, cacahuetes, millo e mandioca. Tamén presenta cultivos de carácter comercial (algodón, café, cana de azucre, tabaco). Nos lagos e cursos fluviais practícase a pesca.
O turismo internacional, buscando os espazos naturais do país, constitúe unha importante fonte de ingresos.
Organización político-administrativa
editarZambia divídese en nove provincias | ||
---|---|---|
Provincias de Zambia |
|
Xeografía
editarZambia é un país interior sen saída ao mar. O seu territorio é fundamentalmente montañoso e presenta numerosas depresións e afundimentos tectónicos. O punto máis alto atópase nas montañas Mafinga a 2.301 m, e o máis baixo a 329 m no río Zambeze, que dá nome ó país. A altitude media non supera os 1.500 m, e as depresións son frecuentemente de carácter pantanoso, e están ocupadas por ríos coma o Kafue, afluente do Zambeze, ou por lagos, coma o Bangüelo (Bangweulu), Moero (Mweru), e Kariba. No leste do país, e en dirección nordeste-suroeste, esténdense os montes Muchinga, que se elevan ata os 2.164 m.
Os cursos fluviais principais son o río Zambeze, o Kafue e o Luangwa. Ao sur do país, no río Zambeze, facendo fronteira con Cimbabue, atópanse as cataratas Victoria. As cataratas constitúen un dos principais focos turísticos da África austral en Cimbabue e tamén da rexión de Livingstone en Zambia.
O clima é tropical, suavizado pola altura. As oscilacións térmicas estacionais varían entre os 15 °C (xullo) e os 20 °C (xaneiro).
Demografía
editarA poboación zambiana concéntrase no alto Zambeze e ao longo do corredor da vía férrea norte-sur, onde se emprazan as cidades deste país, un dos máis urbanizados da África negra. Agás na capital, Lusaka, o resto de principais urbes están na rexión mineira próxima á R.D. do Congo.
No ano 2006, Zambia tiña unha poboación de 11.500.000 habitantes. O 99% é de raza negra e o restante é de raza branca (europeos ou descendentes). O idioma oficial é o inglés. A esperanza de vida é de 40 anos. A media de fillos por muller é de 5.39. O 80% da poboación está alfabetizada. Calcúlase que o 16.5% da poboación está infectada có virus do VIH.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zambiano.
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 119. ISBN 84-8158-266-2.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Zambia |