Teoloxía da liberación: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: cs:Teologie osvobození |
m bot Engadido: hu:Felszabadítási teológia |
||
Liña 41: | Liña 41: | ||
[[fr:Théologie de la libération]] |
[[fr:Théologie de la libération]] |
||
[[hr:Teologija oslobođenja]] |
[[hr:Teologija oslobođenja]] |
||
[[hu:Felszabadítási teológia]] |
|||
[[it:Teologia della liberazione]] |
[[it:Teologia della liberazione]] |
||
[[ja:解放の神学]] |
[[ja:解放の神学]] |
Revisión como estaba o 25 de decembro de 2009 ás 14:34
A teoloxía da liberación é unha escola importante e controversa na teoloxía da Igrexa Católica desenvolvida despois do Concilio Vaticano II. Ela dá grande énfase á situación social humana. O teólogo peruano Gustavo Gutiérrez é un dos máis influíntes partidarios deste movimento. Tamén o teólogo americán Cornell West e o brasileiro Leonardo Boff destacan. O movimento foi forte durante as décadas de 60 e 70, cando se espallou de forma especial na América Latina e entre os Xesuítas, sendo unha das orientacións para o movimento das Comunidades Eclesiásticas de Base (CEBs). A súa influencia diminuíu desde que partes importantes da súa doutrina foran rexeitadas polo Vaticano, e a partir do crecemento do movimento da Renovación Carismática Católica.
Integrantes do movimento afirman que este sempre estivo baseado en ideas de amor e liberación de todas as formas de opresión (especialmente opresión económica). Tamén afirman que ten unha forte base nas escrituras sacras. Por outra banda, algúns aspectos da teoloxía da liberación foron fortemente criticados pola Santa Sede e por varias igrexas protestantes (aínda que a Igreja Luterana a adoptase), principalmente polo que consideran un exceso de politización e pola aproximación entre a teoloxía da liberación e o Marxismo.
O Papa Xoan Paulo II solicitou á Congregación para a doutrina da fé (dirixida daquela polo agora Papa Bieito XVI) dous estudos sobre a Teoloxía da Liberación. Estes foron publicados en 1984 e 1986 cos nomes Libertatis Nuntius e Libertatis Conscientia. Neles considérase que apesar da importancia do compromiso radical que a Igrexa Católica asume cos pobres, a disposición da teoloxía da liberación a aceptar postulados de orixe marxista ou de outras ideoloxías políticas non era compatíbel coa doutrina, especialmente ao afirmar que só sería posíbel acadar a redenzón cristiá cun compromiso político.
Algúns afirman que o que ocurríu non foi unha crítica ou represión ao movimento en si, pero si corrección de certas esaxeración dalgúns dos seus representantes (como cregos máis tendentes á política, ou mesmo ao gnosticismo). Sexa como for, hoxe a teoloxía da liberación non ten a mesma forza de outrora. Por outro lado, muitas das súas ideas difundíranse polo clero e grande parte dos sacerdotes latino-americanos hoxe está ligada en maior ou menor grao aos ideais de liberación desa escola teolóxica.