Saltar ao contido

Escola de Delft (pintura)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Vista de Delft (1652), de Carel Fabritius
A leiteira (c. 1657-58), de Johannes Vermeer

A Escola de Delft é unha tendencia da pintura barroca dos Países Baixos vixente no século XVII e desenvolvida por diferentes artistas heteroxéneos que traballaronn na cidade de Delft, na Holanda Meridional, entre 1650 e 1670, caracterizada pola representación de escenas cotiás desa cidade: imaxes da vida doméstica, vistas das casas, interiores de igrexas, patios, prazas e rúas.

Carel Fabritius e Nicolaes Maes son considerados como os artistas orixinadores desta tendencia, seguidos por outros pintores, entre os que cómpre salientar a Johannes Vermeer. Os interiores arquitectónicos de Gerard Houckgeest, Emanuel de Witte e Hendrick Cornelisz. van Vliet tamén supoñen notables contribucións.

Ademais dos xéneros máis asociados aos pintores de Delft, os artistas da cidade continuaron a producir pinturas de natureza morta e de historia, retratos e pezas de arte decorativa que reflicten as tendencias máis xerais da arte  holandesa dese período.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas