Saltar ao contido

Cloruro de litio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Propiedades

Cloruro de litio

Xerais
Nome Cloruro de litio
Outros nomes Cloruro lítico
Fórmula química LiCl
Aparencia Sólido cristalino branco.
Hidratos Monohidrato e trihidrato.
Físicas
Masa molar 42,39 g/mol
Punto de fusión 878 K (605 °C)
Punto de ebulición >1570 K (>1300 °C)
Densidade 2,07×103 kg/m3 (2,07 g/cm3)
Cristalización Estrutura octaédrica
Solubilidade 63,7 g/100 mL de auga (a 0 °C)
42,4 g/100 mL de metanol (a 25 °C)
4,11 g/100 mL de acetona(a 25 °C)
Compostos relacionados LiF, LiBr, LiI; NaCl, KCl, RbCl, CsCl, MgCl2, CaCl2
Seguridade
Catalogado como: Irritante.
Número CAS [7447-41-8] anhidro.
[85144-11-2] hidrato.

As propiedades sen referencia veñen dadas en condicións estándar(100 kPa, 25 °C), a non ser que se indique outra cousa.

O cloruro de litio compórtase como un composto iónico bastante típico, aínda que o ión Li+ é moi pequeno. O sal é higroscópico, altamente soluble en auga e de elevada polaridade. É máis soluble en disolventes orgánicos polares, metanol e acetona por exemplo, do que o son o cloruro de sodio ou o cloruro de potasio.

Características químicas

[editar | editar a fonte]

O cloruro de litio pode reaccionar como fonte do ión cloruro. Como calquera outro cloruro iónico soluble, precipitarán cloruros insolubles cando se engadan a unha disolución dun sal apropiado, por exemplo nitrato de chumbo (II):

2 LiCl (aq) + Pb (NO3) 2 (aq) → PbCl2 (s) + 2 LiNO3 (aq)

O ión Li+ actúa como ácido de Lewis débil baixo certas circunstancias; por exemplo un mol de cloruro de litio é capaz de absorber ata catro moles de amoníaco.

Solubilidade do LiCl en varios disolventes
(g de LiCl/100g de disolvente a 25°)

H2O 55
Amoníaco líquido 3.02
Dióxido de xofre líquido 0.012
Metanol 21 - 41
Ácido fórmico 27.5
Sulfolano 1.5
Acetonitrilo 0.14
Acetona 0.83
Formamida 28.2
Dimetilformamida 11 - 28

Referencia:
Burgess, J. Ións metálicos en disolución
(Ellis Horwood, Nova York, 1978)
ISBN 0-85312-027-7

Preparación

[editar | editar a fonte]

O cloruro de litio pode prepararse da maneira máis simple posible pola reacción do hidróxido de litio ou do carbonato de litio con ácido clorhídrico.

Pode prepararse tamén pola reacción, altamente exotérmica, entre o litio metal con calquera cloruro ou con cloruro de hidróxeno, o gas anhidro.

O LiCl anhidro prepárase a partir do hidratado, quentándoo suavemente baixo atmosfera de cloruro de hidróxeno, usada para previr a hidrólise.

Aplicacións

[editar | editar a fonte]

O cloruro de litio utilízase para a produción de litio metal, mediante a electrólise dunha mestura LiCl/KCl fundida, a uns 450° C. O LiCl tamén se utiliza como flux para soldar aluminio principalmente na industria do automóbil.

Precaucións

[editar | editar a fonte]

É un irritante polo que debe evitarse a súa inxestión.

Para máis detalles ver a folla MSDS correspondente.