Saltar ao contido

Coxa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coxa
Vista frontal e medial dunha coxa dereita masculina
Latín femur

A coxa é unha parte do corpo humano, situada na perna, entre a virilla e o xeonllo. O soporte óseo está constituído polo fémur (que é o maior óso do corpo humano), e musculatura polos músculos pectíneo, iliopsoas, psoas menor, tensor da fascia lata, sartorio (que é o maior músculo do corpo humano), cuadríceps femoral; adutor longo, adutor curto, adutor magno, grácil, obturador externo; semitendinoso, semimembranoso e bíceps femoral.

Funcións

[editar | editar a fonte]

As funcións básicas da coxa son permitir o movemento e o soporte dun indivuduo. Nótese, como proba, que a coxa só se despraza cara a adiante, nunca para atrás, evidenciando a función de desprazamento (que se realiza cara a adiante).

Fóra destas funcións, as coxas tamén se consideran como puntos de excitación sexual nunha relación deste tipo, podendo considerarse como zonas eróxenas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]