Saltar ao contido

Manuel Vierna Belando

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Vierna Belando

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1884 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de marzo de 1938 Editar o valor en Wikidata (53/54 anos)
Cabo de Palos, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmariño, oficial da armada Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1898 Editar o valor en Wikidata -
Carreira militar
LealdadeRestauración borbónica en España Editar o valor en Wikidata
Rango militarcontraalmirante Editar o valor en Wikidata
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata

Manuel Vierna Belando, nado en Ferrol en 1884 e finado en Cabo de Palos (Cartaxena) o 6 de marzo de 1938, foi un militar e mariño galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ingresou como gardamariña na Escola Naval Flotante, sita na antiga fragata Asturias en Ferrol en 1898. Ao abandonar a Escola, desprazouse a Liexa, onde realizou estudos de enxeñería eléctrica no Instituto de Montefiore. En 1912, ascendeu ao emprego de tenente de navío, e foi destinado ao acoirazado España, co que participou en varios bombardeos sobre a costa do norte de África.

Foi profesor da Escola de Enxeñeiros e Maquinistas. Ata que foi nomeado comandante do buque torpedeiro número 16. Ascendeu a capitán de corveta, e foi destinado, como agregado naval á embaixada española en Londres. Deixou este posto ao ser designado comandante do destrutor Bustamante, co que participou como apoio artilleiro no desembarco de Alhucemas.

Ao ocupar a carteira de Mariña o contralmirante García de los Reyes, escolleuno como o seu secretario.

En 1930, ascendeu a capitán de fragata, estivo sen destino dous anos, ata que en 1932, concedéuselle o mando do canoneiro Cánovas del Castillo. Tempo despois volveu quedar sen destino.

Guerra Civil

[editar | editar a fonte]

En 1935 foi destinado ao Arsenal de Ferrol, onde se atopaba, cando comezou a guerra civil, o 18 de xullo de 1936, momento no que ocupaba o posto de Xefe do Estado Maior de Ferrol.

Debido á falta de unidades navais dos sublevados, tivo que levantar áncora, aínda que non estaba rematado de construír, no cruceiro Baleares do que se nomeou comandante.

Uniuse ao resto de forzas, que operaban nas augas do estreito de Xibraltar, onde participou en accións, tanto de vixilancia e control do bloqueo, como en repeler os ataques da aviación gobernamental, así como en misións de bombardeo sobre as poboacións costeiras.

O Hospital Xeral de Vigo levou anteriormente o nome de Residencia Sanitaria Almirante Vierna.

O 7 de setembro de 1937, combateu cunha división da escuadra gobernamental, composta por dous cruceiros e sete destrutores no combate de Cherchel, logrou poñelos en fuga aínda que varios impactos de 152 mm, procedentes do cruceiro Libertad causáronlle danos severos. Os mercantes aos que escoltaba a escuadra gobernamental tiveron que se refuxiar en Alxer.

Mentres estivo ao mando do cruceiro, a pesar de ser capitán de fragata, foi tratado como capitán de navío, para non rebaixar a categoría do mando do buque. Trala batalla do cabo Cherchel ascendeu directamente a contralmirante, e concedéuselle o mando da división de cruceiros.

Na mañanciña do 6 de marzo de 1938 a división atopábase en misión de escolta dun grupo de mercantes, cando se atoparon coa escuadra gobernamental, houbo un cruzamento de disparos de artillaría, que non tiveron efectos en ningún dos bandos. Manobraron, ambas as dúas escuadras buscando a evasiva, pero de novo se volveron a atopar.

Nesta ocasión, os destrutores gobernamentais, estaban preparados e lanzaron os seus torpedos, que afundiron o cruceiro Baleares[1]. Con el, afundiuse Manuel Vierna Belando, todo o seu estado maior, o comandante do buque, 35 oficiais, 685 suboficiais e mariñeiros.

  1. Peñalva, Jorge. "El hundimiento del crucero Baleares". Consultado o 31 de marzo de 2008.