Ostreidos
Os ostreidos (Ostreidae, Rafinesque 1815) son unha familia de moluscos bivalvos mariños, pertencente á orde ostreidos. Denomínanse tamén ostras verdadeiras e inclúen a maior parte das especies consumidas baixo o nome de ostras.
As ostras produtoras de perlas non se consideran verdadeiras ostras. Pertencen á familia Pteriidae, da orde Pterioida.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Caracterízanse por posuír un músculo adutor central, que deixa unha pegada visible na superficie interior da cuncha. Esta adoita ser de superficie irregular porque se adapta ó substrato sobre o que crece.
A cuncha adoita ser redondeada e plana, con notables variacións.
Hábitat e bioloxía
[editar | editar a fonte]Viven na franxa infralitoral. Son animais ovíparos pero tamén existen especies larvíparas. En calquera caso, son hermafroditas, nuns casos simultáneas e noutros alternativas.
Algunhas especies (ostra común e ostra portuguesa) son obxecto de cultivo intensivo en bateas semellantes ás utilizadas para a cría do mexillón. A totalidade da ostra comercializada para consumo procede de sistemas de ostricultura.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ostreidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ostreidos |