Países Cataláns
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2015.) |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Lingua usada | lingua catalá | ||||
Moeda | euro | ||||
Identificador descritivo | |||||
Dominio de primeiro nivel | .cat | ||||
Os Países Cataláns (Països Catalans en catalán) son os territorios nos que a lingua autóctona é o catalán, ou ben os territorios que forman parte dunha unidade xeohistórica, cultural e lingüística[1] de predominio catalán.[2] Son tamén os territorios onde viviron ou viven os falantes de catalán.[3]
En termos xerais, os Países Cataláns abranguen a zona oriental da Península Ibérica, entre os Pireneos, até a Lagoa de Leucate e a serra das Corbières, polo norte, e o río Segura polo sur, o arquipélago das Baleares (que inclúe o das Pitiusas) e illas adxacentes (como as Columbretes e a illa de Tabarca), a Franxa Oriental (no leste de Aragón), a comarca do Carxe (na Rexión de Murcia) e a cidade de L'Alguer (na illa de Sardeña), onde un 30% da poboación fala catalán.[2]
Os Países Cataláns teñen unha superficie conxunta de 70 520 quilómetros cadrados e unha poboación de 14,4 millóns de habitantes.
Política
[editar | editar a fonte]Os Países Cataláns non están recoñecidos coma unha entidade política. De feito, atópanse fragmentados en diversas rexións con distintos graos de autonomía política, pertencentes a España, Francia, Italia e Andorra. Hai unha corrente política a cal propón a independencia dos Países Cataláns e a creación dun Estado catalán (ver Independentismo catalán). Algúns independentistas propoñen o uso do termo Cataluña para facer referencia á totalidade dos Países Cataláns, mais esta proposta non se adoptou dun xeito oficial.[Cómpre referencia]
Outras correntes políticas catalanistas usan o termo "Países Cataláns" coma sinónimo de "territorios de fala catalá", sen consideran que teñen que formar unha entidade política independente.[Cómpre referencia]
E hai outras correntes políticas que rexeitan directamente o uso do termo Países Cataláns e calquera proposta de unidade política destes territorios, considerándoos unha imposición de Cataluña sobre os outros territorios. Nos casos máis extremos, hai sectores que negan até a unidade da lingua catalá.[Cómpre referencia]
Límites
[editar | editar a fonte]O territorio continental limita ao norte con Occitania, ao sur con Murcia, ao leste co mar Mediterráneo, e ao oeste con Aragón e Castela-A Mancha. As Illas Baleares e a cidade do Alguer, situada na illa de Sardeña tamén forman parte dos Países Cataláns.[Cómpre referencia]
División política e administrativa
[editar | editar a fonte]Tradicional e administrativamente, os Países Cataláns inclúen os seguintes territorios:
- En España:
- Cataluña (Catalunya)
- Comunidade Valenciana (País Valencià)
- Illas Baleares (Illes Balears)
- Franxa de Aragón (Franja de Ponent).
- El Carche (el Carxe), en Murcia, onde se falou catalán logo dunha grande emigración de traballadores valencianos entre os séculos XVIII e XIX.
- Principado de Andorra (Principat d'Andorra)
- En Francia:
- Cataluña do Norte (Catalunya Nord)
- En Italia:
Lingua
[editar | editar a fonte]A lingua propia dos Países Cataláns é o catalán que, informalmente, en moitos lugares ten o nome popular do xentilicio (como rosellonés, tortosí etc.); só no País Valenciano o xentilicio ten recoñecemento oficial: valenciano. Exceptúanse as bisbarras occidentais e meridionais do País Valenciano, onde se fala o castelán, e o Val de Arán e a Fenolleda, onde se fala o occitano. A lingua catalá é a única lingua oficial na Andorra, é oficial (de novo, logo dun longo paréntese, dende 1978) na Cataluña, xunto ao castelán; e tamén é oficial conxuntamente co castelán no País Valenciano e nas Illas Baleares. Non o é, en cambio, nos outros territorios.[Cómpre referencia]
Hai que ter en conta que para definir aos Países Cataláns non se teñen en conta os procesos de castelanización que se deron dende o século XIX até hoxe. Pola contra, acéptanse coma castelás outras zonas que antes eran de lingua catalá, como é o exemplo de Orihuela.[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Seixanta-dues personalitats del Maestrat reivindiquen el terme ‘Països Catalans’". Vilaweb. 30 de xullo de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 "els Països Catalans". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.
- ↑ "català". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Países Cataláns |