Saltar ao contido

Sallie W. Chisholm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Modelo:BiografíaSallie W. Chisholm

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de novembro de 1947 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Marquette, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMassachusetts Editar o valor en Wikidata
EducaciónSkidmore College (en) Traducir
Universidade do Estado de Nova York en Albany
Universidade da Cidade de Nova York Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbióloga, bióloga mariña, profesora universitaria, oceanógrafa, ecoloxista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorInstituto Oceanográfico de Woods Hole (pt) Traducir, visiting scholar (en) Traducir (1978–)
Scripps Institution of Oceanography (pt) Traducir, investigadora posdoutoral (1974–1976)
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoE. Virginia Armbrust (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Sallie W. (Penny) Chishom (1947) é unha bióloga mariña e oceanógrafa estadounidense no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts. É experta en ecoloxía e evolución de microbios do océano.

Educación

[editar | editar a fonte]

Graduouse polo Instituo Sénior Marquette, MI en 1965. Asistiu á Universidade de Skidmore e obtivo un Ph.D. pola SUNY Albany en 1974.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dende 1976, Sallie ten sido membro de facultade no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Os seus estudos céntranse na ecoloxía do fitoplancto mariño. Os seus primeiros traballos foron sobre os procesos de plancto de nutrientes e a maneira en que estes afectan ao seu ciclo de vida en tempo diúrno. Isto levou a comezar a usar citometría de fluxo para medir as propiedades das células individuais.

A aplicación de fluxo citométrico ás mostras ambientais, levaron a Chisholm e os seus colaboradores (como os notables R.J. Olson e S.M. Sosik) ao descubrimento de que o plancto pequeno (en particular Prochlorococcus e Synechococcus) representan unha parte moito máis importante da produtividade mariña do que se pensaba. Anteriormente os oceanógrafos biolóxicos centráranse nas diatomeas silíceas como o fitoplancto máis importante, o que representa entre 10 e 20 xigatoneladas de captación de carbono cada ano. Os traballos de Chisholm mostraron que aínda era maior a cantidade de carbono que entraba no ciclo, polo cal confirmaron as teses de que as pequenas algas desempeñan unha función importante no ciclo de nitróxeno global.

Nos últimos anos, Chisholm desempeñou un papel visible na oposición ao uso da fertilización con ferro como unha solución tecnolóxica para o cambio climático antropoxénico.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Membro da Academia Nacional de Ciencias (NAS) desde 2003.

Galardóns:

  • Xaneiro de 2010: medalla Alexander Agassiz, por "estudos pioneiros dos organismos fotosintéticos dominantes no mar e por integrar os seus resultados a un novo entendemento do océano global".
  • Correceptora en 2012 do Premio Ruth Patrick da Asociación para as Ciencias da Limnoloxía e Oceanografía.
  • Medalla Nacional da Ciencia do Presidente Barack Obama o 1 de febreiro de 2013.
  • Premio Ramón Margalef en Ecoloxía, 2013, " por ser unha das máis produtivas investigadoras, carismáticas e activas en bioloxía e ecoloxía mariña".

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Chishol, S.W. 2012. Unveiling Procholorococcus : The Life and times of the ocean's smallest photosynthetic cell. 2012. En: Microbios y Evolución: El Mundial Que Darwin Nunca Vio. En: R.Kolter y S.Maloy (eds.) ASM Prensa. p. 16
  • Chisholm, Sallie W. 2011. The Iron Hypothesis: Basic Research Meets Environmental Policy. Publicou Center for Global Change Science, Massachusetts Institute of Technology, 11 p.
  • Coleman, M.L y S.W. Chisholm. 2010. Ecosystem-specific selection pressures revealed by comparative population genomics. PNAS 107 (43): 18634-18639.
  • Lindell, D.J.D Jaffe, M.I. Coleman, M.Axmann, T.Rector, G.Kettler, M.B. Sullivan , R.Steen, W.R. Hess, G.M. Iglesia, S.W. Chisholm. 2007. Genome-wide expression dynamics of a marine virus and host reveal features of coevolution. Nature 449: 83-86
  • Chisholm, Sallie W., P.G. Falkowski e J.J. Cullen. Dis-crediting Ocean Fertilization. Science 294: 309-310,2001.
  • Chisholm. S.W. R.J. Olson, E.R. Zettler, R.Goericke, J.Waterbury e N.Welschemeyer. A novel free-living prochlorophyte abundant in the oceanic euphotic zone. Nature 334 (6180):340-343, 1988.