Seca
A seca pódese definir como unha anomalía de duración máis ou menos longa, na que a dispoñibilidade de auga se sitúa por debaixo dos requirimentos dunha zona xeográfica dada. A auga non é suficiente para abastecer as necesidades das plantas, os animais e os humanos.
É un fenómeno climático causado pola insuficiencia de precipitacións pluviométricas (chuvia) nunha determinada rexión durante un período de tempo grande.[1]
A causa principal de toda seca é, popr tanto, o déficit de precipitacións. Cando a falta de chivias non é demasiado prolongada adoita falarse de seca meteorolóxica que, se perdura, deriva nunha seca hidrolóxica, caracterizada pola desigualdade entre a dispoñibilidade de auga e as demandas naturais da mesma. En casos extremos pódese chegar á aridez.
Aínda que algúns consideran a seca como sinónimos de estiaxe, existe unha non pequena diferenza entre ambos os conceptos, pois a estiaxe é un fenómeno que ocorre nun intervalo de tempo máis ou menos curto, é dicir, a estiaxe non é permanente, mentres que a seca é permanente.[2][3]
O fenómeno da seca provoca desequilibrios hidrolóxicos importantes. Normalmente a ocorrencia da seca dase cando a evapotranspiración supera durante un período de tempo amplo a precipitación de chuvias.
A diminución do volume de auga no mar de Aral considése como un dos maiores desastres ambientais e humanos da historia que produciu unha situación de seca.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para seca.
- ↑ 'Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para estiaxe.
- ↑ titulo= Centro integrado de informações agrometeorológicas. Estiagem e seca