Steve Shelley
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xuño de 1962 (62 anos) Midland, Estados Unidos de América |
Educación | Herbert Henry Dow High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | batería, produtor musical, compositor |
Período de actividade | 1983 - |
Xénero artístico | Rock alternativo e indie rock |
Instrumento | Batería |
Selo discográfico | Alternative Tentacles |
Steven Jay Shelley, nado en Midland (Míchigan) o 23 de xuño de 1963, é un batería e produtor musical estadounidense, coñecido por tocar na banda de rock alternativo Sonic Youth dende o ano 1985.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Shelley tocou en varias bandas de Míchigan coma Faith and Morals e Strange Fruit, e estivo na formación orixinal da banda seminal de punk rock The Crucifucks. Despois de deixar The Crucifucks mudouse a Manhattan, alugando o piso de Thurston Moore e Kim Gordon mentres estes estaban de xira con Sonic Youth por Europa. Cando a banda volveu foi contratado como batería sen pasar por unha audición, substituíndo a Bob Bert.[1]
En 1992 fundou o selo independente Smells Like Records, con base en Hoboken, New Jersey, onde vive no presente. Xunto co seu amigo e músico de Two Dollar Guitar Tim Foljahn, axudou a lanzar a carreira de Cat Power, servindo como batería nos seus primeiros tres álbums. Tamén produciu o álbum de debut de Blonde Redhead en 1993, Blonde Redhead, e o de Cat Power What Would the Community Think? en 1996. Steve puido localizar a Lee Hazlewood en 1997 e conseguir o permiso para reeditar cinco dos mellores títulos do seu catálogo. Smells Like Records tamén publicou unha colección de stándards gravados en 1997, sendo as primeiras novas gravacións de Hazlewood lanzadas domesticamente en case dúas décadas.
En 1998 Shelley tocou na banda sonora do filme Velvet Goldmine coma membro de Wylde Ratttz, xunto co guitarrista de The Stooges Ron Asheton, o seu compañeiro en Sonic Youth Thurston Moore, o baixista Mike Watt, Don Fleming, Mark Arm de Mudhoney e Jim Dunbar.
Outros traballos destacables fóra de Sonic Youth foron as gravacións e actuacións con varios artistas coma Christina Rosenvinge, Chris Lee, John Wolfington, Michael Powers, Michael Rother, Howe Gelb ou Enrique Morente.
Discografía fóra de Sonic Youth
[editar | editar a fonte]Data | Artista | Edición | Comentarios |
---|---|---|---|
1983 | Strange Fruit | On Top of the Hill | 7" Babel 01 |
1984 | Strange Fruit | Strange Fruit/Abiku | split 12" Babel 02 |
1985 | The Crucifucks | The Crucifucks | Alternative Tentacles 38 |
1989 | Maureen Tucker | Life in Exile After Abdication | 50 Skidillion Watts 007 |
1990 | Daniel Johnston | 1990 | Shimmy Disc 028 (con Lee Ranaldo en "Spirit World Rising") |
1991 | Lucky Sperms | Lucky Sperms | 7" Ecstatic Peace! 15 (gravado en 1987) |
1991 | Dim Stars | Dim Stars | 3x7" Ecstatic Peace! 11 |
1991 | Nikki Sudden | Whiskey Priest | 7" Singles Only Label 228 |
1992 | Jad Fair | I Like It When You Smile | Paperhouse 009 |
1992 | Richard Hell | 3 New Songs | 7" Overground 24 |
1992 | Mosquito | Down | 7" ERL 9 |
1992 | Makigami Koichi | Koroshi No Blues | Toshiba EMI 6496 |
1992 | Dim Stars | Dim Stars | Caroline 1724 |
1992 | Free Kitten/Mosquito | Split | 7" Time Bomb 09 |
1992 | Mosquito | U.F.O. Catcher | Time Bomb 13 |
1993 | Mosquito | Oh No... | Psychoacoustic 6 |
1993 | Mosquito | Time Was | SLR 05 |
1993 | Two Dollar Guitar | Lost Bird | 7" SLR 06 |
1994 | The Raincoats | Extended Play | SLR 012 |
1995 | Male Slut | Male Slut | 7" Stomach Ache 57 |
1995 | Cat Power | Dear Sir | Runt 6 |
1995 | Thurston Moore | Psychic Hearts | DGC 24810 |
1995 | Mike Watt | Ball-Hog or Tugboat? | Columbia Records C2-66464 |
1996 | Cat Power | Myra Lee | SLR 019 |
1998 | Mark Eitzel | Caught in a Trap... | Matador 179 |
2000 | Hungry Ghosts | Alone, Alone | SLR 039 |
2001 | Christina Rosenvinge | Frozen Pool | SLR 042 |
2001 | John Wolfington | John Wolfington | SLR 043 |
2004 | Christina Rosenvinge | Foreign Land | SLR 050 |
2006 | Michael Powers | Prodigal Son | Baryon 006 |
2006 | Christina Rosenvinge | Continental 62 | SLR 053 |
2007 | The Million Dollar Bashers | I'm Not There | Columbia COLB 12038 |
2007 | John Wolfington | American Dreamsicle | SLR 054 |
2007 | Thurston Moore | Trees Outside the Academy | Ecstatic Peace! E#91C |
2008 | Matt Madly | Checkered | P.O.S. 062808 |
2008 | Christina Rosenvinge | Tu labio superior | Warner Spain 25646 93707 |
2009 | Anna Ternheim | Leaving on a Mayday | Emarcy 06025178719-15 |
2009 | Samara Lubelski | Future Slip | Ecstatic Peace! E#110 |
2010 | The High Confessions | Turning Lead Into Gold With the High Confessions | Relapse |
- ↑ Azerrad, Michael,. Our band could be your life : scenes from the American indie underground 1981-1991 (First Back Bay paperback edition ed.). Boston. ISBN 0-316-78753-1. OCLC 50483014.