A raíña de África
A raíña de África | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The African Queen |
Director | John Huston |
Produtor | Sam Spiegel John Woolf |
Guión | James Agee John Huston |
Intérpretes | Humphrey Bogart Katherine Hepburn Robert Morley Peter Bull Theodore Bikel Walter Gotell |
Música | Allan Gray |
Fotografía | Jack Cardiff |
Montaxe | Ralph Kemplen |
Distribuidora | United Artists (US) Independent Film Distributors (RU) |
Estrea | 20 de febreiro de 1952 23 de decembro de 2007 (TVG) |
Duración | 105 minutos |
Orixe | Estados Unidos Reino Unido |
Xénero | Aventuras |
Orzamento | $1 000 000 |
Recadación | $10 750 000 |
Na rede | |
http://www.african-queen-movie.com/ | |
A raíña de África (en inglés: The African Queen) é unha película dirixida por John Huston no ano 1952. Está baseada na novela do mesmo título de C. S. Forester. Gañou un Oscar ao mellor actor principal (Humphrey Bogart), e obtivo outros tres nomeamentos, ao mellor director, á mellor actriz principal (Katharine Hepburn), e ao mellor guión. Estreouse en galego na TVG o 23 de decembro de 2007.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]A primeira guerra mundial comezou e en África Oriental Charlie Allnut (Humphrey Bogart) dedícase a transportar mercancías río arriba e río abaixo coa súa vella embarcación, chamada The African Queen. Nunha das aldeas que visita regularmente morreu o sacerdote, e Charlie acepta levar na súa barca á irmá do falecido reverendo, Rose (Katherine Hepburn), para devolvela á civilización. Durante a viaxe polo río xorde entre Charlie e Rose unha crecente simpatía. Con todo, cando finalmente chegan a un gran lago achégaselles un barco de guerra alemán.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Humphrey Bogart como Charlie Allnut
- Katharine Hepburn como Rose Sayer
- Robert Morley como Rev. Samuel Sayer
- Peter Bull como Capitán da Louisa
- Theodore Bikel como Primeiro oficial
- Walter Gotell como Segundo oficial
- Peter Swanwick como Primeiro oficial do Shona
- Richard Marner como Segundo oficial de Shona
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A raíña de África na TVG". DiarioSiglo XXI. 23 de decembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 4 de marzo de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A raíña de África |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Filmes de 1952
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por John Huston
- Filmes de United Artists
- Filmes de Horizon Pictures
- Filmes rodados no Reino Unido
- Filmes rodados na República Democrática do Congo
- Filmes rodados en Uganda
- Filmes ambientados en 1914
- Filmes ambientados en Ruanda
- Filmes ambientados en Burundi
- Filmes ambientados en Tanzania
- Filmes preservados no National Film Registry
- Filmes de 1952 con versión en galego