William McKinley
William McKinley, nado en Ohio o 29 de xaneiro de 1843 e finado en Buffalo o 14 de setembro de 1901, foi o vixésimo quinto presidente dos Estados Unidos de 1897 a 1901.
Foi presidente durante a Guerra Hispano-Estadounidense de 1898. Co seu mandato comezou un período de dominio do Partido Republicano, durante o cal se fomentou a actividade mercantil e os Estados Unidos converteuse nunha potencia mundial tras a súa vitoria na guerra contra España polas últimas colonias de Ultramar.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Declaración de guerra a España
[editar | editar a fonte]En 1898, McKinley intentou axudar a Cuba declarar a independencia de España. Cando o 15 de febreiro o acoirazado americano Maine estoupou misteriosamente no porto da Habana, o 29 de marzo ante a amplitude da presión popular e as consecuencias dunha inacción sobre o resultado das futuras eleccións, MacKinley cede á opinion pública: o 29 de marzo, envía un ultimato a España, esixindo un armisticio inmediato a Cuba e a independencia da illa, Madrid xa aceptara practicamente todas estas condicións[Cómpre referencia]. Xa que logo o 11, convencido de que a súa popularidade tiña ese prezo, o Presidente demanda ao Congreso de declarar a guerra a España.
O 25 de abril, os Estados Unidos lánzanse así nunha cruzada romántica e oficialmente idealista, non sen afirmar que rexeitaban « calquera desexo ou intención de exercer algunha soberanía, xurisdición ou control da illa, pois era soamente coa única intención de pacificala ... »
En tan só catro curtos meses de guerra e co Tratado de París asinado o mes de decembro, os Estados-Unidos de América, despois de anexionarse Hawai o mes de xullo, compran por 20 millóns de dólares as illas Filipinas a España a cal, por outra banda, concede por razóns de indemnización de guerra, Porto Rico e a illa de Guam recoñecendo pola mesma a independencia de Cuba.
Mentres tanto, o Secretario de Estado John Hayso negociou unha política comercial con China, e arranxou con outro tratado baixo o cal os Estados Unidos construirían e posuirían a Canle de Panamá.
A súa reelección polo segundo mandato que gañaría McKinley en 1900, foi interrompida o 6 de setembro do ano seguinte en Buffalo polas balas do anarquista polaco, Leon Czolgoszdun.
Na súa memoria chamouse McKinley unha das montañas máis altas de América (Pico McKinley en Alasca).