Saltar ao contido

XVI dinastía exipcia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaXVI dinastía exipcia

Localización
Xeografía
Parte de
Datos históricos
Precedido por
Sucedido porXVII dinastía exipcia Editar o valor en Wikidata

A Décimo sexta Dinastía de Exipto (XVI dinastía)[1] foi unha dinastía de faraóns que gobernou a rexión de Tebas no Alto Exipto [2] durante 70 anos.[3]

Esta dinastía, xunto coas dinastías XV e XVII, combínanse a miúdo baixo o título de grupo, Segundo período intermedio (ca. 1650-1580 a.C.), período que viu a división entre o Alto e Baixo Exipto, os faraóns de Tebas e os faraóns Hicsos da XV dinastía con sede en Avaris. Tendo sido considerada en primeira instancia unha dinastía hicsa en lugar de Tebana, [4] a súa cronoloxía e orixe étnica foron obxecto de intenso debate, así como a datación absoluta dos seus diversos reinados. Isto debeuse en gran medida á escaseza de restos arqueolóxicos sobreviventes deste período. Unha das principais fontes de información é a Lista real de Turín, que inclúe unha lista de 15 faraóns asociados a esta dinastía. [5]

Contexto histórico

[editar | editar a fonte]

Agás os nomes dos faraóns, hai moi poucos datos sobre este período debido á práctica ausencia de restos arqueolóxicos, polo que os exiptólogos basean as súas teorías en análises comparativas de datación relativa nas escasas evidencias existentes.

No norte, en paralelo á evolución da XV Dinastía que gobernaba a maior parte do territorio do país, Kim Ryholt propuxo a existencia dunha dinastía de Abidos, [6] un reino de curta duración (20 anos), xurdiu paralelo á XVI dinastía, que gobernaría a zona próxima a Abidos. Esta hipótese é discutible e non goza de consensos dentro da comunidade académica.[7] No sur, a XVI dinastía estaba ameazada polo reino de Kush, que a finais da XIII dinastía, aproveitou a debilidade dos gobernantes exipcios para avanzar e ocupar a zona meridional do Alto Exipto, chegando así a dominar desde a cidade de Elefantina, situada na 1ª catarata, ata Kurgus, situada entre a 4ª e 5ª catarata. [8]

Coa derrota das dinastías XIII e XIV, (coetáneas entre si, coincidindo probablemente o inicio da XIV coa etapa final da XIII), [9] polos Hicsos e o establecemento da XV Dinastía con capital en Avaris, houbo un baleiro de poder no sur do Alto Exipto do que aproveitáronse os gobernantes locais, quizais relacionados cos herdeiros da XIII dinastía, para formar unha nova dinastía, a XVI, con capital Tebas. [10]

A súa área de influencia limitouse sempre á zona de Tebas, pero hai probas de que nalgún momento podería ter alcanzado polo menos desde Hu ata Edfu, estando limitada ao norte polos propios Hicsos e ao sur polo reino de Kush.[11] A historia da XVI dinastía estivo marcada pola sucesión de numerosos faraóns de reinados breves, probables fames negras e o conflito cos gobernantes da XV dinastía, acabou levando á captura polos Hicsos da cidade de Tebas e con ela o final da dinastía. Os tebanos non tardaron en recuperar o control do sur do país, o que provocou o establecemento da XVII dinastía, a posterior expulsión dos Hicsos e o comezo do Imperio Novo. [12]

A caixa cosmética da raíña Montuhotep

Cronoloxía

[editar | editar a fonte]
Lista real de Turín. A columna 10 (fila 30) e a columna 11 (filas 1-15) corresponden á XVI dinastía

Segundo o epítome da Aegyptiaka de Manetón, que fornece versións contraditorias dos faraóns da XVI dinastía, [13] a súa identificación sería a seguinte:

A XVI dinastía foi tamén de reis pastores [hicsos] en número de 32. Reinaron durante 518 anos. Sincelo segundo Xulio Africano
A XVI dinastía estaba formada por cinco faraóns de Tebas, que reinaron 190 anos. Sincelo segundo Eusebio de Cesarea
A XVI dinastía estaba formada por cinco faraóns de Tebas, que reinaron 190 anos. Versión armenia de Eusebio de Cesarea

Inicialmente déuselle credibilidade á versión de Manetón da orixe hicsa, e a cronoloxía proposta por Jürgen von Beckerath converteuse no estándar "de facto". [4] Novos achados arqueolóxicos, así como unha recente restauración e estudo da Lista real de Turín por Kim Ryholt, fan que varios exiptólogos actuais defendan a orixe tebana da dinastía,[14][15][16] e ten unha duración aproximada de entre 60 a 70 anos. [11] Non obstante, a datación absoluta dos reinados individuais aínda se debate. [17]

Os estudosos propuxeron diversos listaxes cronolóxicos e listas de faraóns para esta dinastía. Estas listas divídense en dúas categorías: aquelas que supoñen que a XVI Dinastía eran vasalos dos Hicsos, como defendían Jürgen von Beckerath e Wolfgang Helck, e os que supoñen que a XVI Dinastía era un reino tebano independente, como propuxo recentemente Kim Ryholt.

Vasalos dos Hicsos

[editar | editar a fonte]

A lista tradicional de gobernantes da XVI Dinastía agrupa aos faraóns que se crían ser vasalos dos Hicsos, algúns dos cales teñen nomes semíticos como Semqen e Anat-her. A lista de faraóns difire segundo o erudito e aquí é dado segundo a Dinastía XV / XVI de Jürgen von Beckerath no seu Handbuch der ägyptischen Königsnamen.[18] Wolfgang Helck, que tamén cre que a XVI Dinastía era un estado vasalo dos Hicsos, propuxo unha lista lixeiramente diferente de faraóns.[19] Moitos dos gobernantes enumerados aquí na XVI Dinastía baixo a hipótese de que eran vasalos dos Hicsos están incluídos na XIV Dinastía coa hipótese de que a XVI Dinastía era un reino tebano independente. A ordenación cronolóxica é en gran parte incerta.

XV/XVI Dinastías como vasalos dos Hicsos[18]
Nome do faraón Datas Comentarios
'Anat-Har
Posiblemente un príncipe da XV Dinastía ou un xefe cananeo contemporáneo coa XII Dinastía
'Aper-'Anati
Pode pertencer a principios da XV dinastía
Semqen
Pode pertencer a principios da XV dinastía
Sakir-Har
Pode pertencer a principios da XV dinastía
Apepi
Pode ser idéntico ao gobernante Hicso Apepi
Maaibre Sheshi
Pode pertencer a principios da XIV dinastía
Yaqub-Har
Pode pertencer a principios da XIV dinastía
Jamu
Jakebmu
Amu
Sneferankhre Pepi III
Hepu
Anati
Bebnum
Nebmaare
Pode pertencer á XVII dinastía
Aahotepre
Pode ser a mesma persoa que 'Ammu
Anetrire
Meribre
Nubankhre
Reinado disputado
Nikare II
Reinado disputado
[...]kare
[...]kare
[...]kare
Sharek
Wazad
Pode pertencer á XIV dinastía
Qur
Posiblemente Qareh, pode pertencer á XIV Dinastía
Shenes
Probablemente sexa Sheneh en vez de Shenes e pode pertencer á XIV Dinastía
Inek
'A[...]
'Ap[epi]
Hibe
Aped
A lectura é incerta
Hapi
Shemsu
Meni[...]
Werqa

Reino independente de Tebas

[editar | editar a fonte]

No seu estudo de 1997 sobre o Segundo período intermedio, o exiptólogo danés Kim Ryholt argumenta que a XVI Dinastía era un reino tebano independente. A partir da reconstrución de Ryholt da lista real de Turín, poden asociarse 15 faraóns á dinastía, varios dos cales están testemuñados por fontes contemporáneas.[2] Se ben os gobernantes probablemente tiñan a súa sede en Tebas, algúns puideron ser gobernantes locais doutras cidades importantes do alto Exipto, incluíndo Abidos, El Kab e Edfu. [2] Polo reinado de Nebiriau I, o reino controlado pola XVI Dinastía estendíase polo menos no norte ata Hu e ao sur ata Edfu.[3][20] Non figura no canon de Turín (despois Ryholt) Wepwawetemsaf, quen deixou unha estela en Abidos e probablemente fose un faraón local da dinastía Abidos.[2]

Ryholt ofrece a lista de faraóns da XVI Dinastía como se mostra na táboa seguinte.[21] Outros, como Helck, Vandersleyen, Bennett combinan algúns destes gobernantes coa XVII dinastía exipcia.[22] A lista de gobernantes dase aquí segundo Kim Ryholt e supostamente está en orde cronolóxica:

XVI dinastía como reino tebano independente.[23]
Nome do faraón Datas Comentarios
Descoñecido
1649–1648 a.C.
Nome perdido nunha lagoa do canon de Turín
Sekhemre-sementawi Djehuti
1648–1645 a.C.
Sekhemre-seusertawi Sobekhotep VIII
1645–1629 a.C.
Sekhemre-seankhtawi Neferhotep III
1629–1628 a.C.
Seankhenre Mentuhotepi
1628–1627 a.C.
Sewadjenre Nebiryraw I
1627–1601 a.C.
Nebiriau II
1601 a.C.
Semenre
1601–1600 a.C.
Seuserenre Bebiankh
1600–1588 a.C.
Sekhemre Shedwaset
1588 a.C.
Unknown
1588–1582 BC
Cinco faraóns perdidos nunha lagoa do canon de Turín

Os faraóns adicionais clasifícanse como pertencentes a esta dinastía por Kim Ryholt, pero a súa posición cronolóxica é incerta. Quizais correspondan aos cinco últimos faraóns do canon de Turín:[24]

XVI dinastía como reino de Tebas independente (orde incerta)
Nome do faraón Datas Comentarios
Djedhotepre Dedumose I
Puido tentar lograr a paz cos Hicsos
Djedneferre Dedumose II
Djedankhre Montemsaf
Merankhre Mentuhotep VI
Seneferibre Senusret IV
Deixou unha estatua colosal de si mesmo en Karnak[25]
  1. Kuhrt 1995: 118
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Bourriau 2003: 191
  3. 3,0 3,1 Ryholt 1997: 305
  4. 4,0 4,1 von Beckerath 1984.
  5. Ben-Tor, Allen & Allen 1999, p. 53"Os eruditos poden diferir do valor e a interpretación doutras evidencias para o período, pero a reconstrución de Ryholt do papiro de Turín debe considerarse agora como o novo estándar para a súa lista de faraóns."
  6. Ryholt 1997, pp. 163-66.
  7. Ben-Tor, Allen & Allen 1999, p. 66"A falta de probas firmes do contrario, parece máis prudente a aceptar a orde reflectida por Manetón e recoñecer as entradas que seguen á XVI Dinastía na lista real de Turín como as dos faraóns da XVII dinastía.»
  8. Török 2009, pp. 104-05.
  9. Ben-Tor, Allen & Allen 1999, p. 66b«Algúns solapamentos entre a XIV e a XIII Dinastías parecen probables, pero as probas indican que isto se produciu cara ao final da XIII dinastía.»
  10. Dodson & Hilton 2005, pp. 116 -18.
  11. 11,0 11,1 Modelo:Web quote
  12. Dodson & Hilton 2005, pp. 116-18.
  13. Jiménez & Jiménez-Serrano 2008, pp. 113 -114.
  14. Ryholt 1997.
  15. Sancho, José Antonio. "Proyecto dinástico - XVI dinastía". Egiptologia.org. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2013. Consultado o 8 de novembro de 2013. A XVI dinastía estaba seguramente composta por faraóns cuxa área de influencia estaba limitada á área local de Tebas ou zonas moi próximas e, polo tanto, lonxe da identidade hicsa sinalada. 
  16. Ben-Tor, Allen & Allen 1999, p. 66c«Do traballo de Ryholt [..] A XVI dinastía pódese recoñecer como do Alto Exipto e como predecesora directo da XVII dinastía de Tebas.»
  17. Ben-Tor, Allen & Allen 1999, p. 66d"Aínda que estas divisións parecen claras a súa relación cronolóxica segue sendo incerta. e pódense formular obxeccións substanciais ás conclusións de Ryholt nesta área. »
  18. 18,0 18,1 Jürgen von Beckerath: Handbuch der ägyptischen Königsnamen , Münchner ägyptologische Studien, Heft 49, Mainz: P. von Zabern, 1999, ISBN 3-8053-2591-6
  19. Wolfgang Helck, Eberhard Otto, Wolfhart Westendorf, Stele - Zypresse: tomo 6 de Lexikon der Ägyptologie, Otto Harrassowitz Verlag, 1986 , Page 1383
  20. Darrell D. Baker: The Encyclopedia of the Pharaohs: Volume I - Predynastic to the Twentieth Dynasty 3300–1069 BC, Stacey International, ISBN 978-1-905299-37-9, 2008, pp. 256-257
  21. Reis da segunda época intermedia XVI dinastía. (despois Ryholt 1997)
  22. Chris Bennet, A Genealogical Chronology of the Seventeenth Dynasty, Journal. do Centro de Investigacións Americanas en Exipto, Vol. 39 (2002), pp. 123-155
  23. Kim Ryholt: The Political Situation in Egypt during the Second Intermediate Period, c. 1800 - 1550 a.C., Copenhagen: Museum Tusculanum Press, ISBN 8772894210, 1997.
  24. Kim Ryholt's 16th dynasty on Digital Egypt for Universities
  25. Georges Legrain: Statues et statuettes de rois et de particuliers, in Catalogue général des antiquités égyptiennes du Musée du Caire, Le Caire, 1906. I, 171 pp., 79 pls, available copyright-free online Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine., published in 1906, see p. 18 and p. 109

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Dinastía precedente Dinastía Dinastía seguinte
Décimo quinta Dinastía Décimo sexta Dinastía
c. 1649 - 1582 a.C.
Décimo sétima Dinastía