amieiro
Aparencia
Grafías semellantes: Amieiro |
Galego
- Etimoloxía: do latín vulgar *alamenarius.
- Homófonos: Amieiro.
amieiro (sg: amieiro; pl: amieiros)
- (Botánica) Árbore caducifolia da familia das betuláceas, Alnus glutinosa, de até 20 ou 30 m de altura (ordinariamente, duns 10 m), co tronco máis ou menos recto, a codia parda agrisada, lisa nos individuos novos e fendida e case negra nos vellos, de follas alternas, arredondadas, de bordos dentados, flores masculinas en amentos cilíndricos colgantes, de até 9 cm e cor parda violácea, e femininas tamén en amentos, pero máis pequenos, que se converten, ao maduraren, en pequenas piñas ovoides, e froitos moi pequenos e estreitamente alados.
- Madeira de amieiro (árbore), branca e lixeira, e moi resistente á auga, que se empregou para facer pezas de muíños, pontes, etc. Na actualidade úsase, sobre todo, para facer cuncas, pratos e zocas.