Felis
Felis é un xénero de mamíferos carnívoros da familia dos félidos, subfamilia dos felinos, e tribo dos felininos.[1]
Felis Rango fósil: mioceno tardío - actualidade (6,2 - 0 Ma) | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Gato montés (Felis silvestris) | |||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Área de dispersión do xénero Felis
| |||||||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||
|
Son gatos de pequeno a mediano tamaño propios da maior parte de África, ao sur dos 60° de latitude, e de Europa e Asia en Indochina. O xénero inclúe o gato doméstico. A especie de Felis máis pequena é o gato de patas negras, cunha lonxitude de cabeza e tronco de 38 a 42 cm. O maior é o gato da xungla, cunha lonxitude de cabeza e tronco de 62 a 76 cm.[2]
Xeneralidades
editarTrátase de gatos de pequeno ou mediano tamaño, con longas colas, adaptados á caza de pequenos animais, como roedores, pequenas aves e lagartos, dependendo das zonas onde viven, que son propios da maior parte de África e, ao sur dos 60° de latitude, de Europa e Asia até Indochina.[2]
Tradicionalmente o xénero incluía a todas as especies dos felinos viventes, pero na actualidade restrínxese a cinco especies (ou sete, suguno os autores), entre as que se inclúe o gato montés (Felis silvestris), que habita gran parte de Eurasia e África. O coñecido como gato doméstico (Felis silvestris catus) é unha subespecie desta última. A introdución polo home deste gato fixo que sexa común nas paisaxes urbanas de todo o mundo.
A especie máis pequena do xénero Felis é o gato de patas negras (Felis nogripes), que mide de 38 a 42 cm de lonxitude de cabeza e tronco, e a máis grande é o gato da xungla (Felis chaus), cunha lonxitude de cabeza e tronco de 62 a 76 cm.[2]
As especies de Felis viven nunha ampla gama de hábitats diferentes, desde pantanos até desertos.
Estudos xenéticos recentes indican que dúas especies até hai pocuco incluídas no xénero Felis, Otocolobus e Prionailurus, diverxeron do seu antepasado euroasiático hai ao redor de 6,2 millóns de anos, e que o xénero Felis separouse hai de 3,04 a 0,99 millóns de anos.[3][4]
Taxonomía
editarDescrición
editarO xénero Felis fois descrito en 1758 por Linnaeus, no volome 1, páxina 41, da 10ª edición do seu Systema Naturae.[1][5]
Etimoloxía
editarO nome científico do xénero, Felis, tomouno Linneo do latín fēlis, -is, 'gato'.[6]
Sinónimos
editarAdemais de polo nome linneano, e actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:[1]
- Avitofelis Kretzoi, 1930
- Catolynx Severtzov, 1858
- Catus Frisch, 1775
- Chaus Gray, 1843
- Eremaelurus Ognev, 1927
- Mamfelisus Herrera, 1899
- Microfelis Roberts, 1926
- Otailurus Severtzov, 1858
- Otocolobus Brandt, 1842
- Poliailurus Lönnberg, 1925
- Trichaelurus Satunin, 1905
Especies
editarNa actualidade a maioría dos autores recoñen as seguintes sete especies no xénero:[1][5]
- Felis bieti Milne-Edwards, 1892 – Gato montés chinés, gato chinés do deserto, ou gato de Biet
- Felis catus Linnaeus, 1758 – Gato doméstico (véxase máis abaixo)
- Felis chaus Schreber, 1777 – Gato a xungla
- Felis manul Pallas, 1776
- Felis margarita Loche, 1858 – Gato do deserto
- Felis nigripes Burchell, 1824 – Gato de patas negras
- Felis silvestris Schreber, 1777 - Gato montés euroasiático
Porén, a UICN consideres a Felis catus como unha subespecie de Felis silvestris (Felis silvestris catus).[7]
Por outra parte, investigacións recentes demostraron que Felis manul, estreitamente relacionado cos xéneros Felis e Prionailurus, debía reclasificarse no abandonado antigo xénero Otocolobus, como Otocolobus manul.[8]
A discutida taxonomía de Felis sivestris
editarA taxonomía desta especie aínda é moi discutida. Por exemplo, segundo os autores, o gato doméstico e o gato de Biet poden ser subespecies de Felis silvestris ou seren espceis separadas.
A especie Felis silvestris iuncluso pode comprender até vinte subespecies,[1][9] mentres que outros autores non recoñencen máis que dúas sobespecie salvaxes (Felis silvestris silvestris e Felis silvestris lybica).[10]
Porén, un estudo publicado en 2007 postula a reagrupación destas múltiplas divisións en seis subespeces ben diferenciadas.[11]
| |||||||||||||||||||||||||||||||||
Filoxenia: A liñaxe Felis, segundo Mattern e McLennan (2000).[12] |
Na actualidade, son recoñecidas por diversas orgnizacións científicas, tales como a UICN ou o NCBI, as seguintes subespecies:
- Felis silvestris lybica Forster, 1780 (África do Norte, Medio Oriente e Asia Occidental, até o mar de Aral).
- Felis silvestris cafra Desmarest, 1822 (África austral – algún s autores considérana como unha especia á parte).
- Felis silvestris ornata Gray, 1830 (Paquistán, nordeste da India, Mongolia e norte da China).
- Felis silvestris bieti Milne-Edwards, 1872 (China).
- Felis silvestris silvestris Schreber, 1775 (Europa e Turquía).
- Felis silvestris catus Linnaeus, 1758.
Porén, o status de certas subespecies aínda está a debate, particularmente para Felis silvestris bieti, para a que se deben realizar estudos adicionais (especialmente estudos xenéticos). Felis silvestris lybica tamén se considera por moitos monofilética con Felis silvestris catus. Esta última, o gato doméstico, así mesmo adoita ser marxinada, quizais porque non é unha subespecie natural, pero deben terse en conta os fenómenos de hibridación, introgresión e contaminación xenética para o progreso da xenómica destas especies.
Linneo consideraba que Felis comprendía todas as especies de gatos. Taxónomos posteriores dividiron a familia dos félidos en diferentes xéneros. En 1917 o zoólogo briánico Reginald Innes Pocock revisou o xénero Felis que, segundo este autor, comprende unicamente:[2]
Imaxe | Nome | Distribución |
---|---|---|
Gato doméstico F. silvestris catus (Linnaeus, 1758) | Todo o mundo (domesticado) | |
Gato da xungla F. chaus (Güldenstädt, 1776)[13][14] | Exipto, Oriente Medio, Subcontinete Indio, Asia Central e Sueste Asiático, Sri Lanka e sur da China | |
Gato montés F. silvestris (Schreber, 1777) | Europa | |
Gato montés africano F. silvestris lybica (Forster, 1780) | África, Asia Central até a India, oeste da China e Mongolia | |
Gato de patas negras F. nigripes (Burchell, 1824) | Suráfrica, Namibia, marginalmente en Zimbabue | |
Gato das areas F. margarita (Loche, 1858) | Norte de África e Asia central e suroccidental | |
Gato montés chinés F. bieti (Milne-Edwards, 1892) | Meseta tibetana |
Galería
editar-
F. s. catus: Gato doméstico
-
F. chaus: Gato da xungla na India
-
F. s. silvestris: Gato montés europeo en Alemaña
-
F. nigripes: Gato de patas negras en catividade
-
F. margarita: Gato das areas en catividade
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Felis Linnaeus, 1758 en MSW.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Pocock, R. I. (1951). Catalogue of the genus Felis. London: British Museum (Natural History).
- ↑ Johnson, W. E.; Eizirik, E.; Pecon-Slattery, J.; Murphy, W. J.; Antunes, A.; Teeling, E.; O'Brien, S. J. (2006). "The Late Miocene Radiation of Modern Felidae: A Genetic Assessment". Science 311 (5757): 73–77.
- ↑ Pecon-Slattery, J.; O'Brien, S. J. (1998). "Patterns of Y and X chromosome DNA sequence divergence during the Felidae radiation". Genetics 148 (3): 1245–1255.
- ↑ 5,0 5,1 Felis Linnaeus, 1758 no ITIS.
- ↑ Valpy, F. E. J. (1828). "Felis". An Etymological Dictionary of the Latin Language. London: A. J. Valpy.
- ↑ Sanderson, J.; Mallon, D.P.; Driscoll, C.; Breitenmoser, U. & Breitenmoser-Wursten, C. (2008): Felis silvestris ssp. catus Arquivado 24 de febreiro de 2011 en Wayback Machine. na Lista vermella da UICN. Versión do 2010.4
- ↑ Johnson, W., Eizirik, E., Pecon-Slattery, J., Murphy, W. J., Antunes, A., Teeling, E., O'Brien, S. J. (2006). "The Late Miocene Radiation of Modern Felidae: A Genetic Assessment". Science 311 (5757): 73–77. PMID 16400146.
- ↑ Driscoll, Carlos A. et al. (2007): "The Near Eastern Origin of Cat Domestication", Science, vol. 317, pp. 519-523.
- ↑ Jean Etienne, "Le chat domestique à l'origine de la civilisation ?, páx. 3, 28/12/2007, en futura sciences.
- ↑ Carlos A. Driscoll et al. "The Near Eastern Origin of Cat Domestication", Science Resume.
- ↑ Mattern, M.Y.; McLennan, D.A. (2000). "Phylogeny and speciation of felids". Cladistics 16 (2): 232–53. doi:10.1111/j.1096-0031.2000.tb00354.x.
- ↑ Güldenstädt, J. A. (1776): "Chaus – Animal feli adfine descriptum". Novi Commentarii Academiae Scientiarum Imperialis Petropolitanae, Vol 20: 483–500.
- ↑ Sanderson, J. (2009): "A Matter of Very Little Moment? The mystery of who first described the jungle cat". Feline Conservation Federation Volume 53, Issue 1 (January/February 2009): 12–18.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Felis |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Felis |
Bibliografía
editar- Jackson, Peter & Adrienne Farrell Jackson (1996): Les félins, toutes les espèces du monde: París / Lausanne: Delachaux et Niestlé. La bibliothèque du naturaliste. ISBN 2-6030-1019-0.
- Kingdom, Jonathan (2004): The Kingdon Pocket Guide to African Mammals. Princeton, New Jersey, USA: Princeton University Press. ISBN 978-0-6911-2239-7.
- Kingdon, Jonathan & M. Hoffmann (eds.) (2015): The Kingdon Field Guide to African Mammals. Volume V: Carnivores, Pangolins, Equids and Rhinoceroses. Second Edition. Londres: Bloomsbury Publishing. Bloomsbury Natural History. ISBN 978-1-4729-1236-7.
- Marion, Rémy; Catherine Marion, Géraldine Véron, Julie Delfour, Cécile Callou & Andy Jennings (2005): Larousse des Félins. París: Larousse. ISBN 2-0356-0453-2.
- Walker, E. (1975): Mammals of the World. 2 Vols. Sixth edition. Baltimore, USA e Londres, Reino Unido: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Felis. Small cats na ADW (en inglés).
- Felis Linnaeus 1758 na EOL (en inglés).
- Felis Linnaeus 1758 (cat) Arquivado 18 de decembro de 2018 en Wayback Machine. en Fossilworks (en inglés).
- Filoxenia dos felinos modernos Arquivado 01 de xuño de 2012 en Wayback Machine. (en castelán).
- Felis en "Fauna ibérica; mamíferos". Ángel Cabrera Latorre. 1914. Facsímile electrónico (en castelán).