Karel van Mander
Karel van Mander, nado en Meulebeke en maio de 1548 e finado en Ámsterdam o 2 de setembro de 1606, foi un pintor, poeta e biógrafo flamengo.
Nome orixinal | (nl) Carel van Mander |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | maio de 1548 Meulebeke, Bélxica (pt) |
Morte | 11 de setembro de 1606 (58 anos) Ámsterdam, Países Baixos |
Lugar de sepultura | Oude Kerk |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura e estudo da historia da arte |
Ocupación | historiador da arte, poeta, biógrafo, escritor, pintor, artista visual |
Membro de | |
Movemento | Manierismo |
Profesores | Lucas de Heere (pt) e Pieter Vlerick (pt) |
Alumnos | Frans Hals |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Karel van Mander |
Irmáns | Adam van Mander |
Parentes | Jan van der Mander, sobriño |
Descrito pola fonte | The Great Theatre of Dutch Painters (en) , (sec:Karel van Mander) Het Gulden Cabinet (en) , (sec:Carel van Mander Konstich Figuer-Schilder van Hollandt, in't groot en cleyn, Het Tweede Deel, pag. 314) Teutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) , (sec:von Mandern/ Mahler und Poet von Meulebreck/ der ältere. 276 der jüngere. 320, 320) |
traxectoria
editarNado no seo dunha familia nobre de Meulebeke, realizou a súa aprendizaxe con Lucas de Heere en Gante, e entre 1568 e 1569 con Pieter Vlerick en Kortrijk. Nos cinco anos seguintes dedicouse a escribir obras de teatro de carácter relixioso, para as que tamén realizou os decorados. Posteriormente pasou tres anos en Roma (1574-1577). De volta desta viaxe pasou por Viena, onde en compaña do escultor Hans Mont, construíu o arco de triunfo para a entrada do emperador Rodolfo II.
Logo de variadas vicisitudes causadas pola guerra, a perda da súa fortuna e a enfermidade, instalouse en Haarlem, onde xunto con Hendrik Goltzius e mais Cornelis Cornelisz. van Haarlem, fundou unha exitosa academia de pintura.
O Schilderboek
editarPorén, a súa fama provén fundamentalmente do seu libro Schilderboeck ("Libro dos pintores"), un voluminoso conxunto de biografías de pintores, que chegou adquirir para os países do norte de Europa unha importancia semellante á de Le Vite de' più eccellenti pittori, scultori, e architettori, de Vasari para Italia. Esta obra rematouna no ano 1603, publicándoa ao ano seguinte, 1604, coincidindo coa súa mudanza para Ámsterdam, onde falecería no 1606.
Van Mander influíu de xeito notábel na literatura sobre arte dos séculos XVII e XVIII, así entre outros, Cornelis de Bie e Arnold Houbraken imitaron a súa Schilderboeck.
Mestre de Frans Hals
editarVan Mander foi mestre de Frans Hals, aínda que parece que a influencia sobre o seu pupilo non foi tan importante - de certo Hals estaba en desacordo coa convencional crenza de Mander de que a pintura de tema histórico ocupaba o lugar preeminente na xerarquía dos xéneros.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Karel van Mander |
Ligazóns externas
editar- Schilderboeck na Digitale Bibliotheek der Nederlandse Letteren (DBNL, "Biblioteca Digital de Literatura Neerlandesa")
- Biografia de MANDER CAREL VAN (en inglés)