Península Itálica

A Península Itálica[1] é unha península do surcentro de Europa e é unha das tres grandes penínsulas do sur deste continente, xunto coa Balcánica e a Ibérica. O seu territorio esténdese uns 1000 km de noroeste a sueste. Está situada no centro do mar Mediterráneo, entre os mares da Liguria, Tirreno, Adriático e Xónico. Politicamente abrangue a maior parte de Italia, San Marino e a Cidade do Vaticano.

Modelo:Xeografía físicaPenínsula Itálica
Imaxe
Tipopenínsula Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaEuropa Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°N 14°L / 42, 14
Bañado porMar de Liguria, Mar Xónico, mar Adriático, Mar Tirreno e Mar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Características
Punto máis altoCorno Grande (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  (2.912 m Editar o valor en Wikidata )
AtravesaItalia, San Marino e Cidade do Vaticano Editar o valor en Wikidata
Superficie50.709 mi²
131,275 km² Editar o valor en Wikidata

Características xerais

editar

A Península Itálica está unida ao tronco central do continente europeo pola cadea dos Alpes. Grazas á súa posición, constitúe unha ponte de paso entre Europa, Asia e África. A Península Itálica está bañada polo mar da Liguria e polo mar Tirreno pola costa occidental, polo mar Xónico pola costa oriental e o Adriático pola costa sur.

No suroeste da península está Calabria e está separada da illa de Sicilia polo estreito de Messina. Entre Sicilia e África distan 140 km.

Na costa oriental, a península salentina (Puglia) dista da costa albanesa, no punto máis estreito do Canal de Otranto, 70 km.

División política e administrativa da Península Itálica

editar

A rexión física da Península Itálica, non corresponde exactamente coa extensión do Estado italiano, e non só os italianos ocupan este espazo. Dentro da Península Itálica está:

País/
Territorio
Superficie peninsular Descrición Capital Idioma oficial
Poboación[2] km2[3] sq mi Tanto por cen
  República italiana 26 140 000 131 275 50 686 99.9531% Ocupa a maioría da península Roma italiano
  San Marino 31 887 61,2 23,6 0.0466% Un enclave ó nordeste da Italia peninsular Cidade de San Marino italiano
  Cidade do Vaticano 829 0,44 0,17 0.0003% Un enclave de Roma (Italia) Cidade do Vaticano italiano, latín
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para itálico.
  2. A poboación só inclúe os habitantes da Italia peninsular e excluíndo a Italia norte, Sicilia e Sardeña
  3. A superficie só a da Italia peninsular e excluíndo a Italia norte, Sicilia e Sardeña