Siberia

Rexión de Rusia

Siberia (en ruso: Сиби́рь, Sibir), tamén coñecida como Asia do norte, Norte de Asia ou Asia Setentrional é unha vasta rexión da Rusia e do norte do Casaquistán, integralmente no norte da Asia, espallándose dende os Urais até o océano Pacífico, e cara ao sur desde o océano Ártico ata os montes do centro-norte do Casaquistán e ata a fronteira con Mongolia e a China. O xentilicio é siberiano/siberiana.

Modelo:Xeografía políticaSiberia
Сибирь (ru) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 60°N 105°L / 60, 105
Xeografía
Parte de
Superficie13.100.000 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Ártico e Océano Pacífico Editar o valor en Wikidata

Mapa político de Siberia co Distrito Federal de Siberia en vermello máis forte.
       Distrito Federal de Siberia        Siberia rusa xeográfica        Siberia histórica (e Siberia segundo numerosas fontes non rusas).

Historia de Siberia

editar

A conquista e colonización de Siberia polos cosacos, e polos rusos, feita no século XVI, por orde do tsar Iván o Terrible, en xeral, ten moitos paralelismos coa conquista do Oeste americano: un pobo europeo tecnoloxicamente máis desenvolvido invade territorios ancestralmente ocupados por pobos nómades, con menos sofisticación tecnolóxica e un estilo de vida, tradicións e maneira de ollar para o mundo moi diferentes das do pobo invasor, armado tamén coa súa cultura xudaico-cristiá. O resultado inevitable é a derrota militar dos pobos con menor potencial tecnolóxico, que trae consigo unha asimilación cultural en gran medida forzada. Todos os pobos europeos que se expandiron polo mundo, derrotando militarmente as culturas autóctonas de menor potencial tecnolóxico, utilizaron algúns aspectos máis diferentes das culturas locais como pretexto para a súa clasificación como inferior, xustificando así non só a dominación mais todo o tipo de desmandos que chegaron mesmo á escravitude e ao xenocidio. Os rusos en Siberia non foron excepción.

Entre os trazos culturais usados para xustificar a dominación e a asimilación dos pobos siberianos salientan os ritos funerarios: debido á dificultade en abrir campas cos instrumentos de que dispuñan en solo xeado ou encharcado, as culturas siberianas non enterraban os seus mortos. Os koryak e os chukchis disecábanos. Os yukaghires desmembrábanos e despois distribuían as varias partes, xa secas, entre os familiares máis próximos. Estes anacos do ente querido eran apelidados de "avós", funcionando como amuletos. Os kamchadales, pola súa banda, tiñan en mente as necesidades de transporte no Alén: daban os cadáveres a comer aos cans, para que os falecidos tivesen un bo equipo de cans a puxarlles a zorra.

Os rusos, presos ás súas tradicións cristiás, vían estes pobos como "bárbaros". Curiosamente, nesta mesma época (séculos XVII e XVIII), a Europa occidental ollaba para o czar e os seus súbditos dunha forma semellante. Poréb, os cosacos aprenderon axiña que lles sairía moi caro desprezar toda a experiencia acumulada polos siberianos ao longo das moitas xeracións que levaron a atopar as mellores solucións de sobrevivencia no clima agreste de Siberia e na escaseza local de recursos. Un dos aspectos onde eles mais axiña adoptaron os costumes locais foi na alimentación, e moita dela chegou aos nosos días.

Os ostyaques e voguls, por exemplo, bebían o sangue fresco das renos e, cando tal non era posible, aproveitábano para facer panqueiques ou para engrosar a sopa. O peixe xeralmente comíase cru, e para acompañar bebíase seiba de bidueiro. Os kirguiz, buriates e yakutes adoraban kumis - leite de egua fermentado. Os yakutes orgullecíanse particularmente do seu "alcatrán de leite" (non sendo a tradución fiable): trátase dunha mestura cocida de carne, peixe, raíces, herbas e casca de árbores. Todo isto triturábase ben e mesturábase, xuntándoselle despois fariña e leite.

Mais o grande alimento dos siberianos era o reno, no que non se distinguían de todos os outros pobos do Ártico. Os nómades da tundra aproveitaban todo daqueles animais: os globos oculares comíanse como se comen olivas, os labios e orellas eran especialmente apreciados e ata se usaba o contido semidixerido dos intestinos (febras de plantas) para elaborar "pudins negros" (os outros ingredientes eran a gordura e mailo sangue callado).

Divisións administrativas

editar
 
Mapa das cidades e vilas máis grandes de Siberia.

Xeograficamente, Siberia inclúe os suxeitos federais do Distrito Federal dos Urais, o Distrito Federal de Siberia e a República de Sakha, que fai parte do Distrito Federal do Extremo Oriente. Desde un punto de vista histórico, considérase que todo o Extremo Oriente Ruso fai parte de Siberia.

 
Comparación do crecemento das nove cidades máis grandes de Siberia durante o século XX.

As cidades máis importantes inclúen:


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.