Viktor Yushchenko
Viktor Andriyovych Yushchenko (en ucraíno: Віктор Андрійович Ющенко) tamén transcrito Iushenko ou Iúshenko, nado o 23 de febreiro de 1954 na provincia oriental de Sumi, é un político ucraíno, presidente do seu país dende o 23 de xaneiro de 2005 até 2010.
Traxectoria
editarO seu pai combateu na segunda guerra mundial e foi encarcerado en varios campos de concentración de Polonia e Alemaña polos nazis. A súa nai foi profesora de física e matemáticas.
De 1990 a 1993 foi vicepresidente do banco JSC Agroindustrial Bank Ukraina. En 1993 foi designado supervisor do banco central ucraíno, o Banco Nacional de Ucraína (NBU), que dirixíu en 1997 designado polo Parlamento de Ucraína. Nese período estabilizouse a hrivna e retrocedeu a inflación, recibiu créditos do FMI, e iniciou a privatización do vasto patrimonio industrial e da terra que posuía o Estado ucraíno. Deixou o cargo en decembro de 1999.[1]
Carreira política
editarLíder da coalición política A Nosa Ucraína, foi primeiro ministro nos anos 2000 e 2001. O 26 de novembro de 2004 perdeu as eleccións presidenciais. Porén, el e os seus seguidores argumentaron que as eleccións foran corrompidas. Argumentaron que os resultados electorais foran falsificados polo goberno ucraíno, en apoio ao candidato Viktor Yanukovych. Organizaron manifestacións políticas no outono e inverno de 2004, ás que chamaron Revolución Laranxa. Nese tempo Yuliia Tymoshenko e Yushchenko foron fortes aliados, pero distanciáronse posteriormente.[2]
O Tribunal Constitucional ordenou unha segunda volta das eleccións, que gañou Yuschenko.[3] En febreiro de 2010 Yushchenko perdeu as eleccións presidenciais ante Viktor Yanukovych.[4]
Desde decembro de 1999 até maio de 2001, Yushchenko foi o primeiro ministro ucraíno.
Envelenamento
editarYushchenko afirmou que foi envelenado por dioxinas por inimigos políticos.[cando?] Certamente, foi hospitalizado e o seu aspecto mostraba sinais dunha enfermidade grave.[3]
Notas
editar- ↑ /57070/ Escritura do obituario político de Yushchenko, Kyiv Post (14 de xaneiro de 2010)
- ↑ Perfil: Yulia Tymoshenko, BBC News
- ↑ 3,0 3,1 Perfil: Viktor Yushchenko, BBC News
- ↑ Perfil : Viktor Yanukovich, BBC News
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Viktor Yushchenko |
Outros artigos
editar Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |