Saltar ao contido

Ligamento radiocarpal anterior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 23 de marzo de 2024 ás 10:11 por Breobot (conversa | contribucións) (Reemplazos con Replacer: «cara o»)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Ligamento radiocarpal anterior
Ligamentos do pulso. Vista anterior (a ligamento volar é radiocarpial no centro).

O ligamento radiocarpal anterior ou volar é un ligamento do membro superior humano, localizado na parte anterior da articulación radioescafolunar. Insírese na apófise estiloide do radio e dirixísese cara a epífise inferior ou distal do cúbito, dando lugar a numerosas febras cara ao carpo ao longo do seu traxecto. As súas unións ao óso escafoide, ao óso semilunar e ao óso grande (aínda que estas últimas unións son inconstantes) permítenlle ao ligamento manter estable a fileira proximal do carpo.

O ligamento radiocarpal anterior está cuberto por unha fascia superficial, que se insire na apófise estiloide do cúbito e no óso semilunar. Pola parte anterior ou palmar está furado por diversas veas que discorren polo pulso. Por diante está moi preto dos tendóns do músculo flexor común fondo dos dedos da man e do músculo flexor longo do polgar. Por detrás está adherido ao disco articular da articulación radiocubital inferior.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). pag 327 [1]. Edición de 1918 de dominio público.