Saltar ao contido

Aavasaksa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaAavasaksa
Imaxe
Tipomontaña
survey marker (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deArco Xeodésico de Struve Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaYlitornio, Finlandia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 66°23′52″N 23°43′31″L / 66.397816, 23.725325
Bañado porTengeliönjoki (en) Traducir e Rio Torne (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CordilleiraAlpes Escandinavos Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude242 m Editar o valor en Wikidata
Material usadoPlutón Editar o valor en Wikidata
Superficie0,0079 ha
zona de protección: 0,7854 ha Editar o valor en Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data2005 (29ª Sesión)
Identificador1187-010
Registered archaeological site in Finland (en) Traducir
Identificador1000014146
Vista de Aavasaksa ao fondo
Vista desde Aavasaksa

Aavasaksa é un outeiro de Finlandia que se localiza na provincia de Laponia, no concello de Ylitornio preto do río Torne que fai fronteira con Suecia e a 70 quilómetros da vila de Tornio. A súa altitude é de 242 metros destacando sobre o resto do territorio circundante e conformando desde 1994 un dos Paisaxes Nacionais de Finlandia elixidos polo Ministerio de Medio Ambiente.

O lugar foi unha das principais etapas da expedición enviada por Lois XV e dirixida por Pierre Louis Moreau de Maupertuis (1736-1737) co obxectivo de medir a lonxitude dun grao do arco de meridiano á altura do círculo polar para determinar con máis precisión a forma da Terra, e que confirmou a teoría de Isaac Newton de que era aplanada nos polos como unha mandarina. Tamén deixou constancia do seu paso a expedición do explorador italiano Giuseppe Acerbi mentres observaba o sol de medianoite dirixíndose ao Cabo Norte. Aavasaksa tamén foi elixido en 1845 como un dos vértices do sistema de medicións xeodésicas coñecido como Arco Xeodésico de Struve.