Saltar ao contido

Albert Bonniers Förlag

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Albert Bonniers Förlag
Tipoeditorial
Data de fundación1837
Nomeado en referencia aAlbert Bonnier
SedeEstocolmo
PaísSuecia
Na rede
https://www.albertbonniersforlag.se/
editar datos en Wikidata ]
Predio Bonner, sede da compañía.

Albert Bonniers Förlag é unha editorial sueca fundada en 1837, unha das máis antigas empresas editoriais[1].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Albert Bonnier fundou a compañía en 1837 en Estocolmo. Co seu fillo Karl Otto Bonnier, a empresa medrou até se converter nunha das principais editorias de toda Suecia.

Foi a responsable da publicación de obras de August Strindberg, Verner von Heidenstam, Gustaf Fröding, Selma Lagerlöf ou Hjalmar Söderberg. Algúns dos seus autores contemporáneos son Tomas Tranströmer, Carlos Ruiz Zafón, Dan Brown e Åsa Larsson.

EN 2016 formaba parte do Grupo Bonnier, corporación familiar que engloba máis de cento cincuenta empresas.

  1. Albert Bonniers Förlag, ed. (3 de setembro de 2012). «Welcome to Albert Bonniers Förlag» (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]