Saltar ao contido

Ambliopía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ambliopia
Clasificación e recursos externos
Neno con parche para ambliopía
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Ambliopía, ollo vago ou ollo preguiceiro é unha disfunción oftálmica caracterizada por unha diminución da agudeza visual de forma unilateral ou bilateral, sen que o ollo afectado presente anomalía estrutural. É a causa máis común de discapacidade visual en nenos e adultos novos e de mediana idade. Foi descrita por primeira vez en 1600.

Definición

[editar | editar a fonte]

A ambliopía enténdese como a deterioración do desenvolvemento normal do sistema visual (véxase sistema visual) dun ollo (ou máis raramente os dous) durante o período de maduración do sistema nervioso central (especificamente para o sistema visual, a maduración do SNC esténdese até os 6-7 anos de idade), sen que exista ningunha lesión orgánica ou con lesión orgánica desproporcionada á intensidade da diminución da agudeza visual.

A baixa agudeza visual atopada na ambliopía débese ao desenvolvemento incompleto da visión foveal (ver fóvea), coa visión periférica preservada e o campo visual (v. campimetría ) e agudeza visual escotópica normal.

Causas e prevalencia

[editar | editar a fonte]

A ambliopía pode ser causada por calquera condición que interfira co foco dos ollos durante a primeira infancia. Isto pode ocorrer debido á mala aliñación dos ollos, astigmatismo, miopía, nistagmo, hipermetropía ou opacidade do cristalino.[1] Aínda que se corrixa a causa subxacente, o foco non se restaura inmediatamente xa que o cerebro tamén está implicado neste mecanismo. Debido a que é unha condición difícil de detectar, recoméndase a realización de probas de visión para todos os nenos de entre 4 e 5 anos.

Nos nenos, maniféstase ao redor dos cinco anos. [2] Estímase que entre o 1 e o 5% da poboación adulta presenta este trastorno. Aínda que o tratamento mellora o foco, o ollo afectado non se pode corrixir completamente.

Basicamente, establécense os seguintes tipos de ambliopía, dependendo da causa responsable da deterioración da visión:

• Ambliopía por estrabismo : cando hai desharmonía entre os dous eixos visuais paralelos e este cambio é perenne. O estrabismo intermitente non leva a unha discapacidade grave. A visión foveal do ollo desviado será inferior á do ollo normalmente fixo a través da mácula.

• Ambliopía por ametropía: erros de refracción significativos e non corrixidos en ambos ollos impiden a formación dunha imaxe nítida, dificultando o pleno desenvolvemento da agudeza visual.

• Ambliopía por anisometropía: diferenzas superiores a 2,0 dioptrías entre os dous ollos, xa sexa por miopía, hipermetropía ou astigmatismo, poden favorecer unha interacción binocular anormal, provocando o fenómeno de supresión na visión do ollo máis ametrópico e a súa consecuente ambliopía.

• Ambliopía de privación (ou “ex-anopsia”): prodúcese pola existencia dunha barreira para a chegada da luz á retina en toda a súa intensidade, impedindo a formación dunha imaxe ben definida. As causas poden ser: leucoma corneal, catarata conxénita uni ou bilateral, ptose palpebral, opacidades vítreas, hifema, entre outras.

Tratamento

[editar | editar a fonte]

A detección precoz axuda a un tratamento exitoso. Nalgúns casos, o uso de lentes é suficiente para corrixir a ambliopía. Porén, moitas veces é necesario un tratamento que obriga ao neno a usar só o ollo afectado. Isto faise usando un parche ocular adhesivo ou instilando atropina no ollo máis forte. Sen tratamento, a ambliopía adoita persistir na idade adulta, cando os tratamentos xa non son eficaces.

  1. "Facts About Amblyopia". 2013. Consultado o 17 de agosto de 2016. 
  2. Jefferis et al 2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]