Axuda:Introdución ás referencias con Editor Visual/1
Verificabilidade
Engadir referencias
Editar referencias existentes
Reusar referencias
Fontes fiables
Resumo
|
Unha das principais políticas de Wikipedia é que o contido de todo artigo ten que ser verificable. Isto significa que deben existir fontes fiables que apoien esa información. Toda afirmación e calquera material cuxa verificabilidade fose ou poida ser cuestionada debe incluír unha cita embebida dunha fonte. Isto quere dicir que Wikipedia non é lugar para traballos orixinais ou documentación que non fose publicada previamente. Se está a engadir contido novo, é a súa responsabilidade engadir xunto con el a fonte de orixe da información. O material engadido sen proporcionar a fonte é máis propenso a ser eliminado dun artigo. Ás veces, este material etiquétase primeiro co modelo {{Cómpre referencia}} (que aparece nos artigos como: [Cómpre referencia]) para dar tempo a atopar e engadir fontes antes de que se elimine, pero en ocasións simplemente elimínase debido ás dúbidas sobre a súa veracidade. Este titorial mostraralle como engadir citas embebidas nos artigos e tamén explica brevemente o que Wikipedia considera que é unha fonte fiable.
|