Beatrice Straight
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Beatrice Whitney Straight 2 de agosto de 1914 Old Westbury, Estados Unidos de América (en) |
Morte | 7 de abril de 2001 (86 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Causa da morte | pneumonía |
Lugar de sepultura | William Henry Lee Memorial Cemetery (en) |
Educación | Dartington Hall (en) Cornish College of the Arts (en) |
Actividade | |
Ocupación | actriz de teatro, actriz de cinema, actriz de televisión |
Período de actividade | 1951 - 1991 |
Familia | |
Cónxuxe | Peter Cookson (1949–1990) Louis Dolivet (–1949) |
Fillos | Gary Cookson () Peter Cookson Tony Cookson () Peter Cookson |
Pais | Willard Dickerman Straight e Dorothy Payne Whitney |
Irmáns | Michael Straight Whitney Straight |
Premios | |
| |
|
Beatrice Whitney Straight, nada en Old Westbury (Nova York) o 2 de agosto de 1914 e finada nos Ánxeles o 7 de abril de 2001 foi unha actriz estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada nos Estados Unidos, tiña catro anos cando o seu pai morreu de gripe mentres participaba na primeira guerra mundial. Tralo novo matrimonio da súa nai, toda a familia marchou a Inglaterra, onde foi educada e onde comezou a actuar en obras teatrais. De volta ao seu país, debutou en Broadway en 1939.
Straight era membro de Actors Studio e tamén apareceu nos primeiros anos da televisión. Porén, a súa presenza no cinema foi menos habitual, destacando a súa interpretación en Network, un mundo implacable (1976), coa que gañou o Oscar á mellor actriz secundaria. Neste filme aparece tan só cinco minutos e corenta segundos, o que a converte na interpretación máis curta que gañou un Oscar.[1]
Tras anos sufrindo o alzhéimer finou de pneumonía aos oitenta e seis anos.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Filme | Ano |
---|---|
Phone Call from a Stranger | 1952 |
The Silken Affair | 1956 |
Patterns | 1956 |
Historia dunha monxa | 1959 |
The Young Lovers | 1959 |
The Garden Party | 1973 |
Network, un mundo implacable | 1976 |
Bloodline | 1979 |
The Promise | 1979 |
The Formula | 1980 |
Endless Love | 1981 |
Poltergeist | 1982 |
Two of a Kind | 1983 |
Wes Craven's Chiller | 1985 |
Robert Kennedy & His Times | 1985 |
Power | 1986 |
Deceived | 1991 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tim Dirks (20 de maio 2008). "Academy Awards Best Supporting Actor". filmsite.org. Consultado o 13 de xullo de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Beatrice Straight na IMDb (en inglés).