Saltar ao contido

Beatriz dos Países Baixos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaA Súa Alteza Real Editar o valor en Wikidata
Beatriz dos Países Baixos

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(nl) Beatrix Wilhelmina Armgard Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de xaneiro de 1938 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Palacio de Soestdijk, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Raíña dos Países Baixos
30 de abril de 1980 – 30 de abril de 2013
← Xiana dos Países BaixosGuillerme Alexandre de Orange-Nassau → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa protestante nos Países Baixos Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Leiden Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca (1980–2013), aristócrata Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1953 Editar o valor en Wikidata - 2010 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Outro
TítuloPrincesa (2013–)
Raíña dos Países Baixos (1980–2013)
Princesa (1938–)
Princesa dos Países Baixos (1938–1980)
Princesa (1938–) Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Orange-Nassau Editar o valor en Wikidata
CónxuxePrince Claus of the Netherlands (1966–2002), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosGuillerme Alexandre de Orange-Nassau, Prince Friso of Orange-Nassau, Constantino dos Países Baixos Editar o valor en Wikidata
PaisBernaldo de Lippe-Biesterfeld Editar o valor en Wikidata  e Xiana dos Países Baixos Editar o valor en Wikidata
IrmánsIrea dos Países Baixos
Margarida dos Países Baixos
Cristina dos Países Baixos Editar o valor en Wikidata
ParentesVitoria de Suecia, afillado Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Discogs: 2650731 WikiTree: Van_Oranje-Nassau-1 Editar o valor en Wikidata

Beatriz dos Países Baixos (Beatrix Wilhelmina Armgard van Orange-Nassau), nada en Baarn o 31 de xaneiro de 1938, foi a raíña do Reino dos Países Baixos entre o 30 de abril de 1980 e o 30 de abril de 2013, cando abdicou en favor do seu fillo Guillerme Alexandre. Filla da raína Xiana e o príncipe Bernaldo, desde a súa abdicación é Princesa dos Países Baixos, Princesa de Orange-Nassau e Princesa de Lippe-Biesterfeld.

En 1940 Beatriz e o resto da familia real marchou ao exilio trala invasión alemá dos Países Baixos. Trala liberación (1945) volveu ao país. O 28 de xaneiro de 2013 anunciou a súa decisión de abdicar o 30 de abril, trixésimo terceiro aniversario da súa investidura real, a favor do herdeiro, o seu fillo o príncipe Guillerme Alexandre dos Países Baixos.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Infancia e xuventude

[editar | editar a fonte]

A raíña Beatriz é filla da raíña Xiana dos Países Baixos e do príncipe Bernaldo de Lippe-Biesterfeld. Os seus padriños son o rei Leopoldo III de Bélxica, o Duque Adolfo de Mecklenburg-Schwerin (irmán do príncipe Henrique, o seu avó materno), a princesa Alicia, condesa de Athlone e Allene, condesa de Kotzebue. É descendente directa de Sofía, Electora de Hannover, a través da súa neta Ana, princesa real de Orange (1709-1759). Ao ser descendente de Sofía podería reclamar a nacionalidade británica baseada no Acta de Naturalización de Sofía de 1705, xa que naceu antes de que fose abolida en 1948.

Cando a raíña era unha nena, a familia real holandesa tivo que fuxir cando Alemaña invadiu os Países Baixos ao comezo da segunda guerra mundial, trasladándose ao Reino Unido en maio de 1940 e posteriormente a Otava, Canadá. Durante o seu exilio viviu nunha residencia de Stornoway, a residencia oficial de líder da oposición no Canadá.

Asistiu á gardaría e á escola pública Rockcliffe Park. Ao seu regreso aos Países Baixos, continuou a súa educación primaria en De Werkplaats en Bilthoven. En abril de 1950, matriculouse no Incrementum, unha parte do Baarnsch Lyceum, onde en 1956 graduouse en artes e clásicos.

O 31 de xaneiro de 1956, a princesa celebrou o seu 18º aniversario. Desde esa data, segundo a Constitución dos Países Baixos, debía estar preparada para asumir a súa posición real, chegado o momento. Nese momento a súa nai enviouna ao Consello de Estado. A princesa Beatriz comezou os seus estudos universitarios ese mesmo ano na Universidade de Leiden. No seu primeiro ano na universidade asistiu a cursos de socioloxía, xurisprudencia, economía, historia política e dereito constitucional. Ao longo dos seus estudos tamén asistiu a cursos sobre a cultura de Suriname e as Antillas Holandesas, a Constitución dos Países Baixos, asuntos internacionais, historia e dereito europeo. Mentres se atopaba na universidade, a princesa visitou varias organizacións europeas e internacionais en Xenebra, Estrasburgo, París e Bruxelas. Tamén foi unha socia activa das Mulleres de Leiden, unha asociación estudantil. No verán de 1959 superou o seu exame preliminar na carreira de dereito, obtendo o seu título en xullo de 1961.

Carreira política e matrimonio

[editar | editar a fonte]

A súa aparición na escena política foi case inmediatamente marcada pola controversia. En 1965 a princesa Beatriz comprometeuse co aristócrata alemán Claus von Amsberg, un diplomático que traballaba para o ministerio de Exteriores de Alemaña. O seu matrimonio provocou manifestacións e protestas no día da voda o 10 de marzo en Ámsterdan, provocadas porque o príncipe Claus servira nas Mocidades Hitlerianas e na Wehrmacht e polo tanto, unha parte da poboación holandesa asociábao co nazismo alemán. Entre as protestas xurdiu o memorable slogan Quero que me devolvan a miña bicicleta, unha referencia ao período de ocupación alemá durante a segunda guerra mundial, cando os soldados ocupantes confiscaron as bicicletas holandesas. Unha bomba de fume foi botada contra a carruaxe nacional por un grupo de alborotadores, provocando un violento enfrontamento coa policía. Con todo, a medida que pasaba o tempo, o príncipe Claus converteuse nun dos membros máis populares da familia real holandesa e a súa morte no ano 2002 foi moi lamentada.

Novos disturbios producíronse o 30 de abril de 1980, durante a investidura (os soberanos dos Países Baixos non son coroados como tales) da raíña Beatriz. Algunhas persoas, principalmente anarquistas, utilizaron a ocasión para protestar contra as malas condicións para atopar fogar nos Países Baixos e contra a monarquía en xeral. Os choques coa policía e as forzas de seguridade foron brutais e violentos. Estes incidentes reflectiríanse na literatura contemporánea holandesa nos libros de A.F. Th van der Heijden.

Co príncipe Claus von Amsberg tivo tres fillos:

O 29 de abril de 1980, Beatriz subiu ao trono trala abdicación da súa nai, a raíña Xiana. Asumiu o seu papel como raíña con máis formalidade e profesionalidade que a súa nai. Aínda que a monarquía holandesa segue sendo extremadamente popular, recentemente moitos medios de comunicación criticaron á familia real, publicando moitas historias escandalosas similares ás que afectaron á monarquía británica nas últimas décadas. Moitos holandeses consideran á monarquía máis como un símbolo estético que como unha institución que xogou e xoga un papel importante na sociedade holandesa. Como resultado, a principal preocupación da raíña Beatriz na actualidade é manter á monarquía como unha institución moderna e eficiente, e sobre todo, en sintonía cos desexos do pobo holandés.

Como raíña, Beatriz dispón de maior poder que a maioría dos monarcas europeos. En temas nacionais non adoita pronunciarse politicamente, con todo, a raíña destaca nas relacións internacionais. Nunha ocasión ameazou con destituír a un ministro do goberno se rexeitaba a súa petición de abrir unha embaixada holandesa en Xordania.

O 6 de outubro de 2002 o príncipe Claus, esposo da raíña, morreu logo dunha longa enfermidade. Un ano e medio despois a súa nai, a raíña Xiana, morreu logo dunha longa loita contra a demencia senil, mentres o seu pai, o príncipe Bernaldo sucumbía de cancro en decembro de 2004.

A raíña Beatriz raramente é mencionada directamente na prensa, xa que o servizo de información do goberno (Rijksvoorlichtingsdienst) condiciona as entrevistas a que non sexa citada expresamente. Esta norma foi introducida pouco logo da inauguración deste servizo, para protexela de complicacións políticas que puidesen xurdir de expresións fóra de contexto. Con todo, esta norma non se aplica ao seu fillo, o Príncipe Guillerme Alexandre dos Países Baixos.

O 8 de febreiro de 2005 Beatriz recibiu un doutoramento honorario da Universidade de Leiden. Nun xesto extraordinario, aceptouno, xa que normalmente non adoita aceptar este tipo de distincións. No seu discurso de aceptación reflectiu o seu período como raíña durante 25 anos.[2]

O 29 de abril e o 30 de abril de 2005 celebrou o 25º aniversario do seu reinado. Foi entrevistada na televisión holandesa, celebrouse un concerto en Dam Square en Ámsterdan e houbo unha gran celebración na Haia, a sede do goberno do país.

O 28 de xaneiro de 2013 anunciou a súa decisión de abdicar o 30 de abril, coincidindo co trixésimo terceiro aniversario da súa investidura real, a favor do herdeiro, o seu fillo o príncipe Guillerme Alexandre de Orange-Nassau.[1]

Ascendencia

[editar | editar a fonte]
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Conde Xulio Pedro de Lippe-Biesterfeld
 
 
 
 
 
 
 
8. Conde Ernesto Casimiro de Lippe-Biesterfeld
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Condesa Adelaida Clotilde de Castell-Castell
 
 
 
 
 
 
 
4. Príncipe Bernaldo Casimiro de Lippe-Biesterfeld
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Conde Leopoldo Otón de Wartensleben
 
 
 
 
 
 
 
9. Condesa Carolina Frederica de Wartensleben
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Matilde Halbach-Bohlen
 
 
 
 
 
 
 
2. Príncipe Bernaldo Leopoldo de Lippe-Biesterfeld
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Wolfgang Adolfo de Cramm
 
 
 
 
 
 
 
10. Barón Aschwin Thedel de Sierstorpff-Cramm
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Eduvixis de Cramm
 
 
 
 
 
 
 
5. Armgard Kunigunde de Sierstorpff-Cramm
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Conde Ernesto Mauricio de Sierstorpff-Driburg
 
 
 
 
 
 
 
11. Baronesa Sofía Eduvixis de Sierstorpff-Driburg
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Baronesa Clara Carolina de Vincke
 
 
 
 
 
 
 
1. Raíña Beatriz dos Países Baixos
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Gran Duque Paulo Frederico de Mecklemburgo-Schwerin
 
 
 
 
 
 
 
12. Gran Duque Frederico Francisco II de Mecklemburgo-Schwerin
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Princesa Alexandrina María de Prusia
 
 
 
 
 
 
 
6. Duque Henrique Vladimiro de Mecklemburgo-Schwerin
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Príncipe Adolfo de Schwarzburg-Rudolstadt
 
 
 
 
 
 
 
13. Princesa María Carolina de Schwarzburg-Rudolstadt
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Princesa Matilde de Schönburg-Waldenburg
 
 
 
 
 
 
 
3. Raíña Xiana dos Países Baixos
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Rei Guillerme II dos Países Baixos
 
 
 
 
 
 
 
14. Rei Guillerme III dos Países Baixos
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Gran Duquesa Ana Pávlovna de Rusia
 
 
 
 
 
 
 
7. Raíña Guillermina I dos Países Baixos
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Príncipe Xurxo Víctor de Waldeck e Pyrmont
 
 
 
 
 
 
 
15. Princesa Emma Guillermina de Waldeck e Pyrmont
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Princesa Helena Guillermina de Nassau
 
 
 
 
 
 
  1. 1,0 1,1 La Voz de Galicia, ed. (29 de xaneiro de 2013). "Beatriz de Holanda abdica no seu fillo Guillerme Alexandre". 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2005. Consultado o 22 de agosto de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]