Brenda Fricker
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de febreiro de 1945 (79 anos) Dublín, Irlanda |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de cinema, actriz de teatro |
Período de actividade | 1964 - |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Brenda Fricker, nada en Dublín o 17 de febreiro de 1945 é unha actriz irlandesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fricker naceu en Dublín,[1] filla de Bina Murphy, profesora en Stratford College, e Desmond Frederick Fricker, traballador do Departamento de Agricultura e xornalista de The Irish Times.[2]
De adolescente quixo seguir os pasos do seu pai no xornalismo.[3] Antes de converterse en actriz foi axudante do editor de arte de Irish Times, coa esperanza de chegar a ser reporteira. Aos dezanove anos fíxose actriz "por casualidade",[3] debutando nun pequeno papel sen acreditar en Of Human Bondage (1964), baseado na novela homónima de W. Somerset Maugham. Tamén apareceu en Tolka Row, primeira telenovela irlandesa.
En 1977 interpretou unha enfermeira na serie Coronation St e fíxose popular no Reino Unido por outro papel de enfermeira, Megan Roach no drama da BBC One Casualty, papel que abandonou en decembro de 1990 tras 65 episodios.
Fricker acadou gran recoñecemento internacional en 1989 cando gañou o Oscar á mellor actriz secundaria por interpretar a nai de Christy Brown en O meu pé esquerdo. Volveu traballar co director Jim Sheridan en The Field (1990). Tras estes filmes continuou o seu traballo na televisión e participou en filmes de Hollywood, como Home Alone 2: Lost in New York.
En xullo do 2014 retirouse da interpretación.[4]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1964 | Of Human Bondage | uncredited | |
1969 | Sinful Davey | sen acreditar | |
1978-79 | The Quatermass Conclusion | Alison Thorpe | Serie de televisión |
1979 | The Music Machine | Mrs. Pearson | |
1980 | Bloody Kids | Nurse | |
1982 | The Ballroom of Romance | Bridie | |
1985 | The Woman Who Married Clark Gable | Mary | |
1986-90, 1998, 2007, 2010 |
Casualty | Megan Roach | Serie de televisión |
1989 | My Left Foot | Mrs. Brown | |
1990 | The Field | Maggie McCabe | |
1991 | Brides of Christ | Sister Agnes | |
1992 | The Sound and the Silence | Eliza | Serie de televisión |
1992 | Utz | Marta | |
1992 | Seekers | Stella Hazard | Serie de televisión |
1992 | Home Alone 2: Lost in New York | Central Park Pigeon Woman | |
1993 | So I Married an Axe Murderer | May Mackenzie | |
1993 | Deadly Advice | Iris Greenwood | |
1994 | A Man of No Importance | Lily Byrne | |
1994 | Angels in the Outfield | Maggie Nelson | |
1995 | Journey | Lottie | Telefilme |
1996 | Moll Flanders | Mrs. Mazzawatti | |
1996 | A Time to Kill | Ethel Twitty | |
1996 | Swann | Rose Hindmarch | |
1997 | Masterminds | Principal Claire Maloney | |
1998 | Painted Angels | Annie Ryan | |
1998 | Resurrection Man | Dorcas Kelly | |
1998 | Pete's Meteor | Lily | |
1999 | Resurrection | Nai de Clare | Remake para televisión do filme de 1980 |
1999 | Durango | Aunt Maeve | |
2000 | Cupid & Cate | Willie Hendley | |
2001 | The War Bride | Betty | |
2002 | The Intended | Mrs. Jones | |
2003 | Conspiracy of Silence | Annie McLaughlin | |
2003 | Veronica Guerin | Bernadette "Bernie" Guerin | |
2003 | Watermelon | Teresa Ryan | |
2004 | Trauma | Petra | |
2004 | Omagh | Police Ombudsman Nuala O'Loan | Telefilme |
2004 | Call Me: The Rise and Fall of Heidi Fleiss | Madame Alex | Telefilme |
2004 | Inside I'm Dancing | Eileen | |
2004 | Razor Fish | Molly | |
2005 | Milk | Nan | |
2005 | Tara Road | Mona | |
2007 | How About You | ||
2007 | Closing the Ring | Grandma Reilly | |
2008 | Stone of Destiny | ||
2008 | Beautiful People | Narg | Episodio: "How I Got My Beads" |
2010 | Locked In | Joan | |
2011 | Cloudburst | Dot | |
2011 | Albert Nobbs | Polly | |
2013 | A Long Way from Home | Brenda | |
2013 | Forgive Me | Mrs. Smith |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ""Brenda Fricker Biography" en Biography.com". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2012. Consultado o 30 de xuño de 2015.
- ↑ "The Sunday Times, 2 de novembro de 2008, "Profile: Brenda Fricker, the star who makes Home Alone true"". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 30 de xuño de 2015.
- ↑ 3,0 3,1 "Brenda Fricker en holby.tv". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2007. Consultado o 30 de xuño de 2015.
- ↑ [1]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Brenda Fricker na IMDb (en inglés).