Cel shading
O cel shading ou toon shading, (de cartoon, sombreado de debuxos animados) é un tipo de renderizado e procesamento non-fotorrealista deseñado para facer que os gráficos por ordenador aparezan debuxados e/ou pintados a man. O cel shading úsase para imitar o estilo dos cómics e debuxos animados 2D (en dúas dimensións). É unha incorporación relativamente nova aos gráficos por ordenador, e é moi común en certas películas e videoxogos de consola. Aínda que o resultado pode parecer sinxelo, é un proceso complexo. O nome provén das láminas de acetato transparente, skies en inglés, que eran pintadas a man na produción de animacións tradicionais en 2D, como os clásicos de Walt Disney; e shading é 'sombreado' en inglés, o termo shader, do que procede, emprégase nas infografías para definir os materiais dun obxecto segundo as características físicas que teñen que emular (por exemplo, vidro, plástico, madeira ou metais).
Normalmente a renderización das imaxes creadas con este tipo de material debe realizarse en dúas fases, por unha banda a cor e o efecto de volume (luces e sombras) se é que se quere empregar, ou a cor só nas producións nas que non hai volumetría, e por outro lado a liña debuxando o perfil e a forma dos obxectos; as dúas partes únense posteriormente mediante técnicas de posprodución.
Unha das primeiras veces que se utilizou esta técnica foi na serie do Dr. Slump lanzada en 1997. Nos videoxogos, un dos exemplos máis característicos é a saga Zelda de 2002 (The Legend of Zelda: The Wind Waker); unha versión sofisticada destes acabados é o Prince of Persia de 2008.
Os acabados resultantes deste tipo de renders son similares aos logrados coa técnica do rotoscopio, unha técnica moi utilizada nos primeiros filmes de Disney. Unha das últimas películas en utilizar esta técnica foi A Scanner Darkly (2006), protagonizada por Keanu Reeves, na que se usou un programa especial chamado Rotoshop (de Flat Black Films) para acelerar o proceso.[1] Está en desenrolo un videoxogo sobre o filme.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pàgina oficial de Flat Black Films (en inglés)
- ↑ "Reseña do xogo "John Wick Hex"". Revista Morcego. Consultado o 8-1-2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cel shading |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Tráiler do videoxogo Prince of Persia (2008).
- Tráiler da película A Scanner Darkly (2006).
- O estilo de sombreado celular. Artigo sobre este estilo nos videoxogos (en inglés)