Saltar ao contido

Conca do Sistán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaConca do Sistán
Imaxe
Tiporexión xeográfica
conca
Conca endorreica Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaSistan e Baluchistão, Irán (pt) Traducir, Farah, Afganistán (pt) Traducir e Nimruz, Afganistán (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 29°50′07″N 61°56′30″L / 29.8353, 61.9417
Características
Altitude500 m Editar o valor en Wikidata

A conca do Sistán é unha conca endorreica interior que comprende gran parte do suroeste de Afganistán e do sueste de Irán, unha das rexións máis secas do mundo e unha área sometida a unha prolongada seca. Esta conca hidrográfica está formada por un sistema de ríos que flúen dende as montañas de Afganistán até desaugar nun conxunto de lagos de auga doce e áreas pantanosas; estes, á súa vez, en época de grandes choivas desbordan e acaban fluíndo na depresión salina de Godzareh, en Afganistán, o destino final. O río Helmand drena a maior conca hidrográfica, alimentada principalmente polo desxeo das montañas de Hindu Kush, mais outros ríos contribúen tamén.[1][2]

Un outeiro de basalto, coñecida como monte Khajeh, érguese xunto ós lagos e pantanos da conca.

Importancia ecolóxica

[editar | editar a fonte]

Dado que a economía da rexión se basea na agricultura, a subsistencia depende do desxeo e as precipitacións nas altas montañas para manter a saúde da conca do Sistán e as súas zonas húmidas. Esta fonte de auga varía moito co tempo, o que provoca problemas fundamentais para a supervivencia dos asentamentos humanos na zona. Unha severa seca comezou a finais do século XX e durou seis anos, até 2005, con consecuencias extremas para a poboación.[1]

A supervivencia económica da rexión depende dos produtos da zona húmida. Por exemplo, os leitos de xunqueiras achegan alimento para o gando, combustible para cociñar e quentarse, e materias primas para estruturas e artesanías. A dispoñibilidade de auga afecta os ingresos derivados da pesca e da caza, unha importante fonte de ingresos. O resultado da seca foi o colapso da economía local, así como a destrución do sistema ecolóxico das zonas húmidas, causando danos á agricultura no delta que se basea na irrigación desde o río Helmand.[3]

  1. 1,0 1,1 "History of Environmental Change in the Sistan Basin 1976 - 2005" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de agosto de 2007. Consultado o 05 de febreiro de 2019. 
  2. "Restoration, Protection and Sustainable Use of the Sistan Basin". 
  3. "History of Environmental Change in the Sistan Basin". www.envirosecurity.org. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 05 de febreiro de 2019.