Saltar ao contido

Crespi d'Adda

Modelo:Xeografía físicaCrespi d'Adda
Imaxe
Tipofracción xeográfica
mill town (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCapriate San Gervasio, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 45°35′48″N 9°32′10″L / 45.596666666667, 9.5361111111111
Características
Altitude180 m Editar o valor en Wikidata
Superficie0,64 km² Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Europa-América do Norte
Data1995 (19ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iv) e (v) Editar o valor en Wikidata
Identificador730
Historia
Data de creación ou fundación1878 Editar o valor en Wikidata
Actividade
FundadorCristoforo Benigno Crespi Editar o valor en Wikidata

Sitio webcrespidaddaunesco.org Editar o valor en Wikidata

Crespi d'Adda é unha vila do norte de Italia e unha aldea (frazione) de Capriate San Gervasio, un concello da provincia de Bérgamo, Lombardía. É un asentamento histórico e un exemplo destacado das "cidades empresarias" dos séculos XIX e principios do XX construídas en Europa e América do Norte por industriais ilustrados para satisfacer as necesidades dos traballadores. O sitio aínda está intacto e úsase en parte con fins industriais, aínda que as condicións económicas e sociais cambiantes ameazan agora a súa supervivencia.[1] Desde 1995 está na lista da UNESCO de Patrimonio da Humanidade.

Século XIX

[editar | editar a fonte]
O Castelo de Crespi

En 1869 Cristoforo Benigno Crespi, un fabricante téxtil de Busto Arsizio Varese, comprou o val de 1 km entre os ríos Brembo e Adda, ao sur de Capriate, coa intención de instalar unha fábrica de algodón nas beiras do Adda.[2]

Cristoforo Crespi introduciu os máis modernos procesos de fiado, tecido e acabado na súa fábrica de Algodón.[3] A central hidroeléctrica de Trezzo, no río Adda uns poucos quilómetros máis arriba, construíuse arredor de 1906 para o fabricante Cristoforo Benigno Crespi.[4] O asentamento que se construíu en 1878 a carón da fábrica de algodón había unha aldea, unha zona residencial provista de servizos sociais como unha clínica, un edificio escolar, un teatro, un cemiterio, un lavadoiro e unha igrexa.[5][6]

Tanto a cidade como a fábrica foron iluminadas grazas á luz eléctrica.[7] A aldea de Crespi d'Adda foi a primeira aldea de Italia en ter unha iluminación pública moderna.[8] As casas dos traballadores, de inspiración Inglesa, están aliñados en orde ao longo de estradas paralelas ao leste da fábrica.[3] Unha avenida arbolada separa a zona de produción das casas, con vistas a un plano de estradas tipo taboleiro de axedrez.[9] Toda a arquitectura e urbanismo (agás o primeiro departamento de fiadura, creado polo enxeñeiro Angelo Colla), entregáronse ao arquitecto Ernesto Pirovano. Durante uns cincuenta anos, Pirovano, axudado polo enxeñeiro Pietro Brunati, dirixiu a construción da aldea.[7] Construíronse maquetas para educar e exemplificar as novas tendencias do pensamento social e os avances científicos aos habitantes.

En 1889 o fillo de Cristoforo, Silvio Benigno Crespi, comezou a traballar na fábrica como director, despois de pasar un tempo en Oldham, Inglaterra.[7] Apartouse dos grandes bloques de ocupación múltiple en favor da casa unifamiliar, con xardín propio, que consideraba propicia para a harmonía e unha defensa contra a loita industrial. Puxo en práctica esta política en 1892 e os anos seguintes, con éxito, xa que non houbo folgas nin outra forma de desorde social durante os cincuenta anos de xestión de Crespi.[2]

Século XX

[editar | editar a fonte]

A Gran Depresión de 1929 e a dura política fiscal do réxime fascista fixeron que a familia Crespi vírase na obriga de vender a cidade enteira a STI, "a empresa téxtil italiana", que a cedeu á empresa Rossarl e Varzi en 1970. Despois pasou á empresa Legler, que vendeu a maioría das vivendas. Finalmente estivo en mans do grupo industrial Polli, que daba traballo a unhas 600 persoas, fronte aos 3200 empregados nos anos de máxima actividade.[2]

Hoxe a aldea está habitada por unha comunidade que descende en gran parte dos traballadores orixinais. A fábrica deixou de producir en 2004, sendo o seu campo de actividade ao longo da súa vida laboral a produción téxtil de algodón.

En outubro de 2013, anunciouse que Antonio Percassi estaba a comprar Crespi d'Adda para convertila na sede do grupo Percassi Business, así como na sede da nova Fundación da Familia Antonio Percassi.[10]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A aldea está situada na beira oriental do río Adda, xunto ás fronteiras provinciais da provincia de Bérgamo con Milán, ao sur de Capriato San Gervasio. Outros asentamentos máis próximos son Trezzo sull'Adda, Brembate, Vaprio d'Adda e Canonica d'Adda.[11] Atópase a 19 km de Bérgamo e do seu aeroporto, a 30 km de Monza e a 47 km de Milán. A saída da autoestrada máis próxima, "Capriate", está a 2 km ao norte e forma parte da Autoestrada A4 Turín-Trieste.

Monumentos e Lugares de Interese

[editar | editar a fonte]

Arquitectura relixiosa

[editar | editar a fonte]
Igrexa parroquial

A igrexa parroquial construíuse a partir de 1891 baixo a dirección do enxeñeiro Pietro Brunati e inaugurouse en novembro de 1893 coa inauguración polo bispo Gaetano Camillo Guindani.[12] A igrexa é a reconstrución do santuario mariano en Busto Arsizio. A igrexa adicouse a Sta. María dell'Aiuto que data de 1517. O deseñador é descoñecido, pero nela traballaron algúns arquitectos e escultores importantes, como Lonati e Tommaso Rodari.[12] Esta igrexa representa o vínculo ideal entre a cidade natal da familia Crespi, Busto Arsizio, e a vila, que representaba a mellor expresión do sector industrial téxtil.[13]

A igrexa parroquial de Crespi d'Adda ten planta cadrada cunha base formada plor Adda e remata cunha gran cúpula octogonal rodeada externamente por unha falería de mármore branco.[13] No seu interior hai moitos frescos e lenzos encargados directamente por Cristoforo Crespi.[12]

Aínda hoxe, a igrexa é utilizada pola poboación local para os ritos relixiosos ordinarios.

O cemiterio

[editar | editar a fonte]

As obras para a construción do cemiterio comezaron en 1905 por encargo de Cristoforo Crespi e quedou listo en novembro de 1908.[12] O cemiterio é unha construción monumental onde se atopa o mausoleo, dedicada á familia Crespi, é o núcleo principal. No mausoleo atópanse as tumbas dos membros da familia.[12]

O castelo

[editar | editar a fonte]
O castelo

O castelo de Crespi construíuse entre 1893 e 1894. O castelo foi a casa señorial da familia e o seu estilo é propio da arquitectura medieval do século XII. O arquitecto foi Ernesto Pirovano.[14]

O pazo era a residencia de verán da familia.[14]

A finais de 1960, o concello de Capriate San Gervasio conseguiu a propiedade do edificio. De 1968 a 1981 pasou a ser o instituto de ensino secundario da vila e despois un instituto profesional. En 1977 o edificio vendeuse a uns compradores particulares. Todos estes usos implicaron algúns cambios importantes na estrutura arquitectónica e nos estilos decorativos.[14]

Hoxe, o edificio foi declarado ben de interese histórico.[14]

A fábrica e as casas

[editar | editar a fonte]

A fábrica comezou a súa actividade en xullo de 1878 e a súa produción dedicouse totalmente á transformación do algodón e á produción de téxtiles.[15] Con Silvio Crespi produciuse unha ampliación da fábrica, grazas ao proxecto feito por Pietro. Brunati, e houbo unha nova inauguración en 1894 coa presenza da Raíña Margarida. As novas liñas produtivas comezaron a funcionar de forma sistemática en 1896. Esta fábrica era o centro da vila e alí traballaban todos os habitantes. A fábrica era o núcleo obreiro da vila e a vida dos traballadores dependía da produción fabril. Cada persoa da vila tiña a súa casa e todas eran iguais, agás as dos encargados, o médico e o cura que tiñan outras máis luxosas. Inicialmente, no proxecto de Cristoforo Crespi, non existía a idea dunha xerarquía, senón que a situación desenvolvíase porque o ambiente social da época mudou e mostraba diferentes niveis de riqueza.[15]  Ao longo da súa historia, a fábrica sufriu varios cambios estruturais para axustarse aos cambios na produción industrial e na fabricación de produtos téxtiles.[15]

En 1973 Legler, unha empresa téxtil, comprou a fábrica e comezou a traballar ata 2003, cando a fábrica pechou por quebra.[16]

Hoxe a fábrica é un museo ao aire libre de arqueoloxía industrial.[17]

Casas dos traballadores
Referencias
  1. resumo.pdf Referencia da UNESCO 730
  2. 2,0 2,1 2,2 Info at db.formez.it Arquivado 2008-05-30 en Wayback Machine.
  3. 3,0 3,1 Value And History Of The Village Of Crespi D'Adda Arquivado 2008-11-05 en Wayback Machine.
  4. www.laviadellenergia.it - Territory - Territorial Policies - Taccani Hydroelectric Power Station, Trezzo d'Adda, Milano Arquivado 2008-10-05 en Wayback Machine.
  5. (en italiano) Crespi d'Adda website
  6. "Crespi d'Adda - World Heritage Site - Pictures, info and travel reports". Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2008. Consultado o 31 de outubro de 2021. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Crespi d'Adda
  8. What Is Crespi D'Adda? Arquivado 2007-09-28 en Wayback Machine.
  9. Info on apt.bergamo.it Arquivado 2008-05-30 en Wayback Machine. (en italiano)
  10. Info at percassi.it Arquivado 2013-12-21 en Wayback Machine.
  11. Modelo:OSM
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 Cortesi, Luigi. Crespi d'Adda, villaggio ideale del lavoro. Grafica Monti s.n.c- Bergamo. pp. 106–109. 
  13. 13,0 13,1 "Chiesa". VILLAGGIO CRESPI D'ADDA (en italiano). Consultado o 2020-12-08. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 Cortesi, Luigi. Crespi d'Adda, villaggio ideale del lavoro. Grafica Monti s.n.c.- Bergamo. pp. 88–94. 
  15. 15,0 15,1 15,2 Cortesi, Luigi. Crespi d'Adda, villaggio ideale del lavoro. Grafica Monti s.n.c.- Bergamo. pp. 58–71. 
  16. "Legler, dopo 125 anni chiude Crespi". www.ecodibergamo.it (en italiano). Consultado o 2020-12-08. 
  17. "Il valore e la storia | Villaggio Crespi d'Adda". www.villaggiocrespi.it. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2020. Consultado o 2020-12-08. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]