División de Honra de Rugby
Tipo | competición de rugby a 15 |
---|---|
Organizador | Federación Española de Rugby |
Patrocinador | Assicurazioni Generali (pt) Silbö Telecom (en) Volvo Cars (pt) KPMG |
Liga inferior | División de Honra B de Rugby |
Número de participantes | 12 |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 1952 – |
Calendario da tempada | setembro – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Competición | |
Primeiro posto | Valladolid Rugby Asociación Club (13º) (2024) |
Outro | |
Páxina web oficial | ferugby.es |
A División de Honra é a primeira división do rugby en España, organizada pola Federación Española de Rugby. No torneo participan os doce mellores equipos do país cun formato de liga a dúas voltas seguida dunha fase final de eliminatorias polo título. A liga disputouse por primeira vez na tempada 1952-53, e de xeito ininterrompido dende a edición 1969-70. Ó longo da súa historia dezaseis clubs teñen acadado o campionato, sendo o Valladolid Rugby Asociación Club o equipo que lidera o palmarés con trece títulos de liga. A Unió Esportiva Santboiana, o Club Deportivo Arquitectura, o Club de Rugby El Salvador e o Club de Rugby CRC Pozuelo tamén teñen gañado a liga cinco veces ou máis. Outros clubs salientables pola súa frecuente participación na competición son o Club de Rugby Cisneros, o Getxo Rugby Taldea, o Club de Rugby Ciencias, o Futbol Club Barcelona e o Rugby Club Valencia, todos eles campións con máis de 20 tempadas na máxima competición nacional.[1]
A División de Honra serve como torneo clasificatorio para o resto das competición oficiais. Os doce equipos da liga participan na fase de clasificación para a Copa do Rei. O campión de liga disputa tamén a Supercopa contra o campión de Copa, e a Copa Ibérica contra o campión de Portugal. Durante varios anos a Federación Española de Rugby recibía unha invitación para que un equipo competira na Challenge Cup, a segunda competición europea máis importante a nivel de clubs trala Champions Cup. A federación tiña por costume entregar esa invitación ó campión da liga, aínda que non sempre era aceptada polo club en cuestión por razóns económicas, de xeito que a presenza dalgún club desta liga en competicións continentais non era regular.
A División de Honra é a máxima categoría das ligas de rugby en España. Por debaixo da División de Honra está a División de Honra B, organizada tamén pola Federación Española de Rugby, e por debaixo desta están as diversas ligas rexionais, organizadas por candansúa federación autonómica. Entre tódalas divisións existe un sistema de ascensos e descensos por méritos deportivos. O vixente campión da División de Honra é a Valladolid Rugby Asociación Club.
Historia
[editar | editar a fonte]As dúas primeiras edicións
[editar | editar a fonte]O Campionato de España de rugby (actual Copa do Rei) foi durante décadas a principal competición nacional. A primeira edición tivo lugar en 1926. No Campionato de España enfrontábanse cada ano os mellores equipos de cada campionato rexional, de xeito que a clasificación non dependía dos resultados da tempada anterior, senón dos resultados na liga local na primeira metade do mesmo ano. Nun principio enfrontaba ó campión de Cataluña co campión de Castela, que eran as únicas rexións con liga de rugby, e pouco a pouco fóronse engadindo os campións de Valencia, Euskadi e Andalucía. Nos anos 50, sendo Luis Blanco Mongay presidente da F.E.R., xurdiu a idea dunha liga nacional até entón inexistente. As dúas primeiras edicións (1952-53 e 1953-54) contaron con catro equipos participantes, dous cataláns en dous casteláns, que saían de cadanseu campionato rexional. O primeiro encontro da historia da liga española de rugby levouse a cabo ás 12:00h do 12 de outubro de 1952 no Campo de La Bordeta, en Barcelona. Nese encontro inaugural enfrontáronse o FC Barcelona e a AD Plus Ultra de Madrid[2], que rematou co resultado final de 21-0 a prol do conxunto barcelonés[3]. Aquelas dúas primeiras edicións reducidas de liga foron gañadas polo Futbol Club Barcelona, cos dous subcampionatos para o Club Atlético de Madrid, pero o torneo non tivo continuidade.
Renacemento frustrado
[editar | editar a fonte]Nos anos 60, baixo a presidencia de José María Marín Ocón, renaceu a intención de crear un campionato nacional de liga no que xogaran entre si cada ano tódolos mellores equipos de España. Na tempada 1966-67 tomouse a decisión, elixíronse os equipos participantes (Santboiana e Barcelona de Cataluña, Canoe e Cisneros de Madrid, San Sebastián de Euskadi, Castilla de Valladolid, CADU de Sevilla, e un oitavo participante que tiña que saír dunha eliminatoria entre o BUC de Barcelona e o Boris de Madrid)[4] e mesmo había datas[5], pero finalmente a liga non se celebrou por non haber acordo na asemblea da federación para financiar os desprazamentos dos equipos.
Establécese a Liga Nacional
[editar | editar a fonte]Foi finalmente a finais dos anos 60, xa con Florencio Noriega Ruiz como presidente da federación, cando a Liga Nacional de Rugby naceu. Na tempada 1968-69 creouse un torneo clasificatorio de dez equipos, divididos en dous grupos xeográficos, que tiña dous obxectivos: os equipos gañadores de cada sector xogarían a final da Copa do Xeneralísimo desa tempada 68-69, e os tres mellores equipos de cada sector xogarían na primeira edición oficial da nova liga na tempada 1969-70. Así quedaron os dous sectores do torneo clasificatorio:
|
|
Deste xeito determinouse cales eran os seis equipos que participarían na primeira edición da nova Liga Nacional de Rugby na tempada 1969-70, que se disputou sen complicacións cun formato de dúas voltas e todos contra todos ó longo de dez xornadas, saíndo campión o Club Atlético San Sebastián e subcampión o Futbol Club Barcelona.
Catro campións
[editar | editar a fonte]Durante os anos 70 o formato da liga non padeceu trocos salientables non sendo polas ampliacións no número de equipos participantes de seis a oito en 1970, e de oito a dez en 1972, que comportaban unha ampliación tamén no número de xornadas. Foron anos de dominio total por parte dos equipos madrileños. Os títulos de liga enchían a vitrinas de Canoe (3), Arquitectura (3) e Cisneros (1). Foi en 1978 cando se levou a cabo un troco de grande importancia. Tralo segundo título do At. San Sebastián a Federación tomou a decisión de deixar de subvencionar os desprazamentos dos equipos, e modificou o formato do campionato de liga pasando este de estar feito por un grupo único a contar con catro grupos territoriais (para reducir viaxes), con oito equipos por grupo, de xeito que a liga pasou de súpeto de dez equipos na tempada 1977-78 a trinta e dous equipos na tempada 1978-79. Esta medida causou moitos problemas, sobre todo porque no grupo Sur, que estaba composto por equipos andaluces, as choivas do inverno impediron que se celebrasen os partidos con normalidade polos estragos nos campos, e a acumulación de encontros adiados levou á Federación a tomar a decisión de dar por finalizada a competición antes de que se puidese determinar cal era o equipo campión, proclamando vencedores de liga ós catro equipos que remataron na primeira posición de cada grupo: Club Atlético San Sebastián no Grupo Norte, CAU Madrid no Grupo Centro, Rugby Club Cornellà no Grupo Levante e Club Amigos del Rugby no Grupo Sur.
O formato de catro grupos territoriais perdurou tres tempadas mais, saíndo campións o CAU Madrid (1) e o CD Arquitectura (2), e demostrando por diversos motivos non ser un sistema adecuado de competición, de xeito que a edición 1981-82 foi a derradeira que se disputou con esta estrutura.
Nace a División de Honra
[editar | editar a fonte]En 1981 os malos resultados da selección española e os problemas da Liga Nacional provocaron que dimitira o presidente da Federación Javier Cortázar Cano e ocupou o seu posto Alberto Pico Marín. Na asemblea de xuño de 1982 tomouse a decisión de comezar a partir de cero no que atinxía ás competicións de liga e copa. O novo torneo chamouse División de Honra, e os oito equipos participantes saíron das competicións rexionais de Cataluña (2), Madrid (2), Euskadi (2) e Valencia (2), sen importar o papel desempeñado polos equipos na anterior tempada da Liga Nacional.[6] A nova liga disputouse na segunda metade da tempada, e tivo só sete xornadas, saíndo campión o Rugby Club Valencia. Na seguinte tempada o número de equipos medrou de oito a dez por vía dos ascensos deportivos, e na seguinte a liga pasou dunha volta a dúas, e de nove xornadas a dezaoito. Posteriormente o número de equipos medrou novamente de dez a doce, e o número de xornadas de dezaoito a vinte e dúas, manténdose estable o formato de competición. Durante eses anos dominaron o torneo o CD Arquitectura madrileño e a UE Santboiana catalá con tres títulos cada un, gañou unha liga tamén o CR Cisneros e apareceu por primeira vez no palmarés un futuro dominador do rugby español como o CR El Salvador de Valladolid.
Sistema de competición
[editar | editar a fonte]A División de Honra conta cun total de doce equipos, polo que cada equipo xoga un total de vinte e dous encontros durante a tempada regular, once como local e once como visitante. De seguido, os seis primeiros equipos da táboa disputan as eliminatorias polo título, que consisten de dous encontros de cuartos de final, dous de semifinais, e unha final.
O último equipo da táboa descende de categoría, mentres que o penúltimo ten que xogar unha eliminatoria de promoción fronte a un equipo da División de Honra B, que é a segunda división do rugby nacional.
Sistema de puntuación
[editar | editar a fonte]- Cada vitoria suma 4 puntos.
- Cada empate suma 2 puntos.
- Tres ensaios ou máis que o rival suma 1 punto de bonus. (antes da tempada 2019-2020 era anotando catro ensaios)
- Perder por unha diferenza de sete puntos ou inferior suma 1 punto de bonus.
Tempada actual
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: División de Honra de Rugby 2023-2024.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Títulos por club
[editar | editar a fonte]A seguinte táboa amosa os 16 clubs que teñen acadado o título de liga. Débese ter en conta que en 1979 non se puido rematar o campionato como estaba planeado e a FER proclamou campións a catro equipos. Tamén se debe ter en conta que o CRC gañou un título de liga como tal, e anteriormente gañou catro títulos como sección de rugby do Real Canoe.
Títulos | Club | Campionatos |
---|---|---|
13 | VRAC | 1999, 2001, 2012, 2013, 2014, 2015, 2017, 2018, 2019, 2020, 2021, 2023, 2024 |
9 | Arquitectura | 1974, 1975, 1977, 1981, 1982, 1986, 1988, 1990, 1995 |
8 | El Salvador | 1991, 1998, 2003, 2004, 2007, 2008, 2010, 2016 |
8 | Santboiana | 1984, 1987, 1989, 1996, 1997, 2005, 2006, 2022 |
5 | CRC / Canoe | 1971, 1972, 1973, 2000, 2009 |
3 | San Sebastián | 1970, 1978, 1979 |
2 | Barcelona | 1953, 1954 |
2 | CAU Madrid | 1979, 1980 |
2 | Cisneros | 1976, 1985 |
2 | Ciencias | 1992, 1994 |
1 | Cornellà | 1979 |
1 | CAR | 1979 |
1 | Valencia | 1983 |
1 | Getxo | 1993 |
1 | MARU | 2002 |
1 | La Vila | 2011 |
Copa Presidente do Goberno
[editar | editar a fonte]O campión do torneo de liga acada a "Copa Presidente do Goberno" en depósito, pois para tela en propiedade é preciso gañar a liga durante tres anos seguidos ou cinco alternos. Cada vez que un club acada o trofeo en propiedade, ponse un novo en xogo. Tan só cinco clubs obtiveron a "Copa Presidente do Goberno" en propiedade:
- En 1973 o Real Canoe Natación Club (tres ligas seguidas: 1971, 1972, 1973)
- En 1982 o Club Deportivo Arquitectura (cinco ligas alternas: 1974, 1975, 1977, 1981, 1982)
- En 1997 a Unió Esportiva Santboiana (cinco ligas alternas: 1984, 1987, 1989, 1996, 1997)
- En 2008 o Club de Rugby El Salvador (cinco ligas alternas: 1998, 2003, 2004, 2007, 2008)
- En 2014 o Valladolid Rugby Asociación Club (tres ligas seguidas: 2012, 2013, 2014)
- En 2019 o Valladolid Rugby Asociación Club (tres ligas seguidas: 2017, 2018, 2019)
Clasificación histórica
[editar | editar a fonte]Ó longo da historia da liga nacional de rugby houbo diversos sistemas de puntuación moi diferentes entre eles, e facer unha clasificación histórica que amose fielmente o desempeño dos equipos é complexo. Nas seguintes dúas táboas aparecen os 10 mellores equipos da historia do campionato atendendo ó número de encontros gañados e ó número de primeiros, segundos e terceiros postos finais.
- Medalleiro
Pos. | Club | CCAA | |||
---|---|---|---|---|---|
1º | VRAC | 13 | 1 | 3 | |
2º | Arquitectura | 9 | 4 | 4 | |
3º | El Salvador | 8 | 13 | 6 | |
4º | Santboiana | 8 | 8 | 6 | |
5º | CRC | 5 | 2 | 5 | |
6º | Atlético SS | 3 | 2 | 0 | |
7º | Cisneros | 2 | 3 | 4 | |
8º | Ciencias | 2 | 2 | 6 | |
9º | CAU Madrid | 2 | 1 | 4 | |
10º | Barcelona | 2 | 1 | 2 |
- Por número de vitorias
Pos. | Club | Xog. | Gañ. | Emp. | Per. | CCAA |
---|---|---|---|---|---|---|
1º | Santboiana | 956 | 585 | 28 | 343 | |
2º | El Salvador | 743 | 521 | 17 | 205 | |
3º | VRAC | 658 | 414 | 18 | 226 | |
4º | CRC | 658 | 358 | 21 | 279 | |
5º | Cisneros | 718 | 348 | 25 | 345 | |
6º | Arquitectura | 508 | 338 | 13 | 157 | |
7º | Ciencias | 583 | 287 | 16 | 280 | |
8º | Getxo | 646 | 280 | 19 | 347 | |
9º | Ordizia | 368 | 183 | 11 | 174 | |
10º | Alcobendas | 360 | 178 | 6 | 176 | |
11º | Barcelona | 407 | 176 | 20 | 211 |
- Actualizado trala tempada 2021/22.
Clubs participantes na División de Honra
[editar | editar a fonte]A seguinte táboa recolle os resultado finais de tódolos equipos participantes na liga española de rugby dende a súa primeira edición na tempada 1952/53. Os equipos están colocados segundo o maior número de tempadas disputando a División de Honra. No caso de igualdade, a orde vai determinada pola cantidade de títulos de liga acadados, e no caso de haber igualdade outra vez, pola presenza máis recente na máxima categoría do rugby nacional:[7]
Nas tempadas 1978/79, 1979/80, 1980/81 e 1981/82, o formato do torneo deixou de ser o habitual dunha liga regular, pasando o formato a constar de 4 grupos de ata 8 equipos cada un, cuxos campións se disputaban o campionato ó remate da tempada nunha liguiña de 4 equipos.
Na tempada 1978/79 non se chegou a disputar o título entre os 4 equipos campións dos seus grupos, por iso a Federación Española de Rugby acabou concedendo o título compartido entre Atlético San Sebastián, Cornellà RC, CAU Madrid e Amigos del Rugby.
No caso dalgúns clubs como o CRC, o VRAC, o Alcobendas, o CAR etc, que pasaron por refundacións, fusións ou cambios de nome, considérase a continuidade da estrutura deportiva e humana.
Equipo | Anos | Títulos | 24 | 23 | 22 | 21 | 20 | 19 | 18 | 17 | 16 | 15 | 14 | 13 | 12 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 | 95 | 94 | 93 | 92 | 91 | 90 | 89 | 88 | 87 | 86 | 85 | 84 | 83 | 82 | 81 | 80 | 79 | 78 | 77 | 76 | 75 | 74 | 73 | 72 | 71 | 70 | - | 54 | 53 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
UE Santboiana | 55 | 8 | 6 | 4 | 2 | 9 | 5 | 7 | 6 | 4 | 4 | 2 | 8 | 2 | 3 | 7 | 6 | 5 | 8 | 3 | 1 | 1 | 4 | 5 | 4 | 8 | 3 | 2 | 2 | 1 | 1 | 5 | 7 | 5 | 2 | 5 | 5 | 1 | 2 | 1 | 2 | 7 | 1 | 3 | x | x | x | x | 7 | 6 | 4 | 6 | 7 | 4 | 3 | 4 | 3 | |||
CR Cisneros | 41 | 2 | 7 | 7 | 6 | 7 | 10 | 10 | 9 | 5 | 5 | 3 | 3 | 7 | 10 | 10 | 8 | 10 | 7 | 4 | 7 | 10 | 4 | 7 | 6 | 8 | 2 | 4 | 5 | 3 | 1 | 6 | x | x | x | x | 5 | 3 | 1 | 2 | 5 | 7 | 5 | |||||||||||||||||
CR El Salvador | 40 | 8 | 4 | 6 | 1 | 3 | 2 | 1 | 2 | 1 | 2 | 5 | 2 | 4 | 7 | 3 | 1 | 2 | 1 | 1 | 2 | 2 | 1 | 1 | 2 | 7 | 2 | 5 | 1 | 9 | 6 | 3 | 7 | 6 | 1 | 2 | 5 | 3 | 8 | 3 | 2 | 2 | ||||||||||||||||||
CRC / Canoe | 38 | 5 | 10 | 11 | 12 | 8 | 5 | 6 | 5 | 1 | 3 | 2 | 5 | 2 | 4 | 3 | 6 | 1 | 4 | 3 | 6 | 5 | 12 | 10 | 10 | 4 | 7 | x | x | x | x | 8 | 7 | 5 | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | ||||||||||||||||||||
VRAC / Lourdes | 36 | 13 | 2 | 1 | 9 | 2 | 1 | 2 | 1 | 2 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 5 | 4 | 4 | 4 | 4 | 6 | 4 | 3 | 3 | 5 | 1 | 5 | 1 | 4 | 4 | 7 | 3 | 4 | 10 | 10 | x | x | x | ||||||||||||||||||||||
Getxo RT | 35 | 1 | 12 | 12 | 11 | 8 | 9 | 7 | 8 | 5 | 10 | 5 | 8 | 5 | 7 | 8 | 10 | 9 | 8 | 8 | 8 | 2 | 3 | 2 | 2 | 1 | 5 | 3 | 4 | 9 | 4 | 4 | 9 | 5 | x | x | x | |||||||||||||||||||||||
CR Ciencias | 33 | 2 | 3 | 3 | 5 | 8 | 9 | 12 | 12 | 9 | 8 | 6 | 3 | 3 | 2 | 10 | 6 | 9 | 4 | 6 | 3 | 7 | 5 | 2 | 4 | 1 | 3 | 1 | 9 | 3 | 6 | 4 | 4 | x | x | |||||||||||||||||||||||||
CD Arquitectura | 29 | 9 | 10 | 10 | 11 | 3 | 6 | 1 | 5 | 6 | 4 | 4 | 1 | 3 | 1 | 2 | 1 | 3 | 7 | 4 | 1 | 1 | x | x | 2 | 1 | 2 | 1 | 1 | 2 | 4 | |||||||||||||||||||||||||||||
FC Barcelona | 27 | 2 | 11 | 5 | 7 | 5 | 6 | 6 | 7 | 10 | 7 | 11 | 10 | 6 | 7 | 4 | 5 | 3 | x | x | x | 10 | 9 | 6 | 8 | 3 | 2 | 1 | 1 | |||||||||||||||||||||||||||||||
RC Valencia | 22 | 1 | 10 | 7 | 12 | 9 | 9 | 8 | 11 | 11 | 8 | 6 | 9 | 5 | 3 | 8 | 5 | 6 | 1 | x | 3 | 3 | x | 6 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ordizia RE | 21 | - | 9 | 8 | 4 | 4 | 4 | 4 | 5 | 7 | 9 | 7 | 6 | 5 | 2 | 2 | 7 | 7 | 6 | 7 | 7 | x | x | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Alcobendas / MARU | 20 | 1 | 5 | 3 | 1 | 3 | 3 | 3 | 3 | 6 | 10 | 8 | 9 | 9 | 8 | 7 | 2 | 1 | 5 | 12 | x | x | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
At.San Sebastián | 17 | 3 | 10 | 2 | 4 | 2 | x | x | x | 1 | 1 | 8 | 8 | 7 | 4 | 8 | 6 | 5 | 1 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Gernika RT | 16 | - | 12 | 12 | 12 | 8 | 8 | 11 | 6 | 9 | 3 | 6 | 4 | 8 | 12 | 8 | 7 | x | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
CAU Madrid | 15 | 2 | 9 | 8 | 3 | x | x | 1 | 1 | 3 | 2 | 3 | 3 | 6 | 7 | 8 | 4 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
RC Cornellà | 15 | 1 | 10 | 12 | 8 | 9 | 8 | 7 | x | x | x | 1 | 4 | 5 | 6 | 10 | 9 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Hernani CRE | 15 | - | 12 | 9 | 11 | 9 | 10 | 10 | 10 | 11 | 10 | 10 | 2 | 2 | 2 | 2 | x | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
CR Liceo Francés | 14 | - | 9 | 8 | 3 | 4 | 7 | 5 | 9 | 8 | 2 | 3 | 2 | 7 | 9 | x | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
CDU Valladolid | 14 | - | 12 | 10 | 7 | 5 | 6 | x | x | x | x | 10 | 4 | 9 | 8 | 8 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Bera Bera RT | 12 | - | 9 | 9 | 6 | 7 | 5 | 4 | 3 | 5 | 10 | 11 | 9 | 8 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
CN Barcelona | 11 | - | x | x | x | x | 9 | 10 | 5 | 2 | 5 | 7 | 3 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Independiente RC | 10 | - | 11 | 7 | 8 | 4 | 6 | 3 | 4 | 4 | x | x | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
BUC | 10 | - | 3 | 10 | 8 | 6 | 9 | 11 | 10 | 6 | x | x | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
CR La Vila | 9 | 1 | 13 | 11 | 11 | 10 | 12 | 4 | 1 | 2 | 8 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
CDU Sevilla | 9 | - | 9 | 6 | 6 | 6 | 2 | 10 | 6 | 8 | 12 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
CAR / RACA | 7 | 1 | x | x | 4 | 1 | 9 | 7 | 9 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
CR Les Abelles | 8 | - | 8 | 10 | 10 | 10 | 10 | 9 | 8 | x | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
CN Montjuic | 7 | - | 11 | 10 | 11 | 9 | x | x | x | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Olímpico RC | 6 | - | 11 | 9 | 7 | x | x | 10 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Aparejadores RC | 6 | - | 1 | 2 | 8 | 6 | 8 | 5 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
CDU Granada | 5 | - | 9 | 6 | x | x | x | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Vigo RC | 4 | - | 12 | 11 | 10 | 9 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Oviedo RC | 4 | - | 10 | 7 | 9 | 12 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Filosofía y Letras RC | 4 | - | 11 | 8 | 6 | 6 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irún RT | 4 | - | x | x | x | x | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Zaharrean RT | 4 | - | x | x | x | x | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sevilla FC | 4 | - | x | x | x | x | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
CR Divina Pastora | 4 | - | x | x | x | x | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
CEU Barcelona | 4 | - | 10 | 5 | 6 | 6 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
CAU Valencia | 3 | - | 10 | 9 | 7 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
CR At.Portuense | 3 | - | x | x | x | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
CDU Bilbao | 3 | - | x | x | x | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
GEiEG | 3 | - | x | x | x | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Juventud Karmen RC | 3 | - | x | x | x | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Bilbao RC | 3 | - | x | x | x | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
RC L'Hospitalet | 2 | - | 9 | 8 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tatami RC | 2 | - | 10 | x | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
CN Poble Nou | 2 | - | x | x | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Hípica RC | 2 | - | x | x | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Atlético Madrid | 2 | - | 2 | 2 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Belenos RC | 2 | - | 12 | 9 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
CR Santander | 1 | - | 11 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
CDU Córdoba | 1 | - | x | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sporting Gijón | 1 | - | x | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
CDC San José | 1 | - | x | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
CM Isabel la Católica | 1 | - | x | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Arquitectos Granada | 1 | - | x | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Arquitectura Sevilla | 1 | - | x | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
SEU Madrid | 1 | - | 4 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
AD Plus Ultra | 1 | - | 4 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Palmarés Nacional, na páxina oficial da Federación Española de Rugby. (en castelán)
- ↑ Previa á primeira xornada de liga na hemeroteca de El Mundo Deportivo
- ↑ Crónica do primeiro encontro da historia da liga española de rugby (en castelán)
- ↑ Boris y BUC promocionarán, na hemeroteca de Mundo Deportivo (29/10/1966) (en castelán)
- ↑ Calendario Liga Nacional, na hemeroteca de Mundo Deportivo (4/11/1966) (en castelán)
- ↑ Comienza la competición de rugby al amparo de muchos cambios, na hemerotica de ABC (en castelán)
- ↑ "PALMARÉS". Federación Española de Rugby - FERugby - Spanish Rugby Union (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2022. Consultado o 2022-04-08.