Escala de Bristol
Aparencia
A escala de Bristol ou escala das feces de Bristol é unha táboa visual empregada en medicina coa fin de clasificar a forma das feces humanas en sete grupos. Foi desenvolta por vez primeira por Heaton e Lewis na Universidade de Bristol e foi publicada en 1997 no Scandinavian Journal of Gastroenterology.[1]
A forma das feces depende do tempo que estas pasen no colon, unha parte do intestino groso.[2]
No Reino Unido ás veces refírese a esta escala coma Escala de Meyers.[3]
Tipos de feces
[editar | editar a fonte]Os sete tipos de materia fecal son os seguintes:
- Tipo 1: Anacos duros separados, como noces, que pasan con dificultade.
- Tipo 2: Como unha salchicha composta de fragmentos.
- Tipo 3: Con forma de morcilla con fendas na superficie.
- Tipo 4: Como unha salchicha; ou serpe, lisa e branda.
- Tipo 5: Anacos de masa pastosa con bordos definidos, que son defecados facilmente.
- Tipo 6: Fragmentos brandos e esponxosos con bordos irregulares e consistencia pastosa.
- Tipo 7: Acuosa, sen pedazos sólidos, totalmente líquida.
Os tipos 1 e 2 indican obstipación; os 3 e 4 son feces ideais, especialmente o 4, xa que son os máis doados de defecar; os tipos 5, 6 e 7 tenden cara á diarrea ou o cólera.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lewis SJ, Heaton KW (1997). "Stool form scale as a useful guide to intestinal transit time". Scandinavian Journal of Gastroenterology (en inglés) 32 (9): 920–4. PMID 9299672.
- ↑ 2,0 2,1 The Continence Foundation of Australia. "Bristol Stool Chart" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2009. Consultado o 1 de decembro de 2009.
- ↑ "Meyers Scale". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2012. Consultado o 02 de febreiro de 2014.