Gato siamés
O gato siamés (en tailandés: แมวสยาม) é unha raza de gato orixinaria de Tailandia (antigamente coñecida como Siam). Caracterízase por ter un corpo elegante e esvelto e unha testa marcadamente triangular.[1] Pode ser confundido coa raza de gatos tai, que ten orixe na raza siamesa mais presenta unha morfoloxía ben distinta. Son aconsellables para familias, e non precisa moitos coidados do seu pelo.
Orixe
[editar | editar a fonte]A orixe da raza está no sueste asiático,[2] máis especificamente en Siam (Tailandia),[3] onde eran tidos como o gato da realeza[4] e mantidos en templos sagrados. Son coñecidos nese país, onde é unha das razas nativas, como Wichien-Maat ou Maas (วิเชียรมาศ, "Diamante-Lúa"). Foron levados a Inglaterra en 1884, dende onde se espallaron para outras partes do mundo.[5]
No ano 2007, unha variedade dos gatos siameses coñecida popularmente como Old Style ou Tradicional foi finalmente recoñecida como unha nova raza á parte, a de gatos thai. Os siameses comparten con esa raza a coloración ámbar e castaña, alén dos ollos azuis, pero diferéncianse xenética e morfoloxicamente con varias diferenzas que os volven híbridos individuais. Os gatos siameses existen dende 1330, data na que aparecen mencionados nun manuscrito de Siam.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2017. Consultado o 13 de marzo de 2017.
- ↑ Clutterbuck, Martin R. (2004). White Lotus, ed. Siamese Cats: Legends and Reality. Bangkok. ISBN 974-480-053-4.
- ↑ Encyclopaedia Britannica, verbete Siamese (breed of cat).
- ↑ About siamese cats Arquivado 09 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2009. Consultado o 13 de marzo de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gato siamés |