Saltar ao contido

Iván VI de Rusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIván VI de Rusia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Иоа́нн Анто́нович Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de agosto de 1740 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
San Petersburgo, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte5 de xullo de 1764 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata (23 anos)
Shlisselburg, Rusia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaOreshek Fortress (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Emperador de todas as Rusias
17 de outubro de 1740 (Xuliano) – 25 de novembro de 1741 (Xuliano)
← Ana I de RusiaIsabel I de Rusia → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónestadista Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloEmperador de todas as Rusias Editar o valor en Wikidata
FamiliaBrunswick-Bevern (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
Fillossen valor Editar o valor en Wikidata
PaisAntónio Ulrich de Brunswick-Wolfenbüttel Editar o valor en Wikidata  e Ana Leopoldovna Editar o valor en Wikidata
IrmánsElizabeth Antonovna of Brunswick
Catherine Antonovna of Brunswick
Alexei Antonovich of Brunswick
Peter Antonovich of Brunswick Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteRussian Biographical Dictionary (en) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Enciclopedia militar Sytin Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Braunschweig-Wolfenbüttel-15 Find a Grave: 12807749 Editar o valor en Wikidata

Iván VI de Rusia, nado en San Petersburgo en 1740 e finado en Schlüsselburg en 1764, foi un tsar de Rusia. Neto de Iván V. O seu pai foi Antonio de Brunswick-Wolfenbüttel e a súa nai a Princesa e Duquesa Ana Leopoldovna.

Tsar de Rusia

[editar | editar a fonte]

A súa tía avoa e Tsarina, Ana Ivanovna, adoptouno cando só tiña oito semanas de vida, e declarouno o seu sucesor o 5 de outubro de 1740. Cando Ana morreu, Iván prclamouse emperador, e ao día seguinte Ernest Johann von Biron, Duque de Curlandia, ocupou o cargo de Rexente. Na caída de Biron, a rexencia pasou a mans da nai do neno, pero o vice-chanceler, Andrei Osterman, dirixiu o goberno.

Caída do trono e encarceramento

[editar | editar a fonte]

Trece meses despois, un golpe de estado levou a Sabela I ao trono, o 6 de decembro de 1741. Iván e a súa familia foron encarcerados na fortaleza de Dunamunde o 13 de decembro de 1742, despois dunha previa detención en Riga, onde a nova Tsarina decidira levalos primeiro a Brunswick. En xuño de 1744 levárono a Kholmogory, preto do mar Branco, onde Iván, illado da súa familia, pasou os seguintes doce anos. Algúns rumores aseguran que foi tranferido en segredo á fortaleza de Schlisselburgo (1756) onde era protexido e coidado máis rigurosamente.

Cando Pedro III tomou o trono, a condición do prisioneiro pareceu mellorar, pero Pedro morreu semanas máis tarde.

En 1762 asumiu a rexencia de Rusia Catarina II, e foron dadas ordes máis rigurosas ao oficial reponsable do denominado prisioneiro "anónimo". Ante calquera tentativa de liberarse, o preso tería que ser fusilado. Baixo ningunha circunstancia podería ser entregado a mans de alguén. Pero a esta altura, vinte anos de prisión afectaron ao seu equilibrio mental. Con todo, a pesar do misterio que o rodeaba, estaba conscienta da súa orixe imperial, e sempre era chamado Gosudar (o soberano). A pesar de que tiñan ordes de mantelo ignorante, permitíanlle ler as súas cartas e a súa Biblia. Tampouco a súa residencia en Shlisselburgo podía permanecer oculta para sempre, e o descublimento da mesma sería a causa da súa ruína. Un subtenente, Vasily Mirovich, indagou sobre el, e ideou un plan para liberalo e proclamalo Tsar. Na medianoite do 5 de xullo de 1764, Mirovich persuadiu a un sector da guarnición, detivo ao comandante Berednikov, e esixiu a entrega de Iván. Os seus carcereiros finalmente asasinárono.