Saltar ao contido

Jeseník

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaJeseník
Imaxe

Localización
Mapa
 50°13′44″N 17°12′18″L / 50.229, 17.205
PaísRepública Checa
Regiões da República Checa (pt) TraducirOlomouc (pt) Traducir
Distrito da República ChecaJeseník (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Jeseník (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación10.619 (2024) Editar o valor en Wikidata (277,75 hab./km²)
Xeografía
Superficie38,232052 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porBiela (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude432 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoZdeňka Blišťanová (en) Traducir (2018–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal790 01 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Sitio webjesenik.cz Editar o valor en Wikidata
Facebook: mestojesenik Instagram: mesto_jesenik Editar o valor en Wikidata

Jeseník (até 1947 Frývaldov, en alemán Freiwaldau) é unha cidade da nación histórica de Silesia, centro do distrito do mesmo nome, situada na Rexión de Olomouc na República Checa.

Historia (cronoloxía)

[editar | editar a fonte]
Vista xeral de Jeseník
  • 1267 Período de colonización da rexión. O primeiro rexistro escrito que recolle o nome da cidade, daquela coñecida como "frei vom Walde" (en galego "libre do bosque") remóntase a este ano. Primeiros intentos de extracción mineira dos metais preciosos abundantes na zona.
  • Principios de 1500 A familia Fugger de Augsburgo merca a cidade. Neste período a minería experimenta o seu momento máis próspero.
  • 1506 O Bispo Jan Thurzó concede á cidade o dereito de empregar o escudo que representa unha aguia de ás estendidas, símbolo da Silesia, e un oso pardo sobre herba verde.
  • 1547 Esgótanse as minas de ouro. A familia Fugger vende a cidade de volta aos Bispos de Wroclaw.
  • 1622-1684 Após a derrota da nobreza protestante Checa en 1621 contra os católicos alemáns, a Inquisición comeza os seus primeiros ensaios, onde a xente, especialmente as mulleres, é acusada de bruxaría e queimada viva, como medio para eliminar os protestantes.
  • 1742 Logo de dous anos de guerra entre o Imperio Austrohúngaro e Prusia, Prusia resulta gañadora , rematando na "Paz de Wroclaw" que divide Silesia en dúas partes. Prusia fica con 40.000 km² e 5.000 km² permanecen baixo control austrohúngaro. Este feito ten un impacto negativo no desenvolvemento industrial de Jeseník debido á nova fronteira que separa Jeseník da súa principal cidade, Wroclaw en Polonia.
  • Principios de 1800 Chega a industria termal, Vinzenz Priessnitz (1799-1851) desenvolve a primeira institución termal do mundo[Cómpre referencia]. O balneario popularízase entre nobreza.
  • 1881 Fúndase a Mährisch-Schlesische-Sudetengebirgsverein MSSGV[1] (Asociación da Montaña dos Sudetes Moravo-Sileso) e pasa a desenvolver o turismo na rexión a través da construción de chalés de montaña, camiños e torres de observación nas montañas Jeseníky.
  • 1888 Ábrese a liña ferroviaria Hanusovice - Głuchołazy, ofrecendo un mellor acceso a unha área maior.
  • 1913 Inaugurase unha escola técnica secundaria marcando un desenvolvemento en educación.
  • 1918 O Imperio Austrohúngaro e o reinado dos Habsburgo remata despois de 350 anos de gobernar as terras checas. Fundación da Checoslovaquia. Este feito trae o aumento da inmigración dos checos na rexión.
  • 1938 A rexión de Jeseníky é ocupada pola Alemaña nazi a través dunha anexión sen guerra.
  • 1945 Fin da segunda guerra mundial. Checoslovaquia fica no Bloque do leste. Isto significa a migración dos alemáns da Rexión dos Sudetes cara a Alemaña e a inmigración de checos, eslovacos, gregos e ucraínos.
  • 1996 Despois de 36 anos de integración na rexión Šumperk, restabelécese o distrito administrativo independente de Jeseník, sendo esta cidade a capital do mesmo.
  1. A MSSGV chega aos nosos días. Ver páxina da ASSGV (en alemán) http://www.mssgv.de/

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]