Saltar ao contido

John Howard Northrop

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohn Howard Northrop

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xullo de 1891 Editar o valor en Wikidata
Yonkers, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte27 de maio de 1987 Editar o valor en Wikidata (95 anos)
Wickenburg, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio Editar o valor en Wikidata
ResidenciaYonkers (pt) Traducir
Arizona Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Columbia Editar o valor en Wikidata
Director de teseJacques Loeb (pt) Traducir e Thomas Hunt Morgan Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioquímica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímico, científico, bioquímico, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Columbia
Universidade de California, Berkeley
Universidade Rockefeller Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia, volume 8, (p.380) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Northrop-345 Find a Grave: 28167750 Editar o valor en Wikidata

John Howard Northrop nado o 5 de xullo de 1891 en Yonkers, Nova York (Estados Unidos) e finado o 27 de maio de 1987 en Wickenberg (Arizona, Estados Unidos), foi un químico, bioquímico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química no ano 1946.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Naceu o 5 de xullo de 1891 na cidade de Yonkers, no estado norteamericano de Nova York. Estudou química na Universidade de Columbia, pola que se doutorou en 1915. En 1916 incorporouse ao Instituto Rockefeller de Investigacións Médicas e en 1949 foi nomeado profesor da Universidade de California, cargo do que foi titular ata 1961.

Faleceu o 27 de maio de 1987 na cidade de Wickenberg, unha vila do condado de Maricopa, en Arizona.

Investigacións científicas

[editar | editar a fonte]

Durante a primeira guerra mundial foi o encargado de conducir unha investigación ao servizo da guerra química do exército norteamericano acerca da produción de acetona e etanol mediante a fermentación. Posteriormente emprendeu investigacións sobre as propiedades químicas e actividades das encimas e en 1929 conseguiu obter pepsina en forma pura e cristalizada, determinando así mesmo as súas propiedades protéicas. Conseguiu cristalizar a tripsina e a quimotripsina, e, no transcurso das súas investigacións sobre substancias xeradoras (é dicir, sobre os precursores inactivos das encimas), illou o pepsinóxeno e o tripsinóxeno.

No ano 1938 illou e cristalizou o primeiro bacteriófago, un pequeno virus parasito que ataca bacterias, determinando que se trataba dunha nucleoproteína. En 1946 sinalou o proteinóxeno como a substancia nai de todas as proteínas presentes nas carnes, encimas, virus e anticorpos.

Obtivo en 1946 o Premio Nobel de Química (a metade do cal compartiu con Wendell Meredith Stanley polas súas achegas a "a representación fiel das encimas e as viru-proteínas"), recaendo a metade restante do Premio de devandito ano no químico James Batcheller Sumner.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Artturi Ilmari Virtanen
Premio Nobel de Química

1945
compartido con
James Batcheller Sumner e
Wendell Meredith Stanley
Sucesor:
Robert Robinson