Saltar ao contido

Josu Jon Imaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosu Jon Imaz

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de setembro de 1963 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Zumarraga, España Editar o valor en Wikidata
Presidente do Partido Nacionalista Vasco
2004 – 2008
← Xabier ArzalluzIñigo Urkullu →
Deputado do Parlamento do País Vasco
8 de xuño de 2001 – 25 de setembro de 2001

Circunscrición electoral: Guipúscoa
Eurodeputado

19 de xullo de 1994 – 5 de xaneiro de 1999

Circunscrición electoral: España

Tenente de alcalde Zumarraga
1991 – 1995
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade do País Vasco - química
Universidade de Deusto Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímico, político Editar o valor en Wikidata
EmpregadorPetronor (pt) Traducir
Repsol YPF
Naturgy Editar o valor en Wikidata
Partido políticoEuzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco (1978–) Editar o valor en Wikidata
Participou en
22 de maio de 2022World Economic Forum Annual Meeting 2022 (en) Traducir
20 de xaneiro de 2020Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2020
22 de xaneiro de 2019Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2019
23 de xaneiro de 2018Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2018
17 de xaneiro de 2017Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2017
20 de xaneiro de 2016Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2016 Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1138725

Josu Jon Imaz San Miguel, nado en Zumarraga (Guipúscoa) o 6 de setembro de 1963, é un político vasco.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Química na Universidade do País Vasco en Donostia co premio extraordinario de fin de carreira, e doutorouse tamén na mesma facultade en 2004. Especializado en polímeros, traballa para o centro tecnolóxico INASMET na década dos oitenta, época durante a que fai unha estadía no CETIM de Nantes. A partir de 1989, traballa como promotor industrial no Grupo Cooperativo Mondragón, e en 1991 regresa ao INASMET, onde permanece ata o seu salto á política.

En xuño de 1994 é elixido eurodeputado nas eleccións europeas, cargo que desempeña ata o seu nomeamento o 7 de xaneiro de 1999 como conselleiro de Industria, Comercio e Turismo do Goberno Vasco e portavoz do propio Goberno Vasco.

A partir do Consello de Goberno celebrado con data 17 de xullo de 2001 é novamente titular da carteira de Industria, Comercio e Turismo do Goberno Vasco e portavoz do mesmo, cargos que desempeña ata o 13 de xaneiro do 2004.

Finalmente, na Asemblea Xeral do Partido Nacionalista Vasco, celebrada os días 17 e 18 de xaneiro de 2004, é elixido presidente do Euzkadi Buru Batzar (executiva nacional), cargo en que permanece durante 3 anos, ata ser substituído por Iñigo Urkullu.

Currículo político

[editar | editar a fonte]
  • Afiliado a EAJ-PNV no ano 1978.
  • Presidente de EGI Urretxu-Zumarraga (1979-1982).
  • Membro do Consello Rexional EGI Guipúscoa (1980-1986).
  • Membro do Consello Nacional de EGI (1981-1986).
  • Membro da Xunta Municipal de EAJ-PNV de Urretxu-Zumarraga (1979-1982).
  • Representante da Asemblea Nacional EAJ-PNV (1983-1985), (1986-1988), (1992-1994).
  • Membro do GBB (1988-1990).
  • Tenente de Alcalde e concelleiro de Facenda e Desenvolvemento de Zumarraga (1991-1995).
  • Deputado no Parlamento Europeo (1994-1999).
  • Membro da Comisión de Orzamentos, Industria e Asuntos Económicos e Pesca.
  • Vicepresidente Subcomisión Monetaria.
  • Conselleiro de Industria, Comercio e Turismo e Portavoz do Goberno (1999-2001).
  • Parlamentario vasco por Guipúscoa (2001).
  • Conselleiro de Industria, Comercio e Turismo e Portavoz do Goberno (2001-2003).
  • Presidente do EBB de EAJ-PNV (2004).


Predecesor:
Xabier Arzalluz
 
22º Presidente do Euskadi Buru Batzar
 
18 de xaneiro de 2004 - 1 de decembro de 2007
Sucesor:
Íñigo Urkullu

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Está casado, ten tres fillos e vive en Donostia.