June Allyson
(1944) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Eleanor Geisman 7 de outubro de 1917 Bronx, Estados Unidos de América |
Morte | 8 de xullo de 2006 (88 anos) Ojai, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | doenza respiratoria |
Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
Educación | St. Catharine Academy (en) Theodore Roosevelt High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actriz de cinema, actriz de televisión, cantante, actriz de teatro, bailarina, actriz |
Período de actividade | 1936 - |
Partido político | Partido Republicano |
Familia | |
Cónxuxe | David Ashrow (1976–) Alfred Glenn Maxwell (1963–) Dick Powell (1945–1963) |
Fillos | Richard Powell, Jr. () Dick Powell |
Pais | Robert Geisman e Clara Provost |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | juneallyson.com |
|
Eleanro Geisman,[1] nada no Bronx o 7 de outubro de 1917 e finada en Ojai, California, o 8 de xullo de 2006, foi unha actriz estadounidense, coñecida como June Allyson, unha das actrices máis populares das décadas de 1940 e 1950.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada en Nova York, non pasou unha infancia doada. En abril de 1918 (cando Allyson tiña seis meses), o seu pai alcohólico, que traballaba de conserxe, abandonou a familia. Allyson quedou na pobreza, vivindo cos seus avós maternos.[2] A súa nai traballaba como telefonista e caixeira de supermercado e cando tiña cartos abondos reuníase coa súa filla. Porén, habitualmente Allyson estaba cos seus avós ou outros parentes.[2] Aos oitos anos, unha póla caeu sobre ela mentres montaba no seu triciclo co seu can.[3] Ela sufriu fracturas moi graves e o can morreu. Ata os doce anos tivo que realizar rehabilitación con terapias de natación e baile.
O seu primeiro papel foi como "inxenua" para Educational co cantante Lee Sullivan, os bailaríns cómicos Herman Timberg, Jr. e Pat Rooney, Jr., e a futura estrela Danny Kaye nunha serie de curtametraxes, incluídas Swing for Sale (1937), Pixilated (1937), Ups and Downs (1937), Dime a Dance (1938), Dates and Nuts (1938) e Sing for Sweetie (1938).[4]
Debutou en Broadway en 1938 como corista na obra Sing Out the News aos vinte anos e en 1943 apareceu no filme Best Foot Forward.[5] A súa carreira tivo grandes éxitos musicais como Thousands Cheer and Good News! (1947), e asinou un importante contrato con Metro Goldwyn Mayer que en 1949 a levou a interpretar entre outros filmes o papel de "Jo" March no filme Little Women, baseado no libro homónimo de Louisa May Alcott, que foi un grande éxito. Allyson era experta en chorar cando lle daban pé e moitos dos seus filmes incluían unha escena de bágoas. A súa colega en MGM Margaret O'Brien dixo que ela e Allyson eran chamadas "as choronas da vila".[6] Posteriormente dixo "chorei unha vez nun filme e dixeron 'fagámolo outra vez'. E chorei o resto da miña carreira".[7]
A partir da década de 1950 interpretou especialmente o papel de rapaza sensible e bondadosa, que lle permitiu destacar en filmes como The Girl in White (1952), The Glenn Miller Story (1954) ou Woman's World (1954), de Jean Negulesco. En 1951 gañou o Globo de Ouro á mellor actriz de comedia polo seu papel no filme Too Young to Kiss, en que interpretaba unha nena prodixio e a súa irmá máis vella.
A serie The DuPont Show with June Allyson (1959–60) tivo dúas temporadas na CBS e foi descrita por Allyson como "a cousa máis dura que fixen nunca".[8] Tamén apareceu en programas como Zane Grey Theater, The Dick Powell Theatre e Burke's Law antes de retirarse varios anos tras enviuvar en 1963.[4]
Faleceu debido a un fallo respiratorio.[9]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Cando chegou a Hollywood, os directivos do estudio intentaron emparellala con Van Johnson obrigándoos a ter unha serie de "citas oficiais" moi publicitadas.[10] Aínda que tivo citas con David Rose, Peter Lawford e John F. Kennedy, Allyson estaba en realidade saíndo con Dick Powell, trece anos máis vello ca ela e que estivera casado con Mildred Maund e Joan Blondell.[11]
O 19 de agosto de 1945, Allyson provocou o enfado de Louis B. Mayer ao casar con Powell.[12] O matrimonio tivo dous fillos, Pamela Allyson Powell[13] (adoptada en 1948) e Richard Powell, Jr., nado o 24 de decembro de 1950.[14] A mediados da década de 1950 Allyson tivo un romance co actor Alan Ladd.[15]
Allyson solicitou o divorcio de Powell en 1961 por mor da obsesión polo traballo del. En febreiro dese ano recibiu 2,5 millóns de dólares e a custodio dos seus fillos.[16] Porén, antes de que se consolidase o divorcio reconciliáronse[17] e permaneceron casados ata a morte de Powell o 2 de xaneiro de 1963. A perda de Powell levou a Allyson a beber demasiado. En 1963 ía fugarse co barbeiro do seu marido, Glenn Maxwell, mais finalmente decidiu non facelo.[18] Ela e Maxwell casaron posteriormente e divorciáronse para volver a casar e divorciarse máis adiante.[15]
En 1976, Allyson casou con David Ashrow, dentista convertido en actor co que actuou ocasionalmente en teatros e nas xiras do transatlántico Royal Viking Sky.[19]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1937 | Swing for Sale | Curtametraxe | |
1937 | Pixilated | Curtametraxe | |
1937 | Ups and Downs | June Daily | Curtametraxe |
1937 | Dime a Dance | Harriet | Curtametraxe |
1937 | Dates and Nuts | Wilma Brown, Herman's girl | Curtametraxe |
1938 | Sing for Sweetie | Sally Newton | Curtametraxe |
1938 | The Prisoner of Swing | Princess | Curtametraxe |
1938 | The Knight Is Young | June | Curtametraxe |
1939 | Rollin' in Rhythm | Curtametraxe | |
1940 | All Girl Revue | Mayor | Curtametraxe |
1943 | Best Foot Forward | Ethel | |
1943 | Girl Crazy | Specialty Singer | |
1943 | Thousands Cheer | Specialty Singer | |
1944 | Two Girls and a Sailor | Patsy Deyo | |
1944 | Meet the People | Annie | |
1944 | Music for Millions | Barbara Ainsworth | |
1945 | Her Highness and the Bellboy | Leslie Odell | |
1945 | The Sailor Takes a Wife | Mary Hill | |
1946 | Two Sisters from Boston | Martha Canford Chandler | |
1946 | Till the Clouds Roll By | Jane Witherspoon/Lou Ellen Carter | Segmentos Leave It to Jane e Oh, Boy! |
1946 | The Secret Heart | Penny Addams | |
1947 | High Barbaree | Nancy Frazer | |
1947 | Good News | Connie Lane | |
1948 | The Bride Goes Wild | Martha Terryton | |
1948 | The Three Musketeers | Constance Bonacieux | |
1948 | Words and Music | Alisande La Carteloise | |
1949 | Little Women | Josephine "Jo" March | |
1949 | The Stratton Story | Ethel | |
1950 | The Reformer and the Redhead | Kathleen Maguire | |
1950 | Right Cross | Pat O'Malley | |
1951 | Too Young to Kiss | Cynthia Potter | |
1952 | The Girl in White | Dr. Emily Barringer | |
1953 | Battle Circus | Tte. Ruth McCara | |
1953 | Remains to Be Seen | Jody Revere | |
1954 | The Glenn Miller Story | Helen Burger Miller | |
1954 | Executive Suite | Mary Blemond Walling | |
1954 | Woman's World | Katie Baxter | Tamén coñecido como A Woman's World |
1955 | Strategic Air Command | Sally Holland | |
1955 | The Shrike | Ann Downs | |
1955 | The McConnell Story | Pearl "Butch" Brown | |
1956 | The Opposite Sex | Kay Hilliard | |
1956 | You Can't Run Away from It | Ellen "Ellie" Andrews | |
1957 | Interlude | Helen Banning | Tamén coñecido como Forbidden Interlude |
1957 | My Man Godfrey | Irene Bullock | |
1959 | A Stranger in My Arms | Christina Beasley | Tamén coñecido como And Ride a Tiger |
1972 | They Only Kill Their Masters | Mrs. Watkins | |
1978 | Blackout | Mrs. Grant | |
2001 | A Girl, Three Guys, and a Gun | Joey's Grandma |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ancestry.com according to the 1920 U.S. census
- ↑ 2,0 2,1 Parish and Pitts 2003, p. 1.
- ↑ Harmetz, Aljean. "June Allyson, Adoring Wife in MGM Films, Is Dead at 88." The New York Times, 11 de xullo de 2006. Consultado o 14 de marzo de 2010.
- ↑ 4,0 4,1 Bergan, Ronald (12 de xullo de 2006). "Obituary: June Allyson: Actor whose sunny style and quivering lip embodied a simpler age". The Guardian. p. 36.
- ↑ Hirschhorn 1991, p. 224.
- ↑ Allyson and Leighton 1982, p. 37.
- ↑ Secrest, Meryle (6 de agosto de 1971). "June Allyson: Still June Allyson". The Washington Post, Times Herald. p. B2.
- ↑ Smith, Cecil (21 de agosto de 1960). "June Allyson: Subdeb Sex: June Allyson Runs Own Show as Star and Emcee". Los Angeles Times. p. A3.
- ↑ Mormon 2007, p. 65.
- ↑ Allyson e Leighton 1982, pp. 51–53.
- ↑ Kennedy 2007, p. 130.
- ↑ Wayne 2002, p. 392.
- ↑ Smith, Stephen (16 de xullo de 2007). "Actress June Allyson Dies at 88". CBS News. Associated Press. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2018. Consultado o 25 de decembro de 2018.
- ↑ Allyson and Leighton 1982, pp. 30–31
- ↑ 15,0 15,1 Christy, Marian (20 de xuño de 1982). "Conversations by Marian Christy; Woman Behind the June Myth". Boston Globe (1st ed.). p. 1.
- ↑ "Divorce Granted to June Allyson from Dick Powell: June Allyson Gets a Tearful Divorce". Chicago Daily Tribune. 1 de febreiro de 1961. p. A5.
- ↑ "Dick Powell, June Allyson Drop Plans for Divorce". Columbia Record (Columbia, South Carolina). 4 de xaneiro de 1962. p. A15.
- ↑ "With Dick Powell's Barber: June Allyson Lawyer Bars Her Elopement". Los Angeles Times. 4 de agosto de 1963. p. f1.
- ↑ "Biography: June Allyson." Arquivado 10 de outubro de 2021 en Wayback Machine. juneallyson.com. Consultado o 17 de outubro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Allyson, June. June Allyson's Feeling Great: A Daily Dozen Exercises for Creative Aging. Nova York: Da Capo Press, 1987. ISBN 978-0-88496-257-1
- Basinger, Jeanine. The Star Machine. Nova York: Knopf, 2007. ISBN 978-1-4000-4130-5
- Becker, Christine. It's the Pictures That Got Small: Hollywood Film Stars on 1950s Television (Wesleyan Film). Indianapolis, Indiana: Wesleyan, 2009. ISBN 978-0-8195-6894-6
- Davis, Ronald L. Van Johnson: MGM's Golden Boy (Hollywood Legends Series). Jackson, Mississippi: University Press of Mississippi, 2001. ISBN 978-1-57806-377-2.
- Eyman, Scott. Lion of Hollywood: The Life and Legend of Louis B. Meyer. Nova York: Simon & Schuster, 2005. ISBN 978-0-7432-0481-1
- Fordin, Hugh. M-G-M's Greatest Musicals. Nova York: Da Capo Press, 1996. ISBN 978-0-306-80730-5
- Hirschhorn, Clive. The Hollywood Musical. Londres: Pyramid Books, 1991, primeira edición de 1981. ISBN 978-1-85510-080-0
- Kennedy, Matthew. Joan Blondell: A Life between Takes (Hollywood Legends Series). Jackson, Mississippi: University Press of Mississippi, 2007. ISBN 978-1-57806-961-3
- Milner, Jay Dunston. Confessions of a Maddog: A Romp through the High-flying Texas Music and Literary Era of the Fifties to the Seventies. Denton, Texas: University of North Texas Press, 1998. ISBN 978-1-57441-050-1
- Mormon, Robert. Demises of the Distinguished. Bloomington, Indiana: AuthorHouse, 2007. ISBN 978-1-4343-1546-5
- Parish, James Robert e Michael R. Pitts. Hollywood Songsters: Singers Who Act and Actors who can Sing. Londres: Routledge, 2003. ISBN 978-0-415-94332-1
- Wayne, Jane Ellen. The Golden Girls of MGM: Greta Garbo, Joan Crawford, Lana Turner, Judy Garland, Ava Gardner, Grace Kelly and Others. Nova York: Carroll & Graf Publishers, 2002. ISBN 978-0-7867-1117-8
- Wayne, Jane Ellen. The Leading Men of MGM. Nova York: Da Capo Press, 2006. ISBN 978-0-7867-1768-2
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- Joe Daurril's Allyson Without Tears Arquivado 11 de agosto de 2011 en Wayback Machine.
- Obituary in the Los Angeles Daily News
- Obituario en The New York Times (11 de xullo de 2006)
- Photographs and literature