Saltar ao contido

L'Aquila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaL'Aquila
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°21′14″N 13°23′31″L / 42.354008, 13.391992
PaísItalia
RexiónAbruzzo
ProvinciasProvincia de L'Aquila Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación69.558 (2023) Editar o valor en Wikidata (146,77 hab./km²)
Lingua oficiallingua italiana Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie473,91 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude714 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Cronoloxía
século XIII
20 de maio de 1254
1266 Editar o valor en Wikidata
Santo padrónMaximus of Aveia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Mayor of L'Aquila (en) Traducir Editar o valor en WikidataPierluigi Biondi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal67100 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0862 Editar o valor en Wikidata
Identificador ISTAT066049 Editar o valor en Wikidata
Código catastral italianoA345 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webcomune.laquila.it Editar o valor en Wikidata
BNE: XX459325

L'Aquila é a cidade capital dos Abruzos, rexión no centro de Italia, cunha poboación de 73.150 habitantes, e capital da provincia de L'Aquila. Aínda que está a menos de dúas horas con coche desde Roma, a cidade (rodeada de muros medievais) aínda non se viu influenciada polo turismo. L'Aquila alberga moitas industrias electrónicas.

Na madrugada do 6 de abril de 2009 foi o epicentro dun terremoto de 6,3 grados na escala de magnitude de momento, que provocou a morte de 294 persoas e deixou feridos a máis de 1.500 en toda a rexión dos Abruzos.

En xullo de 2009 a localidade acolleu o 35º Cumio do G8.

Fraccións

[editar | editar a fonte]

Aquilio, Aragno, Arischia, Assergi, Bagno, Bazzano, Camarda, Cansatessa, Casaline, Cermone, Cese, Civita di Bagno, Colle di Preturo, Colle di Sassa, Colle Roio - Poggio di Roio, Collebrincioni, Collefracido, Coppito, Filetto, Foce, Forcelle, Fossa, Genzano, Gignano, Monticchio, Onna, Paganica, Pagliare di Sassa, Pescomaggiore, Palombaia, Pettino, Pianola, Pile, Pizzutillo, Poggio Picenze, Poggio Roio, Poggio Santa Maria, Pozza di Preturo, Pratelle, Preturo, Ripa, Roio Piano - Poggio di Roio, San Demetrio Ne'Vestini, San Giacomo alto, San Giuliano, San Gregorio, San Leonardo, San Marco Di Preturo, San Martino di Sassa,san pio delle camere, Santa Rufina, Sant'Angelo, Sant'Elia, Santi, San Vittorino, Santi, Sassa, Tempera, Torretta, Valle Pretara, Vallesindola, Vasche.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]

Algúns lugares de interese son: A Rocca, un forte español do século XVI; construído baixo a dirección do enxeñeiro valenciano Pedro Luis Escrivá,[1][2] a basílica románica de Santa María de Collemaggio (onde foi coroado e soterrado o Papa Celestino V); a basílica de San Bernardino; e a Fontana medieval dos 99 chorros (aínda non se sabe de onde provén a auga) que conmemora aos 99 pobos que se di que estableceron a cidade. A Fontana Luminosa é outro lugar de interese, unha escultura de dúas mulleres sostendo varios floreiros, feita durante os anos 30.

Nos arredores da cidade hai ruínas romanas (Amiternum), antigos mosteiros, e numerosos castelos. O máis coñecido deles é o de Rocca Calascio, que é o castelo máis alto de Italia e un dos máis altos de Europa. Tamén hai pistas de esquí no Gran Sasso d'Italia, o maior dos Apeninos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]