Los Angeles Galaxy
Los Angeles Galaxy | |||
---|---|---|---|
Nome | Los Angeles Galaxy | ||
Fundación | 1995 | ||
Estadio | The Home Depot Center, Carson, California Estados Unidos | ||
Inauguración | 2003 | ||
Capacidade | 27.000 | ||
Propietario | AEG | ||
Adestrador | Sigi Schmid | ||
Liga | Major League Soccer | ||
2017 | Oeste: 11º Global: 22º Playoffs: Non clasificado | ||
Na rede | |||
http://www.lagalaxy.com/ | |||
| |||
Los Angeles Galaxy é un equipo de fútbol de Estados Unidos, da cidade dos Ánxeles (California). Xoga na Major League Soccer dende o ano 1995, ue é o ano da fundación da MLS e do club. O LA Galaxy xoga como local no StubHub Center en Carson, California dende 2003. É un dos euipos máis laureados na historia da MLS con cinco MLS Cup [1].
É o equipo estadounidense no que xogaron mellores xogadores, como David Beckham, Steven Gerrard ou Robbie Keane.
Historia
[editar | editar a fonte]Primeiros pasos:
[editar | editar a fonte]Los Angeles Galaxy foron un dos dez equipos que fundaron a Major League Soccer que comezou a xogarse no ano 1996. Na súa primeira tempada o equipo quedou primeiro na liga regular na Conferencia Oeste, e chegou a final da MLS Cup perdendoa fronte o D.C. United. Na seguinte tempada, acabaron segundos na fase regular e eliminados na primeira rolda dos playoffs. Tanto no ano 1998 como no 1999 quedou primeiro na fase regular. No ano 1999 volveu a chegar a final e volveuna a perder fronte o D.C. United.
No ano 2000 logran gañar o seu primeiro e único título internacional ata hoxe, a Copa de Campións da CONCACAF obtida fronte ao Olimpia de Honduras. Os seus dous primeiros títulos da MLS Cup foron obtidos nos anos 2002 e 2005. O do 2002 foi fronte ao New England Revolution, cun gol de ouro do guatemalteco Carlos "Pescadito" Ruiz no minuto 105 da prórroga; e o do 2005 foi conseguido grazas a outro gol de ouro, esta vez do guatemalteco Guillermo "Pando" Ramirez, ante o mesmo New England Revolution.
Era Beckham
[editar | editar a fonte]O 11 de xaneiro de 2007 foi anunciada a contratación do xogador inglés David Beckham trala finalización do seu contrato co Real Madrid, incorporándose así en xuño de 2007. O xogador ingresará un total de 193 millóns de euros polas cinco tempadas nas que defenderá ao club dos Anxos, en concepto de salario e dereitos de imaxe. A repercusión do fichaxe non tardou en facerse notar, xa que nas catro horas posteriores ao anuncio da contratación, o número de abonados do club incrementouse en 1.000 novos socios.
No ano 2009 lograron chegar de novo a MLS Cup perdendo nos penaltis(5-4) fronte o Real Salt Lake. Nos anos 2010 e 2011 gañaron a MLS Supporters' Shield, no 2011 tamén lograron gañar a MLS Cup por terceira vez na súa historia. O ano 2012 foi un ano importante para o equipo californiano xa que volveu gañar a MLS Cup, como o ano anterior fronte o Houston Dynamo, e ademais foi o ano da despedida de David Beckham do club, xa que decidiu marchar ao PSG francés. Despois da saídado inglés, anunciouse a chegada doutra estrela, o internacional irlandés Robbie Keane.
A quinta
[editar | editar a fonte]Tras a marcha da estrela inglesa, os anxelinos fixeron unha boa tempada rematando en terceira posición na fase regular e caendo nas semifinais dos playoofs. Ademais de chegar as semifinais da Liga de Campións da CONCACAF. 'Los Angeles Galaxy conseguiron a súa quinta MLS Cup no ano 2014, e como xa o fixera nas dúas primeiras fronte o New England Revolution [1]. A final da tempada anunciouse unha saída e unha entrada importante. O dianteiro da selección estadounidense, Landon Donovan anunciaba a súa retirada [2]. Pero chegaba a California o capitán do Liverpool, Steven Gerrard.
No ano 2016 Bruce Arena, adestrador e director deportivo abandonaba o club para dirixir á selección de fútbol dos Estados Unidos. E o equipo notou a súa perda xa que na seguinte tempada quedaron fóra dos playoffs por cuarta vez na súa historia e por primeira vez, como peor equipo da liga.
Xogadores
[editar | editar a fonte]Actualizado a 1 de abril de 2018.[3]
|
|
Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos nacionais
[editar | editar a fonte]- MLS Cup (5): 2002 , 2005, 2011, 2012 e 2014.
- US Open Cup (2): 2001]] e 2005.
- MLS Supporters' Shield (4): 1998, 2002, 2010 e 2011.
Torneos internacionais
[editar | editar a fonte]- Copa de Campións da CONCACAF (1): 2000.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Los Angeles Galaxy |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio Web oficial (en inglés)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Quinta Copa MLS". 12 de decembro de 2014. Consultado o 26 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Retirada de L. Donovan". 8 de agosto de 2014. Consultado o 26 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Plantél". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xaneiro de 2018.