Marcel Camus
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Marcel Georges Gaston Camus 21 de abril de 1912 Chappes, Francia |
Morte | 13 de xaneiro de 1982 (69 anos) 13º distrito de París, Francia |
Lugar de sepultura | Crematorio e columbario do Père-Lachaise, 87 |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, actor, guionista, realizador |
Período de actividade | 1957 - |
Familia | |
Cónxuxe | Marpessa Dawn |
|
Marcel Camus, nado en Chappes (Ardenas) o 21 de abril de 1912 e finado en París o 13 de xaneiro de 1982 foi un director de cinema francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Camus estudou arte e tratou de converterse en profesor. Porén, a segunda guerra mundial crebou os seus plans e pasou parte da guerra nun campo de prisioneiros alemán.[1]
Antes de debutar como director, foi axudante de cineastas coma Jacques Feyder, Luis Buñuel e Jacques Becker.[2][3] Dirixiu case unha ducia de filmes, incluíndo Orfeo negro, que gañou a Palma de Ouro no Festival de Cannes e o Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa.
En 1960 dirixiu un segundo filme de tema brasileiro, Os bandeirantes,[3] e vinte anos despois outro máis, Otalia da Bahia, que foi o seu último filme e que estaba baseado nunha novela de Jorge Amado.[4][5] Porén, estes filmes non acadaron o éxito de Orfeo negro.
En 1970 logrou un certo éxito coa comedia bélica Le Mur de l'Atlantique, protagonizada polo cómico Bourvil.[3]
Camus acabou a súa carreira principalmente na televisión.[3]
Filmografía
[editar | editar a fonte]- 1957 - Mort en fraude
- 1959 - Orfeo negro
- 1959 - Os Bandeirantes
- 1962 - L'Oiseau de paradis
- 1965 - Le Chant du monde
- 1965 - Vivre la nuit
- 1970 - Un été sauvage
- 1970 - Le Mur de l'Atlantique
- 1975 - Otalia de Bahia
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Marcel Camus Fiche Personalite". Consultado o 25 de febreiro de 2012.
- ↑ "Biography - Movies - Marcel Camus". The New York Times. Consultado o 25 de febreiro de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Marcel Camus". Encyclopedia Universialis. Consultado o 25 de febreiro de 2012.
- ↑ Canby, Vincent (21 de marzo de a1986). "THE SCREEN: 'BAHIA,' FROM MARCEL CAMUS". The New York Times. Consultado o 25 de febreiro de 2012.
- ↑ "Os pastores da noites". The New York Times. Consultado o 25 de febreiro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Marcel Camus na IMDb (en inglés).