Saltar ao contido

MiKTeX

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

MiKTeX é unha distribución TeX/LaTeX para Microsoft Windows que foi desenvolvida por Christian Schenk. As características máis sobranceiras de MiKTeX son a súa habilidade de actualizarse de maneira autónoma descargando novas versións de compoñentes e paquetes instalados previamente, e mais o seu fácil proceso de instalación.

A versión de MiKTeX en 2011 era a 2.9 e estaba dispoñíbel na súa páxina oficial. Ademais, ten características que inclúen MetaPost e pdfTeX e compatibilidade con Windows 7. A partir da versión 2.7 incluíuse soporte integrado para XeTeX. Desde a versión 2.9 ofrece soporte para ConTeXt Mark IV.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]