Saltar ao contido

Microtonalismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Quadrangularus Reversum, Harry Partch.

No ámbito da música, o microtonalismo ou xenharmónicos é a música que utiliza microtons (os intervalos musicais menores que un semitón). Na música tradicional occidental, unha oitava divídese en 12 semitóns iguais. No microtonalismo utilízanse máis notas, xeralmente utilízase o sistema de 15, 17, 19, 22, 31, 41 e 53 notas por oitava. O músico estadounidense Charles Ives definía aos microtons de maneira humorística como “as notas entre as teclas do piano”.

Moitos teóricos contemporáneos tratan de organizar a división de microtons de tal maneira que se poidan relacionar melodicamente e harmonicamente tal como os tons utilizados no sistema dodecafónico. Segundo algúns compositores, o microton abriría novas portas e horizontes no mundo da música contemporánea.

A visión actual sobre o microtonalismo é que existiu desde a antigüidade nas músicas non occidentais (india, árabe), na música grega (sistema enharmónico), na música medieval (aínda que esta afirmación está suxeita a controversia), e na música folclórica dalgunhas rexións europeas, aínda que máis como accidente ou teoría, que como práctica consciente.

Entre os antecedentes máis remotos que agora se coñecen, menciónase a Nicolà Vicentino e Vicente Lusitano, que a principios do período barroco (século XVI) polemizaron acerca de revivir o sistema cromático e enharmónico grego (baseado nunha división da escala en 31 partes, e non en 12 partes, como no actual sistema tonal).

No século XVII Christian Huygens propuxo a división da oitava en 31 partes iguais (sistema grego). O cóengo e físico William Holder propuxo dividila en 53 sons. Chevé propuxo unha escala de 50 sons. Estes sistemas pretendían un temperamento musical máis próximo á teoría acústica, porén estes sistemas foron levados á práctica sen moito éxito como as actuais teorías de microtonalismo xa que seguimos manexando o sistema temperado de 12 sons equidistantes por oitava en todas as escolas de música académica.

Un dos últimos autores na historia en levar á práctica o microtonalismo sen éxito académico, baseado nunha teoría sen uso que pode escribir microtonalismo en intervalos de 16avos, 32avos, 64avos e até 128avos de ton, foi Julián Carrillo quen no seu experimento de 1895 optou polos 16avos de ton aumentando a 96 sons por oitava, actualmente a súa teoría xa cumpre 100 anos de ser formulada e non tivo o éxito do temperamento de 12, nin moito menos un interese académico das escolas e conservatorios que polo xeral o consideran un fracaso. Outro é Alois Hába que foi o creador do sistema tonal baseado na utilización de cuartos e sextos de ton da música occidental, desde 1924 até 1943 construíu instrumentos especiais e compuxo unha nova linguaxe microtonal dun gran poder expresivo.

Musicólogos

[editar | editar a fonte]

Durante anos, os teóricos do microtonalismo e das afinacións traballaron e expuxeron as súas investigacións, e aínda que a maior parte da música contemporánea segue utilizando un sistema temperado de 12 notas por oitava, existen multitude de escalas tonais alternativas, máis ou menos depuradas, desde as baseadas en números primos, as baseadas nos números de Fibonacci e até teorías baseadas na física e matemáticas.

Músicos microtonais

[editar | editar a fonte]

A nivel teórico e práctico, con moitas composicións experimentais menciónase aos músicos:

  1. Richard Heinrich Stein (Alemaña, 1882-1942), quen construíu un pequeno piano e un clarinete para cuartos de ton e compuxo dúas pezas para violoncello e piano en cuartos de ton (1906).
  2. Willi von Moellendorf (Alemaña): construíu un pequeno harmonio de cuartos de ton e compuxo unhas cantas pezas en cuartos de ton.
  3. Joerg Mager (Alemaña): compuxo algúns estudos en cuartos de ton.
  4. Alois Hába (Checoslovaco): (Vizovice, 1893-Praga, 1973) Compositor e teórico musical checoslovaco. Defensor do microtonalismo, fixo construír instrumentos especiais e compuxo segundo as regras establecidas na súa obra Novas regulas harmónicas do sistema diatónico e cromático sobre terceiras, cuartas, sextas e duodécimas de ton (1927).[1]
  5. Ivan A. Wyschnegradsky (Rusia, 1893–1979): En 1932 publicou un libro titulado Manuel d´harmonie à quarts de ton. Fixo construír un piano en cuartos de ton que tiña tres teclados.
  6. Ferruccio Busoni (Italia): fixo algúns experimentos infrutuosos na adaptación dun piano de terzos de ton, e para non comprometer os medios tons propuxo unha serie dobre de terzos de ton (é dicir, sextos de ton).
  7. Hans Barth, que compuxo un Concerto para piano en cuartos de ton e cordas (1930).
  8. Julián Carrillo (México 1875-1965) Construíu 16 pianos, arpas, frautas, guitarras e cellos capaces de xerar cuartos, oitavos e até dezaseisavos de ton. Gravou en París obras en cuartos e oitavos de ton, ofreceu concertos en Nova York, Filadelfia, París e México ademais de desenvolver a Teoría do Son 13.
  9. Gérard Grisey: xunto con Tristan Murail fundaron o movemento espectral francés, que se caracterizou pola xeración de verticalidades que derivan de intervalos do espectro harmónico natural do son, o cal contén alturas microtonais que se estreitan sempre máis a partir do décimo harmónico en diante.
  10. Valeri Brainin (1948), 29-escala.
  11. Francisco Guerreiro (España 1951-1997), quizais o máis importante compositor español da segunda metade do século XX, traballou con sistemas nos cales a abundancia de alturas microtonais deriva de complexas fórmulas matemáticas e concepcións fractais dos xestos sonoros.
  12. Armando Nava Loya (México 1957) Difusor da teoría musical chamada Son 13 co instrumento musical chamado "Arpa Microinterválica", único instrumento no mundo capaz de producir 909 sons en nove chamadas oitavas.
  13. Miguel Oblitas Bustamante (Nasca, Perú 1964): na súa sinfonía "Las Pampas de Nasca" (1984), escrita para cantantes solistas, Coro, Antaras de cerámica, Banda militar e Orquestra Sinfónica, emprega microtons das antaras da cultura Nasca.
  14. Javier Torres Maldonado (México 1968) retomou algunhas das ideas propostas por Grisey levándoas, nalgunhas das súas obras, a momentos de consonancia e disonancia espectral que dependen da superposición de fragmentos de espectros construídos sobre diferentes fundamentais, así como doutros sistemas que superan a orixe espectral destes conceptos, como a contracción inharmónica ou diferentes técnicas combinatorias de intervalos máis pequenos que o semitón cromático.
  15. Trey Spruance (California 1969).
  16. Walter Mack (Arxentina 1975) baseándose en fórmulas matemáticas creou escalas para múltiples sistemas microtonais e un instrumento nun sistema de terzos de tons, e un instrumento que combina 12 con 18 notas.
  17. Charles Antonio Loli Antequera (Perú 1975): baseándose en inducións matemáticas, serie de harmónicos e a oitava pitagórica, resumiu escalas en relación á harmonía para sistemas microtonais de divisións en partes iguais da oitava con aproximacións á quinta de harmónicos e a súa escritura no "Pentadecagrama"(sistema de 15 liñas paralelas en grupos de 5 para unha escala tonal de 17 notas). Puxo en práctica os sistemas microtonais mediante software de música. Desenvolveu un programa chamado Tonalismo baseado na súa teoría para instrumentos microtonais con afinacións próximas á serie harmónica, tales como 17edo, 29edo, 41edo, 53edo ...etc.
  18. King Gizzard & the Lizard Wizard (Australia, 2017) Banda de rock psicodélico que empezou a explorar neste son cunha colección de 5 discos.
  19. Soust (Bolivia, 2019) Proxecto solista de rock progresivo, música experimental e art rock de Issa Montano, quen emprega unha guitarra modificada en microtonalidades para a canción "Samara In Babel" do seu disco Atonement Eleutheria.

Instrumentos microtonais

[editar | editar a fonte]
A Moodswinger, unha cítara eléctrica cunha terceira ponte adicional, Yuri Landman, 2006.

Para a aparición de instrumentos microtonais serviron de impulso algúns instrumentos electroacústicos dos década de 1920 que saían do temperamento de 12 sons. Algúns exemplos de instrumentos microtonais son:

Todos os instrumentos de corda que non estean divididos por trastes son capaces de reproducir notas microtonais.

Música experimental

[editar | editar a fonte]

Algúns músicos utilizaron os novos intervalos como enriquecemento casual da composición máis que como novos sistemas musicais, como o romanés George Enescu (1881-1955) e o húngaro Bela Bártok (1881-1945). Pero o interese estaba tan presente que en 1922 Alois Hába asistiu a un Congreso Internacional de Compositores de Cuartos de Ton e ao ano seguinte daba clases de cuartos de ton no conservatorio de Praga. Julián Carrillo publica a súa Teoría microtonal chamada "Son 13" en Nova York cara ao ano 1916. Posteriormente gravou varias composicións en Cuartos, Oitavos e Dezaseisavos de Ton en París, despois de varios concertos realizados desde 1925. No Perú, o compositor nasqueño Miguel Oblitas Bustamante (1964), empregou microtons na súa Sinfonía "Las Pampas de Nasca" (1984), escrita para cantantes solistas, coro, antaras de cerámica, banda militar e orquestra sinfónica.

A principios do século XX, os músicos empezaron a estudar a posibilidade de ampliar a riqueza do temperamento de doce sons empregando terzos e cuartos de ton, e leste mesmo interese levounos a estudar a música india, árabe, eslovaca, romanesa, húngara, así como a estudar a eses teóricos do pasado para integrar na música occidental os novos intervalos. Evidentemente o interese dos músicos do século XX e os de séculos anteriores era diferente:

  • Na antigüidade, os intervalos xurdían como o reflexo dun sistema diatónico transportado a diversas alturas, ou das 53 comas de Pitágoras.
  • No século XX os intervalos xurdían da división intencional da oitava non en 12 semitons, senón en 18 terzos de ton, ou 24 cuartos de ton (incluso uns anos despois instouse a dividir a escala en 17, 19, 20, 22, 27 ou calquera número de partes chamadas microtons).

A procura foi ardua, pois os novos intervalos requirían de varios factores:

  • Unha notación diferente.
  • Instrumentos temperados (como o piano ou a guitarra) que os producisen e servisen de guía aos non temperados (como violíns e violoncellos) para a afinación exacta.
  • Novas regras de harmonía e contrapunto.
  • A revisión dos fundamentos teóricos do sistema de doce sons.

Os músicos que se ocuparon do asunto foron moitos, algúns conformáronse con especulacións teóricas, outros cuns cantos exercicios en instrumentos adaptados para tal fin, e uns cantos levaron ao límite os seus intentos construíndo novos instrumentos, creando unha nova teoría musical para microintervalos, compoñendo unha boa cantidade de obras e presentándoas en concertos.

Escalas microtonais e macrotonais

[editar | editar a fonte]

Algunhas escalas tradicionais que non utilizan 12 semitons por oitava:

  • Escala xavanesa tradicional, de 5 tons.
  • Escala siamesa tradicional, de 7 tons.
  • Raga Shruti, de 22 tons (India).
  • Escala tailandesa tradicional, de 8 tons.
  • Escala Nasca investigada por Miguel Oblitas Bustamante.
  • Lu, de 12 notas (na Era Han, China).
  • Escala Persa de 17 tons.
  • Escala Iraqí Enharmónica de 8 tons.

Contemporáneas

[editar | editar a fonte]

Estas son algunhas das escalas desenvolvidas por importantes teóricos ou músicos:

  1. Biografías y Vidas. "Alois Hába". Consultado o 13 de xullo de 2009. 
  2. THREE ASYMMETRIC DIVISIONS OF THE OCTAVE Wendy Carlos (en inglés).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]