Monte Etna
Tipo | Estratovolcán atracción turística decifinio ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Sicilia ![]() | |||
Localizado na área protexida | Parque do Etna ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | Metropolitan City of Catania, Italia (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 3.357 m ![]() | |||
Prominencia topográfica | 3.357 m ![]() | |||
Illamento topográfico | 998,79 km ![]() | |||
Material usado | Traquibasalto (pt) ![]() Tefrito (pt) ![]() basanita Traquiandesito (pt) ![]() muxearita basalto picrobasalto ![]() | |||
Superficie | 19.237 ha ![]() | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | hai 300.000 anos ![]() | |||
Cronoloxía | ||||
1669 | erupción volcánica | |||
1 de abril de 2012 | erupción volcánica | |||
outubro de 2013 | erupción volcánica | |||
2021 | erupción volcánica ![]() | |||
Sitio web | ct.ingv.it… ![]() | |||


O monte Etna é un volcán activo que se atopa na costa leste de Sicilia, entre as provincias de Messina e Catania. Ten ó redor de 3357 m de altura. O Etna é o volcán activo máis grande de Europa e a montaña máis alta de Italia ó sur dos Alpes. O Etna cobre unha área de 1190 km².
Topónimo
[editar | editar a fonte]A poboación local adoita referirse ao monte como Gibellu, do árabe جبل ŷébel (monte, montaña), usando o topónimo Etna para o cono volcánico.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A actividade volcánica do Etna comezou hai uns 700 000 anos, sendo este un volcán submarino, que se foi desprazando cara ao interior. O Etna é o que se denomina un estratovolcán formado como resultado de erupcións sucesivas.
Na actualidade segue en actividade e ten varios cráteres arredor dos 3000 m con fumarolas permanentes. Entre xullo e agosto de 2001 unha erupción arrasou unha estación de esquí situada na ladeira sur do volcán[2]. Tamén estivo activo en novembro de 2002[3], e en xaneiro de 2005 a lava non chegou ás zonas habitadas, aínda que as emisións puideron verse dende toda a costa siciliana manando das aperturas laterais situadas a 2620 e 2400 metros.
Volveu ter actividade en maio de 2011[4], marzo de 2012[5], febreiro de 2013[6], xaneiro de 2014[7], decembro de 2015[8], maio de 2016[9] e marzo de 2017.[10]
En decembro de 2018 unha erupción obrigou a desviar o tráfico aéreo, causando máis de 150 terremotos.[11]
O 16 de febreiro de 2021 volve a entrar de novo en erupción.[12]
Mitoloxía
[editar | editar a fonte]Segundo a mitoloxía grega, no interior do Etna estaban as forxas de Vulcano, que traballaba alí coa axuda dos ciclopes. Outra lenda di que a actividade do volcán se debe a que Atenea sepultou alí ó xigante Encélado, no transcurso da Xigantomaquia, ó lanzar sobre el a illa de Sicilia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ghirardi, Massimo. "Note di Toponomastica" (PDF). Araldicacivica.it (en italiano). Arquivado dende o orixinal (pdf) o 27 de marzo de 2009. Consultado o 28 de outubro de 2008.
- ↑ "El Etna relaja la intensidad de sus erupciones". La Voz de Galicia (en castelán). 2001-07-29. Consultado o 2019-01-02.
- ↑ "Desalojan la estación turística del Etna debido a la proximidad de la lava". La Voz de Galicia (en castelán). 2002-11-24. Consultado o 2019-01-02.
- ↑ "La lava y ceniza del volcán Etna provocan el cierre el aeropuerto de Catania". La Voz de Galicia (en castelán). 2011-05-12. Consultado o 2019-01-02.
- ↑ "El volcán Etna entra en erupción por cuarta vez en lo que va de año". La Voz de Galicia (en castelán). 2012-03-20. Consultado o 2019-01-02.
- ↑ "El Etna en erupción". La Voz de Galicia (en castelán). 2013-02-23. Consultado o 2019-01-02.
- ↑ "El volcán Etna entra en erupción". La Voz de Galicia (en castelán). 2014-01-25. Consultado o 2019-01-02.
- ↑ "El Etna registra una de las erupciones más espectaculares de los últimos veinte años". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-12-05. Consultado o 2019-01-02.
- ↑ "El último show del Etna". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-05-23. Consultado o 2019-01-02.
- ↑ "Diez heridos por una explosión volcánica en el Etna". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-03-16. Consultado o 2019-01-02.
- ↑ "El Etna desata el miedo en Sicilia". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-12-27. Consultado o 2019-01-02.
- ↑ "Etna erupts". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2021-02-19.
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |