Novo Testamento
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2015.) |
Novo Testamento (do grego: Διαθήκη Καινή, Diathéke Kainé) é o nome dado á colección de libros que compoñen a segunda parte da Biblia ou libro sagrado do cristianismo. Esta parte corresponde aos Evanxeos canónicos, segundo a tradición escritos por Mateu, Marcos, Lucas e Xoán, que relatan a vida de Xesús, xunto con diversos libros que describen os primeiros tempos do cristianismo e unha Apocalipse, a de Xoán.
O termo é unha tradución do latín, Novum Testamentum, á súa vez tradución do grego Ἡ Καινὴ Διαθήκη, Hê Kainê Diathêkê, significando "A Nova Alianza" ou Testamento. Foi orixinalmente usado polos primeiros cristiáns para describir as súas relacións con Deus (ver II Corintios 3:6-15; Hebreos 9:15-20) e posteriormente para designar o canon de escritos cristiáns, estabelecido progresivamente.
Os 27 libros do Novo Testamento foron escritos por varios autores en varias épocas e lugares. Ao contrario do Vello Testamento, o Novo foi escrito nun curto espazo de tempo, durante un século ou un pouco máis.
Libros do Novo Testamento
[editar | editar a fonte]Evanxeos de:
- Mateu.
- Marcos.
- Lucas.
- Xoán.
- Feitos dos Apóstolos, de autoría atribuída a Lucas relata a historia dos primeiros cristiáns após a morte de Cristo.
- Romanos.
- I Corintios.
- II Corintios.
- Gálatas.
- Efesios.
- Filipenses.
- Colosenses.
- I Tesalonicenses.
- II Tesalonicenses.
- I Timoteo.
- II Timoteo.
- Tito.
- Filemón.
- Carta aos Hebreos anónima, tradicionalmente atribuída a Paulo.
Cartas Católicas:
- Carta de Santiago (a meirande parte das igrexas reformadas (protestantes), non a admiten no canon).
- I Carta de San Pedro.
- II Carta de San Pedro.
- I Carta de San Xoán (as epístolas xoánicas son ocasionalmente atribuídas a membros da súa comunidade de discípulos).
- II Carta de San Xoán.
- III Carta de San Xoán.
- Carta de Xudas.
- Apocalipse.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Novo Testamento |